2ª Galicia: O San Lorenzo non frea
Nova vitoria, a cuarta seguida, do cadro de Dani Casal, desta volta ante un Coristanco en horas baixas. Por detrás o Corme non pasou do empate sen goles ante o Cee nun fermoso partido no Cairo, e xa chega por aí un Muxía que leva 8 xornadas sen perder. Tamén se mete de cheo o Castriz, cunha vitoria xusta pero pola mínima ao Cerqueda.
Por anaixo, o derbi muradán quedou en empate, que lle vale aos dous. Importante vitoria do Volantes ante un Outes que perde a súa fortaleza defensiva semana tras semana. E vitoria importante tamén do Ponteceso, que saca a cabeza tras vencer nas Redondas.
Monte Louro - Muros (1-1)
- Goles: 1-0, m.6: Xián de penalti cometido sobre el mesmo; 1-1, m.32: Juan Lois en propia.
Choque igualado, con poucas ocasións, clásico de derbi, con moito medo a perder, pero cun ambientazo nas bancadas de Agra da Filgueira. Adiantábase pronto o cadro local tras un penalti cometido e transformado por Xián (que xa leva 8). O Muros intentábao a balón parado pero foi á media hora cando un bo pase era rematado por Juan Lois para facer o empate en propia meta.
Tralo empate, estirouse algo o equipo loureán e mesmo tivo unha falta de Juan Lois ao poste, pero tamén Flavio sacaba unha falta na área contraria que remata Iago, pero Iván Cerilla non é quen de aproveitar o rexeite.
Xusto empate no derbi muradán.
Corcubión - Camariñas (1-2)
- Goles: 0-1, m.50: Iago Lema en propia; 1-1, m.55: Luisete; 1-2, m.85: Mario.
Partido igualado que puido caer dos dous lados, cun Corcubión buscando aos seus extremos e tendo a mellor ocasión do primeiro tempo por medio de César, que mandaba ao pau. Tamén Mario tivña unha para os visitantesque sale rozando o poste.
Nada máis comezar a segunda metade, un pase interceptado por Iago na frontal acabaría colándose na súa propia portería facendo o 0-1. O gol espabilou ós corcubioneses e na xogada seguinte galopada de César por banda e gol de Luisete para empatar o partido. A partir de aí, o partido pudo caer para calquera lado, cun Camariñas máis dominador pero cun Corcubión que facía dano á contra. Yuyo e Mario avisaban e sería o propio Mario Suárez do Camariñas o que faría o 1-2 nunha xogada por banda case o final do partido. O outro Mario Suárez, do Corcubión tivo o empate no descuento, cun balón o longueiro cando xa a bancada local celebraba case o gol.
É a primeira vez que o Camariñas suma dúas vitorias seguidas, e dende Corcubión agradecen o detalle da entrega dunha placa para conmemorar o 50 aniversario do clube esta tempada. O cadro camariñán está pendente de Jorge, que levou un golpe no xeonllo.
Oza - Muxía (1-4)
- Goles: 0-1, m.9: Maikel Mouzo a pase de Fran Moreira; 1-1, m.41: Lavandeira mete un golazo; 1-2, m.43: Maikel Mouzo tras unha boa xogada individual de Mauro Romaní; 1-3, m.57: Maikel Mouzo; 1-4, m.70: Fran Moreira a pase de Iago Muíño.
Xusto gañador o Muxía, ante un Oza que competiu moi ben, cun porteiro Brais que mantivo ao equipo no partido ante o ecuador do segundo treito. Aguantou aí o Oza e Lavandeira empataba ao fío do descanso. Pero na seguinte xogada Maikel metía por diante aos muxiáns tras un xogadón de Mauro.
Saían os locais con intensidade, pero o terceiro, noutra contra do polivalente Maikel Mouzo sentenciaban os de Lobelos.
Volantes - Outes (3-1)
- Goles: 1-0, m.8: Kevin a pase de Pesco; 1-1, m.46: Chúa; 2-1, m.50: Pablo Martínez de cabeza; 3-1, m.55: Kevin nunha contra.
Gran partido do Volantes, máis presionante que noutras ocasións, cun gran Pesco os mandos e Borja de punta fixando arriba. Pronto empezarob a crear peligro cun Kevin no extremo dereito moi motivado (é de Outes e da canteira do Outes). E precisamente era o da Serra o que abría o marcador tras un bo pase de Pesco.
Aí tiveron varias ocasións os de Chicho, con 3 xogadas a balón parado, pero o Outes veuse arriba cun Yago espectacular que estrelou un balón no longueiro e 2 boas ocasións a balón parado que non acertaron.
Nada máis saír da segunda empataba o Outes nunha xogada a balón parado. E aí puido o Outes poñerse por diante, pero noutra falta lateral, ante un Outes que non é o equipo serio e infalible atrás do primeiro terzo da liga, metíase por diante. Casi sen tempo para a reacción cun Outes volcado Kevin mata nunha contra, nun man a man que a xornada anterior non atinou a meter. A expulsión de Borja permitiu que o Outes se viñese arriba e envorcase o partido sobre a área local, pero sen acerto.
Cabana - Ponteceso (0-2)
- Goles: 0-1, m.38: David Castro; 0-2, m.75: Eloy Trigo de penalti.
Partido moi cerrado con pouco fútbol e escasas ocasións de gol no que o Ponteceso aproveitou un rexeite para adiantarse e o Cabana foi incapaz de crear ocasións ao longo dos 90 minutos. Os locais reclamaron un penalti a Raúl que o colexiado non apreciou así.
O Ponteceso seguía moi ben armado atrás, sen ocos, e a expulsión de Castro por doble cartón impedía que os cabaneses apretaran no treito final. Sentenciaban os visitantes de penalti claro logo do que os cabaneses consideraban fóra de xogo.
Corme - Cee (0-0)
A pesar do resultado final sin goles, gran partido o visto esta tarde no Cairo. Partido con moito ritmo, moita intensidade, sen dominador claro pero con chegadas ás dúas áreas, de poder a poder. Na primeira chegou máis o equipod e Ángel Perez, pero Manu, Hugo Lucas e Samu por dúas veces non estiveron acertados. Tamen dispuxo de duas ocasions o Cee pero a gran intervención do porteiro local Adrián impediu que se adiantaran no marcador.
Non baixou o ritmo na segunda, cun Corme que cada vez empurraba máis, pero cun Cee que cada vez aproveitaba mellor os espazos ás costas da defensa cormelá.
Cerqueda - Castriz (0-1)
- Gol: 0-1, m.70: Adrián García marca un golazo dende a frontal tras un centro de Iván Pastoriza.
Aguantou un peleón Cerqueda ante o potente Castriz, que segue unha dinámica moi boa a pesar das numerosas baixas (incluída a nova fichaxe Fran Calvo, procedente do Soneira), e non permitía facer dano aos locais. Os de Miguel Chouza intentou baixar algo máis o balón, ante os últimos empates e non ser tar verticais como outros días. Tocando e tocando, pero sen profunidade. Así que na segunda volveu tirar de verticalidade, maniatando as contras, e percutindo unha e outra vez. Despois do gol xalleiro os locais intentaron estirarse pero as baixas e as lesións, que seguen medrando, impediulle lograr o empate.
Coristanco - San Lorenzo (1-2)
- Goles: 0-1, m.17: Jonathan; 0-2, m.18: Jairo; 1-2, m.50: Casti.
Derbi moi igualdo o vivido en Castriz entre Coristanco e San Lorenzo, con algo máis de xogo directo do habitual nos dous equipos, pouco fútbol pero moita intensidade.
Adiantaríase o San Lorenzo con dous goles en un minuto rozando os primeiros 20 minutos de partido chegando con este resultado o descanso. A volta deste, o Coristanco subiría liñas chegando a marcar o seu único gol do encontro.