Mércores. 24.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O San Lorenzo non frea

Monte Louro-Muxia-Foto-Edu Olveira 2
Monte Louro-Muxia-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: O San Lorenzo non frea

Non fallou o San Lorenzo na súa visita ao Novo Cubaleiro e suma 6 puntos de vantaxe sobre o Corme con 9 por xogar. Os cormeláns sufriron para superar ao pechacancelas, o que dá conta da igualdade da competición neste treito final (do 4º ao 12º hai só 7 puntos de diferencia), mentres que o Muxía conseguía sumar os 3 puntos no complicadísimo Agra da Filgueira. Muxuiáns e cormeláns teñen confirmada xa a súa praza na promoción de ascenso.
Por abaixo só sumou o Volantes, que consegue distanciar ao Corcubión, pero que ten case imposible salvarse dunha hipotética segunda posición de arrastre, que vendo o que acontece na 1ª Galicia, parece probable.

Coristanco - Muros (1-1)

  • Coristanco: Diego, Villa, Randy, Joni, Pazos, Damián, R, Kevin, Hugo, Rama e Casti. Tamén: Mario, Sergio L, Sergio R e Dani.
  • Muros: Xandre; Fran, Pelos, Gesto, Juanchi; Xaco, Ra; Alon, Xavi, Alex Majorra e Jesús da Meca. Tamén xogaron Varo, Kin Fenix, Angel e Púgil.
  • Goles: 1-0, m.20: Rama; 1-1, m.42: Ra.

Partido moi igualado onde mandou primeiro o Muros, gañando cada duelo e aproveitando a velocidade de Xavi que facía estragos pola banda. Pero cando mellor estaba o Muros meteu o Coristanco cun tanto de Rama de cabeza a centro de Castiñeiras. Cambiaba a dinámica do partido o cadro de Juni asentábase co balón, pero desta volta, acontecía do revés, era o Muros o que empataba cun centro de Xavi que remata Ra.

Na segunda dominou o Coristanco, pero o Muros tamén facía dano á contra, habendo ocasións para os dous equipos pero sen acerto, firmando un empate xusto na volta do Coristanco á Rocheira tralas obras de remodelación e no marco dunha fermosa xornada festiva da familia verde.

Corcubión - San Lorenzo (1-3)

  • Corcubión: Bruno, Antu, Díaz, Mario, Castillo, Goche, Martín, Tano, Brais, César e Iago Lema. Tamén: Leo, Íker e Eli.
  • San Lorenzo: Benja, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Diego Varela, Andy, David, Altair, Alex Taibo, Eloy Arantón e Iván Rojo. Tamén: Diego Fidalgo, Joaquín, Lucas, Mateo e Juan Fuentes.
  • Goles: 0-1, m.9: Iván Rojo; 0-2, m.25: Iván Rojo de penalti; 1-2, m.57: Iago Lema; 1-3, m.66: Altair.

Costoulle máis do que pensaba levar ós puntos ó San Lorenzo do Novo Cubeleiro. Unha primeira parte donde o San Lorenzo dominaba o xogo e creaba ocasións, pero o Corcubión creaba perigo con saídas rápidas merodeando a área dos de Verdillo. Arrincaba o choque con moito calor e xa César tivo a primeira do partido nun man a man que atrapou o porteiro visitante. Pero de contado era Iván Rojo o que abría o marcador. Ao pouco, nunha xogada similar, Eloy internariase na área do Corcubión forzando un penalti que sería transformado de novo por Iván.
Os locais tiveron algunha para irse con menor diferenza no marcador pero tamén os visitantes para ampliar a renda, facendo lucirse a Bruno.

Na segunda saiu máis enchufado o Corcubión, gozando de boas ocasións ata que nun erro do meta visitante Iago Lema poñía o 1-2 no marcador. Os locais estiráronse máis, tendo algunha ocasión para conseguir o empate pero nunha contra Altair volvería poñer a distancia no marcador. A partir de ese momento o ritmo de xogo volveriase máis lento ata o pitido final.

Cerqueda - Corme (0-1)

  • Cerqueda: Senén, Dani Reixía, Marcos Pensado, Adrián Verdes, Javi Souto, Miguel, Samuel, Andrés, Pedro, Sergio e Manu Guillamet. Tamén: Héctor, Roberto Carlos, Christian Velo, Alan.
  • Corme: Adrián, Brais Pombo, Aitor, Borja Torrado, Hugo, Gabri, Rubén, Brais Pailos, Isra, Miguel e Alejo. Tamén: Quique, Seén, Martín, Noel e Yago.
  • Gol: 0-1, m.22: Alejo.

Costoulle tamén ao Corme sacar os puntos do campo do pechacancelas. Os de Emilio Uzal, a pesar das 14 baixas que sufrían, fixerom un gran partido de entrega e brega. Pero en fronte, o Corme dun tal Alejo que volveu marcar as diferencias.

Na segunda o Cerqueda estivo máis incisivo e mesmo puido empatar cunha clara ocasión de Christian. Pero tamén Alejo mandaba un balón ao longueiro.

Oza - Cee (1-2)

  • Oza: Nacho; Alberto, Lavandeira, Vilariño (Alex Martínez), Iago Rodriguez, Alex López, Pace, Alex Freire, Edu (Casais), David LP (Efe) e Nico.
  • Cee: Maikel, Colombia, Borja, Juan Oreiro, Jose, Rubén, Regueiro, Bruno, Gabri, Isaac Fábregas. Tamén: Pablo Oreiro, Eze, Sergio e Anxo.
  • Goles: 1-0, m.26: Edu; 1-1, m.50: Bruno de falta; 1-2, m.65: Isaac Fábregas marcou un golazo tras uns rexeites.

Cortou o Cee a boa serie dun Oza que puido merecer un empate. Adiantábase o Oza que tivo unha boa primeira metade. Pero o Cee saía decidido na segunda, reaccionando e dándolle a volta ao marcador.

Dende o Oza queixáronse da cantidade de foras de xogo sinalizados polo colexiado, que podería ter necesitado asistencia nas bandas.

Volantes - Camariñas (3-1)

  • Volantes: Alex de Yi, Alex Fdez., Santi, Pais, Alex Fdez., Pablo Martínez, Miguel, Borja, Pesco, Dani Alcalde e Rachón. Tamén: Isma, Mamadou, Mratín, Diego e Creo.
  • Camariñas: Jorge, Barreiro, Roi (Manuel), Soule, Pablo Suárez, Moriño, Brais, Hugo (Saviola), Víctor, Mario e Yuyo.
  • Goles: 1-0, m.1: Miguel de penalti; 1-1, m.44: Mario; 2-1, m.62: Pesco; 3-1, m.84: Pesco.

Con 13 chegaba o cadro de Cabrejo a Muros, e nada máis comezar xa encaixaba o primeiro cun tanto tras un penalti cometido por Jorge sobre Rachón. Eran bos minutos dos locais e baixo a batuta de Pesco fan sufrir aos camariñáns durante moitos minutos, puidendo ampliar a renda cun disparo de Pesco á cruceta e un remate de Boja ao longueiro. Pouco a pouco o Camariñas conseguía saír do pozo apoiado nun gran Moriño e Mario, que desbordaba por banda ata que ao fío do descanso conseguía o empate.

Saíu con gañas de ter o balón o Camariñas na segunda, tendo unha gran ocasión Mario ao pau e unha xogada de Víctor. Pero o Volantes, que dende a chegada de Rachón e Piti é outro equipo moito máis competitivo, aproveitou que Pesco sacou a “varita” máxica para facer dous fermosos tantos.

Cabana - Outes (1-3)

  • Cabana: Víctor (Manuel), Aarón, Sergio Ferreiro, Naka (Javi), Cristian (Mario), Fernando, Sergio Antelo, Moreno, Simón, Miguel, Pablo (David) (Gabriel).
  • Outes: Alex, Jura, Cutu, Priegue (Nico), Caamaño (Mangelo), Martín; Capelo, Babu, Roberto, Yago (Ryan)e Joao (Eloy).
  • Goles: 0-1, m.20: Joao aproveita o rexeite do longueiro a tiro de Capelo; 0-2, m.42: Roberto; 0-3, m.76: Roberto; 1-3, m.87: Sergio Ferreiro.

Chegaron os dous equipos con baixas, pero coa tranquilidade da zona morna. O cadro cabanés dominou o primeiro tempo, creando ocasións pero sen acerto. O Outes de Miguel estaba serio pero sen demasiada profundidade, pero conseguía meterse por diante no ecuador do primeiro tempo. O Cabana metíase de cheo no partido e tivo ocasións mesmo para darlle a volta ao marcador, pero era Roberto o que facía o segundo antes do descanso.

Fixo dano ese gol no cadro cabanés, que non conseguíu superar a tea de araña que formulou Miguel Ramos na segunda, deixando o control aos de José Manuel, pero sen sufrir demasiado.

Castriz - Ponteceso (1-3)

  • Castriz: Puyol, Carlos, Samuel, Adrián García, Alex Mourelle, Iván Facal, Fran Calvo, Adrián Rod., Joser, Noli, e Sebas.
  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Eloy, Angel, Luca, Isaac, Pedro, David, Alberto Recarey, Mendieta, Elioy Trigo. Tamén: Álvaro;
  • Goles: 0-1, m.30: Mendieta nun córner; 0-2, m.35: Charro de penalti; 1-2, m.49: Adrián García; 1-3, m.61: Pedro.

Dúas dinámicas diferentes enfrontábanse en San Pedro e notouse. Longa longuísima se lle está facendo a liga ao Castriz, cunha marea de xogadores lesionados e tocados. Vitoria xusta do cadro de Pablo Mallón, que tiveron unha primeira metade moi boa. Oleron sangue os visitantes, e presionaron moito facendo dano constantemente, marcando dous pero puideror ir 0-4 ou 0-5 ao descanso.

Arrincou a segunda co tanto de Adrián García nun córner, e meteron medo os visitantes. O Ponteceso seguía dominando pero os xalleiros intentaban chegar a balón parado (Iván Facal mandou ao longueiro e un córner directo de Fran Calvo tamén petou no longueiro), polo que o partido estaba pendente dun fío, mesmo tralo gol de Pedro. O partido acabou caendo de maduro, pero o Castriz competiu ata o final.

Monte Louro - Muxía (1-4)

  • Monte Louro: Yago, Osca Fari, Antón, Juan Lois, Yerai; Pardelo, Xián, Riki, Íker, Peski e Miguel Verán. Tamén: Álvaro Fari, David.
  • Muxía: Joselu, Michael, Gusa, Congui, Alex, Mauro, Iago, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira; Tamén; Xan Nogueira, Ángel, Damián, Osma e Eloy.
  • Goles: 0-1, m.29: Fran Moreira; 1-1, m.63: Peski nunha fermosa contra; 1-2, m.71: Xan Nogueira de córner directo; 1-3, m.76: Fran Moreira; 1-4, m.90: Xan Nogueira.

Monte Louro-Muxia

O fondo de armario e a calidade dos muxiáns permitiron aos de Leis e Lobelos sacar os 3 puntos do complicado Agra da Filgueira ante un Louro que chegaba con máis baixas que nunca. Así e todo os de Bibi arrincaron máis enchufados, tendo algunha ocasión. Pero foi o Muxía o que logrou meterse por diante con unha chegada por banda de Fran Moreira que cruzaría o nalón imposible para Iago.

Na segunda parte o Louro lograria o empate nunha contra ben trenzada, pero os muradáns sufriron coa lesión de Juan Lois e coas baixas, facendo que co paso do minutos o dominio muxián fose máior.

Monte Louro-Muxia-Foto-Edu Olveira

MÁIS CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios