2ª Galicia: O Outes tamén supera o exame do Muxía
A 5ª xornada da Liga da Costa deixa ao Outes máis líder despois de superar un dos grandes test, a visita do Muxía. Os de Miguel Ramos venceron pola mínima tras un gran partido dos vermellos, e manteñen o liderato con 5 vitorias en 5 partidos, 7 goles a favor e ningún en contra, cifras que dan boa conta do xogo dos da Serra.
Quedan por detrás Cabana, tras superar a un Oza que vén en clara melloría, e o San Lorenzo, que venceu en Xaviña ante un Cerqueda que non acaba de arrincar.
Foi o Corme sub23 o que freou a un Castriz á alza, e foi o Monte Louro o que dou a, relativa, sorpresa, ao vencer no derbi muradán ao Volantes.
Camariñas - Muros (1-1)
- Camariñas: Pablo, Brais, (Hugo, m.70), Roi, Oliver, (Pablo Suárez, m.46), Moriño, Carlos, David, Soule, Víctor, Mario e Djibril.
- Muros: Xandre; Fran, Gesto, Dani Jurjo, Juanchi; Xaco, Ra; Varo, Thiago, Alex e Xavi.
- Goles: 0-1, m.20: Thiago tras centro de Xavi; 1-1, m.97: Hugo.
Partido que estuvo condicionado por un terreno de xogo anegado, e co paso dos minutos imposible xogar o balón a ras de campo. O Muros adaptouse mellor nos primeiros compases, buscando o único xogo posible, balóns arriba buscando aos dianteiros e as segundas xogadas. O Camariñas intentaba tocar e perdía balóns claros, que permitiron que o Muros abrise o marcadorm nunha xogada na que os locais pedían falta en ataque.
Apretou nos últimos compases da primeira o cadro local pero o tiro de Mario era parado por Xandre e o rexeite de Víctor pegaba no lateral da rede. Djibril tamén tivo o empate pero o remate foi a mans do meta muradán.
Un meta, Xandre, que volveu facer sendos paradóns a tiros de Djibril e Mario, cando o Camariñas conseguía combinar e achuchar á área rival. E pasaban os minutos, con algunha que outra perda, e o colexiado descontaba, e foi no longo desconto cando tras un centro de Soule, Mario remata de chilena en semifallo e o balón céelle a Hugo que marca o empate ante as protestas dos visitantes polo desconto e polo posible fóra de xogo.
Un empate que sabe a pouco aos dous equipos.
Corcubión - Coristanco (1-2)
- Corcubión: Peipo, Álex, Nacho, Eli, Lema, Gorka, Borja, Adri, Rama, Martín e César. Tamén Antón, Tano, Luisete e Goche.
- Coristanco: Rubén, Dani, Randy, Sergio, Hugo, Joni, R, Javi, Casti, Corral e Kevin. Tamén: Pazos, Samu e Belar.
- Goles: 0-1, m.65: Javi; 1-1, m.70: César; 1-2, m.85: Casti.
Vistoso partido o vivido no Novo Cubaleiro con alternativas no xogo e incerteza ata o final. Comezaba mellor o cadro de Juni, facendo dano pola banda, tendo un par de mans a mans que atallaba unha e outra vez Peipo, o mellor do partido. Nunha desas, Nacho cazaba a Corral cando ía cara o porteiro e era expulsado. Quedaba moito partido e o Corcubión sufría, e tiña que baixar a Iago Lema á defensa.
Aguantaban os de Nito ata o descanso a pesar das continuas chegadas dos visitantes, e ao fío do descanso Corral era expulsado por doble amonestación tras sendas protestas, igualando a contenda.
Rompeuse o partido no comezo da segunda, e nunha chegada dos locais, Joni sofre un penalti que lanza Casti pero que salva Peipo; o rexeite cázao Hugo, pero Peipo manda ao longueiro e só á tarceira, e coa defensa local durmida, Javi conseguía metela dentro.
Non durou moito a alegría dos verdes, e despois de varias combinacións entre Ces, Lu e Martín, un saque de banda longo de Iago Lema era aproveitado por César para empatar.
Esta o partido moi vivo, unha ruleta rusa, e podía caer dos dous lados, con idas e voltas de vertixe. Rubén metía un pé providencial a unha estirada branquiazul e mandaba o balón e ao pau. E na outra área, un centro peinado por Pazos era rematado á media volta ó fondo das mallas por Casti, resarcíndose así do penalti errado e levando os puntos para a Rocheira.
Cabana - Oza (2-1)
- Cabana: Víctor, Aarón (Javi), Naka (Ismael), Sergio Ferreiro, Dani, Fernando, Castro (Sergio Antelo), Moreno, Simón, Pablo Pose (Manuel), Raúl Corzón.
- Oza: Nacho; Alex Bilounga, Alberto, Iago Rodriguez, Alex Vázquez Freire; Alex Martínez (Vilariño), Lavandeira, Daniel Mato, Carlos (Dani Iglesias), David LP e Nico.
- Goles: 1-0, m.71: Aarón; 2-0, m.78: Manuel Romero; 2-1, m.88: David LP.
Mellorou moito o Oza o seu rendemento prantando cara a todo un Cabana, e iso que tivo que poñerse baixo paus Nacho pola ausencia de Brais por motivos laborais. Primeiro tempo moi trabado con poucas ocasións de gol cun Oza moi ben plantado no campo que non deixaba maniobrar ao medio campo local e sacaba rápidas contrass que llevaban perigo. A mellor ocasión foi un tiro o longueiro do Oza logo dun rexeite da defensa local.
No segundo tempo fíxose co dominio o cadro de José Manuel, que fixo intervir ao propio Nacho en varias ocasións. Pero nun saque a balón parado Aarón facia o primeiro do Cabana logo de varios rexeites, e pouco despois Manuel, que debutaba esta tempada logo dunha lesión facía o 2-0.
Non se renderon os carballeses e xa preto do final David LP recurtaba co seu terceiro gol do curso ao recoller un reixeite, poñendo certa incertidume e emoción a un marcador que non se movería.
Cerqueda - San Lorenzo (0-3)
- Cerqueda: Mario, Marcos, Dani Reixía, Javi Souto, Angel, Gus, Lorenzo, Miguel, Kwvin, Hugo, Manu Guillamet. Tamén: Senén, Julián, Cristian, Adrián, Christian.
- San Lorenzo: Benj, Fidalgo, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Diego Varela, Alex Taibo, Lucas, David, Dani Cotelo e Eloy Arantón. Tamén: Dani Padín, Iván Rojo, Alexis, Mato e Pablo Díaz.
- Goles: 0-1, m.28: Eloy Arantón; 0-2, m.52: Iván Rojo; 0-3, m.83: Eloy Arantón.
Aproveito mellor os erros o San Lorenzo, ante un Cerqueda que estivo ben plantado e mesmo dispuxo dun par de ocasións para porse por diante. Pero foi o San Lorenzo o que se adiantou ao aproveitar un mal despexe na primeira parte.
Tras o descanso ampliaron a vantaxe os visitantes ao rematar un córner e sobre o final un golpeo desde a frontal coaríase por toda a escuadra da portaría de Mario para pór o 0-3 final a prol dos de Dani Casal.
Outes - Muxía (1-0)
- Outes: Alex, Jura, Kevin, Alejandro, Estefan (Cutu); Chía, Capelo, Babu, Mario (Veleiro), Joao e Iago (Caamaño).
- Muxía: Domingo, Gusa, Michael Vilela, Congui, Pesqui; Julián, Adrián Alcaina, Iago, Mauro Romaní, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joselu, Javi Rey, Víctor Alcaina, Alex e Xan Nogueira.
- Gol: 1-0, m.60: Veleiro tras unha indecisión na área visitante.
Partido de poder a poder, entre dous dos favoritos, no que non errase sairía vencedor. O Muxía mandaba, combinaba, e facía dano con Iago e Fran Moreira. Gusa mandaba ao pau nun córner, e Fran Moreira tiña varias internadas, pero non conseguía romper e tea de araña de Miguel Ramos, que mantén a meta de Álex intacta.
Na segunda seguía o mesmo guión, e o Outes, nunha das súas poucas chegadas á área rival, conseguía marcar noutro exercicio de eficacia (leva 15 puntos conseguidos con 7 goles en 5 partidos!). Volveu cargar o cadro de Lobelos e Leis, e se ben o cadro local mandoun un balón ao pau e un lanzamento dende a frontal de Capelo que tivo que despiar Domingo, O Muxía tamén tivo tres boas ocasións no treiro final para acadar o empate: unha de Iago rozando o pau, un remate de Manu Nogueira ao pau, e outro de Gusa que sae fóra por pouco. Non marcou o cadro muxián que volvía sen premio a Arliña.
Volantes - Monte Louro (1-4)
- Volantes: Alex Yi, Tiko, Oscar Rey, Rodri, David; Santi, Miguel, Kajulo, Pesco; Dis e Manu Yi.
- Monte Louro: Alberto, Juan Lois, Miguel Verán, Manolo Chouza, Pablo; Pardelo, Xián, Abel Rey, Íker, Fari, Xián. Tamén xogaron; Benji, David, Abel, Iago e Antón.
- Goles: 0-1, m.50: Íker nunha contra tras un corner en contra; 0-2, m.52: Xián nunha contra tras un centro de Íker; 0-3, m.58: Abel Rey de trallazo dende fóra da área; 0-4, m.77: Benji coa axuda dun defensa; 1-4, m.80: Isma Mayo.
Dúas partes diferenciadas no derbi muradán. Primeira metade igualada, sen claras ocasións. O cadro de Chicho carecía de profundidade, pero si tivo a mellor ocasión nos pés de Dis que salvou Alberto. Pero por bandas Íker e Fari facían estragos tamén, pero sen claridade nos últimos metros.
Pero o comezo da segunda foi letal. 3 contras case consecutivas dos de Bibi acababan co partido. Íker nunha internada, Xián a centro de Íker e Abel Rey dende fóra da área finiquitaban a contenda a mataban a un Volantes que non se conseguíu repoñer, dando así a, a priori, sorpresa, da goleada visitante.
Castriz - Corme (1-2)
- Castriz: David, Carlos, Adrián García, Saul Propin, Anxo, Alex Mourelle, Alex Forján, Sebas, Alberto Mata, Pastoriza, Braulio. Tamén: Juan, Álvaro, Samuel, Noli e Martín Gemelo.
- Corme: Adrián, Brais Pombo, Aitor, Gabri, Isra, Hugo, Borja Torrado, Eloy, Brais Pailos, Samu Costa e Miguel. Tamén: Kike, Teo, Rubén, Noel e Iván.
- Goles: 0-1, m.55: Hugo marca un golazo dende 35 metros; 0-2, m.90: Samu Costa; 1-2, m.95: Martín Gemelo.
Chegaba o Corme a San Pedro cun equipo sub23 por mor da revolución acontecida este verán e as baixas da semana (Lucas, Manu, Alejo, Jesús, Martín, Eloy Liñares), polo que con 6 xuvenís se tiña que enfrontar o cadro de Ángel Pérez a un dos cocos da categoría con eternos veteranos como Noli, Braulio e compañía…Os cormeláns saíron tremendamente enchufados, sen medo, impedindo que os locais conseguisen combinar. Tardou pero conseguíu entrar no partido o cadro de Miguel Chouza, con varias chegadas, sobre todo dúas de Braulio que non acabou de definir ante o bo facer de Adrián.
Puido ir 2-0 o partido pero chegábase ao descanso sen goles, e ao comezo da segunda parecía entrarlle a presa ao cadro local, que seguía sen combinar con claridade, ante un Corme que se ía estirando e ía maniatando máis aos xalleiros. Marcaba Hugo un golazo dende lonxe e mesmo puido matar o partido nunha contra pero David tapoulle a Israel moi ben.
O Castriz encerraba a base de empurre ao Corme no treito final. Chegou aí, xa co tempo cumplido, unha xogada polémica. Tras unha falta sinalada no medio campo, os xogadores locais póñense a protestar e aproveita Samu para sacar rápido e facer o segundo. A pesar do xerro, seguiuno intentando o cadro xalleiro que recurtaba e a piques estaba de empatar cun remate de Alex Mourelle ao Alexanco. Pero a vitoria foi para esta rapazada cormelá que volve demostrar que a vila azulona ten canteira sempr
Ponteceso - Cee (2-2)
- Ponteceso: Maikel, Borja, Bruno, Colombia, Juan Oreiro, Adrián Canosa, Isaac, Rubén, Jose, Eze e Gabri. Tamén: Jorge, Fraga, Jose, Anxo e Julio.
- Ponteceso: Álvaro, Cotelo, Eloy, Luís, Oscar Moscoso, Alberto Recarey, Mendieta, Luca, Martín Puente, Jose. Tamén: Juan, Hadrián, Iván Rey, Pablo e Ángel.
- Goles: 1-0, m.35: Mendieta; 1-1, m.52: Isaac de penalti; 2-1, m.58: Mendieta; 2-2, m.87: Isaac.
Empate entre dous dos grandes equipos do Fútbol da Costa.