Martes. 23.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O San Lorenzo canta media Liga

San Lorenzo lider da Liga da Costa
Eloy Arantón volveu ser clave para darlle 3 novos puntos ao San Loren zo
2ª Galicia: O San Lorenzo canta media Liga
6 puntos a falta de 4 xornadas parecen suficientes para asegurar que o San Lorenzo é o clarísimo favorito para alzarse co título e o ascenso á 1ª Galicia. Os de Dani Casal sufriron para superar ao Volantes nun partido de brega, pero aproveitáronse do tropezo do Muxía na casa ante o Coristanco para volver a poñer esa vantaxe sobre cormeláns (salvaron a vitoria ante o Oza no desconto e de penalti) o e muxiáns.

Por abaixo, a vitoria do Cee (despois de perder os 3 puntos do partido co Corcubión por unha aliñación indebida) alónxao da zona de perigo inmediato. Pero ollo, que se hai 3 arrastres da 1ª e non ascende ningún equipo costeiro na Promoción, implicaría reabrir o lío con ata 5 posibles descensos. Así, ademais de Volantes e Corcubión (que loitarán por non quedar na 3ª praza por abaixo), queda pendente unha pelexa do 12º ao 5º, que están nun pano de apenas 5 puntos, para evitar ese hipotético terceiro arrastre.

Interesante está a pelexa no alto da táboa de goleadores, con 24 para Isaac Fábregas (Cee) e 24 para Iván Rojo (San Lorenzo).

San Lorenzo - Volantes (3-2)

  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Mateo, David, Altair, JKairo, Alex Taibo, Eloy Arantón, Iván Rojo. Tamén: Diego Fidalgo, Diego Vasrela, Joaquín, Andy e Lucas.
  • Volantes: Alex de Yi, Pais, Miguel, Santi, Dani Alcalde, Pablo Martínez, Alex Fdez., Rodri, Borja, Rachón, Pesco. Tamén: Alex Figueiras, Kevin, Mamadou, Martín e Manu de Yi.
  • Goles: 1-0, m.11: Iván Rojo; 1-1, m.40: Pais; 2-1, m.43: Iván Rojo; 2-2, m.45: Rachón; 3-2, m,90: Eloy Arantón.

Adiantaba o líder o partido para o sábado, e se disputaba cun gran ambiente en Verdillo, pero con choiva e vento determinantes. O Volantes saía ben armado atrás, consciente da importancia do balón parado, como así foi, con 4 dos 5 tantos chegaron en xogadas de estratexia. Un erro permitía unha falta perigosa que non fallaba Iván Rojo para abrir o marcador. Reaccionaron os de Chicho e Rachón e Pablo a piques están de empatar. Si o conseguía David Pais tras unha falta lateral ao fío do descanso. Pero neses 5 miutos o partido vólvese tolo, e se Eloy Arantón facía o segundo para os locais, na seguinte xogada, tras un córner, Rachón empata de novo.

Co vento a favor, o líder faise co dominio no comezo da segunda, facendo dano sobre todo a balón parado. O partido ponse bronco, con faltas, trifulcas, paróns… E xa acabando, noutro córner, un balón colgado ao segundo pau é rematado, de novo, por Eloy, para darlle 3 puntos e media Liga ao cadro de Dani Casal.

Muxía - Coristanco (3-3)

  • Muxía: Domingo, Michael, Congui, Gusa, Maikel, Julián, Adrián Alcaina, Alex, Mauro, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joselu, Xan Nogueira, Peski, Anxo e Iago.
  • Coristanco: Rubén, Sergio L, Sergio R, Hugo, Joni, Kevin, R, Mario, Casti e Rama e Dani. Tamén: Javi Martínez, Corral, Randy e Benxamín.
  • Goles: 0-1, m.25: Mario; 1-1, m.26: Congui; 2-1, m.42: en propia; 3-1, m.44: Julián; 3-2, m.62: Rama; 3-3, m.78: Casti.

Arrincou moi ben o Coristanco de Juni nos primeiros 15 minutos, combinando ben, ata o gol de Mario dende 35 metros. A partir de aí, fíxose amo e señor o Muxía que poñería o 3-1 antes do descanso.

Estirouse o Coristanco pero oas mellores ocasións eran nas contras muxiás que mesmo mandaron un balón ap pau. Pero perdoaron os vermellos e os verdes foron estirándose, tendo máis fortuna cara gol, logrando o 3-2 Rama de falta e o 3-3 Castiñeiras nunha xogada embarullada. Aínda tivo o Muxía un par de chegadas no treito final pero se lle escaparon dous puntos.

Corme - Oza (2-1)

  • Corme: Quique, Jesús, Aitor, Yago, Hugo, Rubén, Miguel, Gabri, Manu Bermúdez, Isra e Alejo. Tamén: Adrián, Brais Pombo, Borja Torrado, Brais Pailos e Teo.
  • Oza: Brais, Alberto, Lavandeira, Iago Rodríguez, Javi Vilariño, Alex López, Carlos, Alex Freire, Nacho, David LP e Edu (Casais).
  • Goles: 0-1, m.15: Nacho nun córner; 1-1, m.44: Alejo de falta; 2-1, m.92: Alejo de penalti.

Partido igualadísimo, moito máis do que di a clasificación, cun Oza que mereceu algo máis. Primeira metade igualada, cun Corme moi impreciso, sen controlar o partido e sen apenas crear ocasións debido tamen o gran presión do equipo carballés, que se adiantaba no ecuador do primeiro tempo. Non mellorou o Corme pero unha falta ao fío do descanso era enchufada por Alejo para facer o empate.

Saíu moi dominante o Oza na segunda, tendo ocasións claras para poñerse por diante. Pero pouco a pouco o Corme foise impoñendo ata que no desconto, un penalti claro sobre Alejo permitíalle ao killer cormelán facer o segundo e recuperar a segunda posición.

Ponteceso - Cerqueda (5-0)

  • Goles: 1-0, m.25: Charro; 2-0, m.25: Mendieta de fermoso taconazo; 3-0, m.60: Isaac; 4-0, m.63: Martín Puente de falta; 5-0, m.82: Iván Rey.

Partido de cara para o cadro de Pablo Mallón ante un colista que chegaba moi mermado. Os de Emilio Uzal conseguiron competir durante os primeiros 25 minutos, tendo varias chegadas para poñerse por diante, pero pouco a pouco o Ponteceso foise estirando, e a partir do tanto de Charro xa os locais dominaron por completo e foron caendo os goles.

Cee - Monte Louro (3-0)

  • Cee: Maikel, Colombia, Oreiro, Patera, Chema, Rubén, Fraga, Eze, Bruno, Jose e Isaac Fábregas. Tamén: Pablo, Pablo Lestón, Gabri Pazos, Carlos, Borja.
  • Monte Louro: Xacobo, Álvsaro, Fari, Juan Lois, Manolo Chouza, Miguel, Pardelo, Riki, Xián, Íker, Borja. Tamén: Chano, Yeray, David, Antón e Peski.
  • Goles: 1-0, m.10: Patera; 2-0, m.50: Isaac Fábregas; 3-0, m.60: Isaac Fábregas.

Partido bastante dominado polo Cee, nun choque pouco vistoso. Comezou o Cee marcando pronto cun remate de Patera ao pau, pero tamén os loureáns, que lamentaron a actuación arbitral (poucas veces o fan), tiveron un tiro ao lateral da rede.

Nada máis saír o colexiado expulsaba ao visitante Borja, mentres os loureáns protestaban un posible fóra de xogo no segundo tanto. Intentárono os de Bibi, tendo mesmo unha ocasión de manifesta de gol ante o porteiro que o colexiado tampouco viu. Fábregas sentenciou.

Muros - Corcubión (3-1)

  • Muros: Xandre; Fran, Iván Cerilla, Gesto, Juanchy; Xaco, Ra; Dani Jurjo, Alon, Jesus da Meca, e Xavi.
  • Corcubión: Bruno, Antu, Mario, Nacho, Díaz, Rubén, Martín, Tano, César, Lema e Rama. Tamén: Eli e Brais.
  • Goles: 0-1, m.8: Iago Lema de penalti; 1-1, m.30: Gesto; 2-1, m.68: Iván Cerilla de penalti; 3-1, m,72: Gesto.

Empezou o Muros intentando ter o balón e o Corcubión buscando saídas rápidas. Os visitantes poñerianse por diante cun penalti transformado por medio do capi Iago Lema, pern córner o equipo local empataría o partido cun remate de Gesto. Os visitantes tiveron outra clara nun remate complicado de César sen porteiro e os locais puideron irse con ventaxa no marcador se non chega ser por unhas boas paradas de Bruno a tiros de Jesús, Ramón ou Alonso.

Na segunda o cansanzo fixo dano ós visitantes, que con poucos efectivos estaselle facendo moi longa a tempada. Os visitantes foron dándolle a volta ao marcador remontarían o partido na segunda metade, cun gol de discutido penalti que non perdoaba o capitán Iván Cerilla, e con outro centro lateral que remataba de novo Gesto para darlle tranquilidade aos de Porrúa. Aí aparecía tamén Xandre para non pasar apuros.

Camariñas - Cabana (4-3)

  • Camariñas: Jorge, Barreiro, Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño,(Manuel), David, Saviola (Hugo), Víctor, Yuyo, Soule.
  • Cabana: Diego (Manuel), Aarón, Sergio Ferreiro, David (Ismael), Javi (Cristian), Sergio Antelo, Gabriel, Miguel, Simón (Julián), Pablo (Mario), Castro.
  • Goles: 1-0, m.4: Soule; 2-0, m.7: Yuyo; 2-1, m.13: Castro; 3-1, m.44: Yuyo; 4-1, m.50: Yuyo; 4-2, m74: Castro de penalti; 4-3, m.75: Julián.

Comezou o choque co Camariñas dominando ante un Cabana que saía con baixas de durmindo. Moi pronto, Soule e Yuyo abrían fenda no marcador. Chegaba moi ben por banda o cadro de Cabrejo con Soule e Víctor. Pouco a pouco os visitantes foron asentándose no campo e Castro acurtaba distancias. Equilibrouse algo o xogo pero as mellores ocasións seguían sendo dos locais, ata que ao fío do descanso volvía aparecer Yuyo para rematar de cabeza un bo centro de Soule.

Completaba o seu triplete Yuyo nada máis volver dos vestiarios no que parecía a sentenza. Pero os cabaneses, con 5 xuvenís no campo, non se renderon, e aproveitaron a relaxación dos locais para, cun penalti de Castro e un tanto do xuvenil Julián, apretar o marcador aínda con 15 minutos para o final.
Tivo que sufrir o cadro local para manter a vitoria tendo Castro unha boa ocasión para o empate que salvou Jorge.

Outes - Castriz (1-1)

  • Outes: Alex, Jura, Piregue, Caamaño, Martín, Cutu, Chía, Babu, Capelo, Yago e Roberto. Tamén: Joao e Veleiro.
  • Castriz: Juan, Samuel, Adrián García, Anxo, Martín Gemelo, Fran Calvo, Iván Facal, Joser, Sebas, Noli, e Braulio. Tamén: Álvaro e Alex Mourelle.
  • Goles: 1-0, m.28: Roberto; 1-1, m.56: Iván Facal de falta.

Saíu moi ben o Outes, xerando ocasións, ante un Castriz que segue tremendamente mermado con varios xogadores que remataron tocados no campo. Marcou un tanto na primeira metade pero mereceu máis os de Miguel Ramos.

Na segunda, Miguel Chouza botou o equipo para arriba para intentar recuperar sensacións, e dominaron pero deixaron espazos, sendo as ocasións máis claras na súa área. Pero perdoaba o Outes e Iván Facal empataba.

No treito final houbo ocasións claras nos dous equipos, como un balón ao pau de Braulio e un par de chegadas claras dos da Serra.

MÁIS CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios