Mércores. 24.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Partidos que fan afección

Gol do Volantes no Eleuterio-Foto-Adriana
Así celebrou o Volantes un dos seus tantos cos Rochabillies no Eleuterio Balayo- Foto: Adriana Fedez.
2ª Galicia: Partidos que fan afección

Vivíronse esta fin de semana dous fermosos choques que demostran o fermosa que é a Liga da Costa. En pleno novembro, o Eleuterio Balayo acollía un derbi con dous equipos case que nos máis baixo da táboa, pero as afeccións laranxas e celestes encheron o campo e deixaron un ambiente ben fermoso. Se ben no campo palpouse a tensión entre os xogadores e equipos técnicos, as afeccións animaron todo e máis.

Tamén no Hermanas Patiño se viviu un gran ambiente, moito máis san que na pasada década, cunha afección que meteu por dúas veces ao seu equipo no partido para sacarlle un punto, e puideron ser 3, a todo un Castriz, que vai camiño de estar na zona noble.

Unha zona alta na que se mantén o San Lorenzo, tras superar, con apuros, a un Cabana que “nin arre nin xó”. Corme e Outes seguen sorprendendo a todos vencendo e seguindo moi arriba, mentres que a conexión fisterrá no Cee tamén mantén o equipo moi arriba.

No duelo de pechacancelas, o Oza superou ao Cerqueda e quedan ambos con 7 puntos, polos 8 de Ponteceso, Muros e Volantes, aos que o seu vivido empate non lles serve para escapar da zona perigosa.

 

Cee - Coristanco (4-2)

  • Cee: Maikel, Colombia, Isma, Juan Oreiro, Rubén, Jon, Jose, Bruno, Adrián Canosa, Gabri, Eze. Tamén: Jorge, Adrián Vilar, Borja, Carlos Trinidad, Santos.
  • Coristanco: Diego, Villa, Sergio, Hugo, Belar, Dani, Joni, R, Mario, Casti e Kevin. Tamén Rubén, Javi B., Corral, Javi Martínez e Samu.
  • Goles: 1-0, m.20: Adrián Canosa; 2-0, m.35: Gabri; 3-0, m.70: Bruno; 3-1, m.79: Martínez; 3-2, m.82: Martínez; 4-2, m.90: Carlos Trinidad.

Pirmeira parte dominada de cabo a rabo polo Cee que se poñía 2-0 en dúas boas xogadas. Unha por banda e un pase filtrado.
Na segunda 3 cambios e cambio de sistema nos de Juni, e igualouse a cousa. Apretaron os visitantes, e marraron varias ocasións para recurtar antes do 3-0, que chegaba polos espazos que os visitantes deixaban atrás.
Aínda así a entrada de Javi Martínez deulles a esperanza aos verdes, cazando eses 2 goles en zona de 9.
Cando parecía posible o empate, pero con moitos erros na toma de decisión nos metros finais, outra vez unha contra do xuvenil Carlos Trinidad poñia o definitivo 4-2.

 

Muxía - Corcubión (5-1)

  • Muxía: Joselu, Peski, Congui, Michael, Gusa; Adrián Alcaina, Alex, Iago Muíño, Mauro, Maikel Mouzo, Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Rui, Fran Moreira, Eloy e Xan Nogueira.
  • Corcubión: Bruno, Eli, Nacho, Joaquín, Iago, Rubén, Borja, Adri, Luisete, César e Martín. Tamén Antón, Tano, Pablo, Eva e Goche.
  • Goles: 1-0, m.26: Mauro Romaní; 2-0, m.36: Alex; 3-0, m.44: Maikel Mouzo; 4-0, m.55: Mauro; 5-0, m.75: Manu Nogueira de fermosa xogada individual; 5-1, m.90: César Lojo de penalti.

Muxia-Corcubion

Partido sen moita historia, cun Muxía moi superior e un Corcubión que estivo de corpo presente no partido. Empezaron moi enchufados os locais, fallando moitas ocasións por parte de Manu, Maikel ou Iago Muíño, atopándose con Bruno, o mellor dos visitantes, noutras. Un regalo en defensa propiciou o primer gol. Aí acabaría o partido: 3-0 antes do descanso e o 4-0 nada máis sair dos vestiarios, sen tempo de reacción para os corcubioneses. O da honra, de César de penalti na última do encontro.

 

San Lorenzo - Cabana (1-0)

  • San Lorenzo: Puyol, Fidi, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Alex Taibo, Jairo, Eloy, Andrés, Iván Rojo, David. Tamén: Padín, JOnathan, Andu, Carlos e Dani Cotelo.
  • Cabana: Diego, Aarón, Naka, Raúl, Rubén (Duda), Fernando, Moreno, Diego Cacha, Simón (Miguel), Manuel (Pablo), Raúl Corzón (Cristian).
  • Gol: 1-0, m.36: Pablo Garrido.

Máis acertado estivo o equipo de Dani Casal para levar os puntos. Empezou o San Lorenzo con moitos folgos pero sen crear perigo claro. Os visitantes sacaban contras e nunha delas Manuel quedaría só fronte o porteiro pero o colexiado sinalaba fóra de xogo moi protestado polos visitantes. Nunha xogada a balón parado Pablo colleu o rexeite e dunha fantástica volea adiantaba os locais.

Xa no segundo tempo o Cabana deu un paso adiante e rondou moito a porta local. Os de José Manuel quedaron con dez logo da expulsión de Naka por doble cartón. Pese a inferioridade os cabaneses conseguiron meter ao San Lorenzo no seu campo e foi o porteiro Puyol quen impediu o empate con dous paradóns.

 

Corme - Monte Louro (2-0)

  • Corme: Adrián, Jesús, Brais, Laik, Brais Pailos, Hugo Paredes, Borja Torrado, Eloy Villar, Isra, Lucas, Manu Bermúdez. Tamén: Quique, Samu Costa, Miguel, Rubén e Gabri.
  • Monte Louro: Alberte, Miguel Verán, Abel, Manolo Chouza, Juan Lois; Abel Rey, Riki, Alvaro Fari, Xián, Pardelo e Íker. Tamén: Antón, Benji, Peski e David.
  • Goles: 1-0, m.11: Hugo; 2-0, m.90: en propia.

Gran partido do Louro ante un #babyCorme que segue sorprendendo a todos na segunda posición. Os de Ángel intentaron levar o peso do partido, pero se atoparon cun cadro de Bibi que presionaba moi arriba, dificultaba a saída do balón e sacaba contras rápidas. Nunha boa combinación entre liñas sería Hugo quen conseguiría adiantar aos locais.

Na segunda métade a tónica foi a misma, con moita presión do cadro loureán que provocaba moitas imprecisións, roubos e chegadas á área, mandando mesmo dous balóns á madeira. Non conseguíu empatar e no desconto, tras un córner, o Corme facía o segundo e definitivo tanto.

A mala nova do partido foi un choque entre o cormelán Jesús e o loureán Riki. Se Riki levou unhas grapas na fronte, a peor parte levouna Jesús, cunha rotura do tabique nasal. Cóntanos dende Corme que a operación saíu ben polo que loureáns e o equipo de QPC desexa que se recupere pronto.

 

Camariñas - Castriz (2-2)

  • Camariñas: Pablo, Brais, Carlos (Saviola), Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David, Hugo (Yuyo), Víctor, Mario e Djibril.
  • Castriz: Juan, Charly, Adrián, Saul, Alex Mourelle, Alex Forján, Iván Facal, Martín Gemelo, Alberto Mata, Sebas e Iván Pastoriza. Tamén: David, Álvaro, Adrián, Joser, e Anxo.
  • Goles: 0-1, m.28: Alex Mourelle de cabeza tras un córner en curto; 1-1, m.56: Moriño: 1-2, m.61: Charly; 2-2, m.99: Mario.

Ambientazo no Hermanas Patiño para ver este partidazo da parte alta da táboa. Foi un choque moi igualado, que comezou cun Castriz moi enchufado tendo 3 ocasións (Mata controlou só no punto de penalti pero estivo lento; Iván Pastoriza marrou o man a man; e un tiro de Adrián que salvou Pablo Novo moi ben). Pero a partir do m.20 comezou o Camariñas a mandar, dando moita máis sensación de perigo. Pero xusto aí o capi xalleiro adiantaba aos seus, provocando un baixón dos locais.

Saíron de novo moi enchufados os camariñáns, empurrados por unha afección volcada, que marcaron pronto por medio de Moriño tras un remate de cabeza ao longueiro de Djibril. Moi bos minutos aí dos locais, con ocasións de Mario, e Djibril, pero de novo, cando mellor estaban, varapau en forma do tanto de Carlos Paredes.
Non decaeu o Camariñas, que apretaba e chegaba arriba como nunha xogada de Mario co Djibril, que pon o centro Mario e case marca Yuyo.
O Camariñas arriscaba e á contra o equipo de Miguel Chouza facía dano, tendo Iván Pastoriza o 1-3, nun balón que se escapaba das mans da Pablo Novo e o colexiado considerou falta. Non sentenciou o Castriz, e o Camariñas seguía empurrando, ata que no desconto, colle un balón Mario case no medio campo pegado a banda esquerda, e tira unha diagonal regateando aos rivais que lle van saliendo, e marca un golazo de tiro ao pau curto, para asinar un xusto empate.

 

Oza - Cerqueda (2-1)

  • Oza: Nacho, Alex Bilounga, Alberto, Vilariño (Josiño), Alex Freire, Dani Mato, Nico, Dani Iglesias (Brais), Fran (Iago Rod.), David LP, Iván Mato (Carlos).
  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Gustavo, Alexis, Lorenzo, Miguel, Nacho, HUgo, Cristian Méndez, Kevin. Tamén: Senén, Ángel, Montero, Julián, Samuel e Alex Méndez.
  • Goles: 1-0, m.15: David LP marca un golazo tras driblar a varios defensas e chutar dende lonxe; 1-1, m.33: Cristian Méndez; 2-1, m.42: Dani Mato de cabeza a centro de Iván Mato.

Soubo aproveitar ben os erros dos visitantes o cadro carballés para sumar a súa segunda vitoria do curso e alcanzar a 7 puntos ao Cerqueda.Adiantouse o Oza ao cuarto de hora, aproveitando unha contra tras unha falta botada polo Cerqueda. Os de Guuillamet empatarían á media hora por medio de Méndez pero pouco duraría o empate xa que 10 minutos máis tarde, mediante unha falta colgada o Oza volvería tomar a vantaxe no marcador cun gol xestado entre os Mato coa que se chegaría ao descanso.

Na segunda parte, o choque volveu máis bronco, con moitas interrupcións e protestas, e mesmo cunha tangana, que acabou coa expulsión de David LP. Quedaban 20 minutos por diante pero os locais souberon aguantar os ataques dun Cerqueda que non foi capaz de conseguir o empate.

 

Muros - Volantes (2-2)

  • Muros: Xandre; Isma, Iván Cerilla, Gesto, Kin; Xaco, Ra; Varo; Xavi, Alex, Alonso.
  • Volantes: Alex de Yi; Jandro, Óscar Rey, Pablo, Santi; David; Martín Millán (Rodri), Kajulo; Kevin; Pesco e Borja (Manu de Yi).
  • Goles: 0-1, m.27: Kevin define no man a man tras un gran pase longo de Pesco; 0-2, m.35; Santi tras un córner; 1-2, m.45: Iván Cerilla de penalti; 2-2, m.87: Xavi.

Muros-Volantes-Foto-Adriana

Ambientazo no Eleuterio Balayo para este derbi que pode servir de revulsivo para os dous equipos malia que o empate non lles valga para saír da zona perigosa. Saía mellor o Volantes, máis enchufado nun comezo de partido de bastantes nervios e poucas ocasións. Adiantaríanse os laranxas, que pronto facían o segundo.. Puido acurtar Xavi pero parou o Alex de Yi, e tamén tivo Santi o 0-3, pero o que aparecía era Xandre. Xusto ao final do primeiro tempo recortaría o capitán Iván Cerilla dende os 11 metros facendo un Panenka.

Saíu o Muros buscando o empate con balóns directos e intentando faecr dano a balón parado. Alonso tivo unha ocasión clara, mentres que aos de Chicho lle ían fallando as forzas. Os cambios melloraron aos locais (non tanto aos visitantes), e a pesar de que a chuvia comezaba a importunar o partido, o choque convértese nun “correcalles”. Xa contra o final, un balón dende a banda esquerda que remataría Xavi sería o do empate. Nos minutos finais varias ocasóns para os dous equipos, destacando un paradón que Xandre lle tivo que facer a Kajulo para manter o empate.
Boas sensacións nos dous equipos, se ben o Volantes seguro que vai botar de menos a Óscar Rey, que vén de fichar polo Flavia.

 

Outes - Ponteceso (3-0)

  • Outes: Ryan; Jurado, Kevin, Martín, Leo; Lass (Estefan), Caamaño (Mario), Veleiro, Babu (Mangelo), Veleiro, Yago Dosil e Joao (Santi) (Aarón).
  • Ponteceso: Damián, Juan Rey, Luis, Moscoso, David Castro, Luca, Cotelo, Mendieta, Martín Puente, Eloy Santos e Charro. Tamén: Álvaro, Eloy Trigo, Iván Rey, Pablo e Ángel.
  • Goles: 1-0, m.23: Joao; 2-0, m.54: Caamaño; 3-0, m.67: Yago Dosil.

Con dúbidas arrincaba o partido polas dúas partes, e aí fallou o cadro da Ponte unha ocasión clara que parou o meta xuvenil Ryan. Dominaba o cadro de Miguel Ramos, e se adiantou no ecuador do primeiro tempo.
Na segunda, o Outes intentaba controlar, e non tardou en chegar o segundo gol que lle daba a tranquilidade necesaria para manter o partido onde querían. Recuperan os de Miguel Ramos o acerto arriba para manterse en postos de promoción, mentres o cadro de Pablo Mallón continúa moi frouxo.

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios