Mércores. 24.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O San Lorenzo pega enriba da mesa

Juan Lois no oza-MOnte Louro-Foto-Edu Olveira
Diego Casais e Juan Lois no Oza-Monte Louro-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: O San Lorenzo pega enriba da mesa

Xornada máis que propicia para o San Lorenzo, que se acerca ao ascenso e a un importante título da Liga da Costa. A súa contundente vitoria ante o 4º clasificado, un Castriz que vén de máis a menos, e a derrota do Corme 8que leva vivindo un curso de ensoño) ante o Coristanco nun partido que rematou cunha desagradable tangana, permite aos de Dani Casal sumar 5 puntos máis que o cadro cormelán a falta de 6 xornadas por xogar.

A derrota cormelá válelle tamén ao Muxía, que se achega á só 2 puntos tras vencer ao Volantes. O Castriz, coa súa derrota, perde opcións para a promoción quedando a 7 xa do cadro muxián.

Por abaixo, volveu sumar o Oza (van 7 puntos en 3 partidos) que o manteñen a 3 do Corcubión e a 4 do Volantes. Estes 3 equipos, e máis o Cerqueda, miran en fite o descenso, pois é posible que haia 1 ou 2 arrastres da 1ª Galicia. De feito, a vitoria do Ponteceso no Hermanas Patiño ante as cámaras do LandRover permítelle aos de Pablo Mallóin dar un salto importante e deixar eses 4 postos de abaixo a 8 puntos de distancia.

Corme - Coristanco (2-3)

  • Corme: Quique, Jesús, Brais Pombo, Aitor, Borja Torrado, Hugo, Rubén, Eloy Villar, Brais Pailos, Isra e Alejo. Tamén; Adrián, Miguel, Noel e Gabri.
  • Coristanco: Diego, Samu, Villa, Pazos, Joni, Dani, R, Kevin, Mario, Rama e Casti. Tamén: Damián, Javi M., Belar e Corral.
  • Goles: 0-1, m.6: Rama tras un centro lateral de Villa.; 1-1, m.13: Jesús; 1-2, m.46: Mario; 1-3, m.80: Rama; 2-3, m.86: Alejo de penalti.

Partido condicionado polo aire, con moitos paróns e pouco xogo, no que o Corme, con moitas baixas, formulou moito xogo directo en busca de Alejo que caía unha e outra vez nas costas da defensa. Adiantábase o cadro de Juni moi pronto. O Corme colleu o mando, buscando o empate con mais corazón que cabeza e sería Jesús quen de facer o empate despois dun diro lonxano co axuda do forte vento.

Na segunda custáballe algo máis chegar ao Corme, e o Coristanco era quen de estar máis tempo en campo contrario. Mario adiantaba aos verdes nada mais comezar a segunda. Pediron penalti na xogada seguinte, por un posible agarrón de Quique a Rama, pero o colexiado non o viu. O partido estaba tenso, con xogadas feas nos dous conxuntos. Era o propio Rama o que facía o terceiro a 10 para o final, nunha xogada moi protestada polos locais por un posible fóra de xogo. Uns cormeláns que non se daban por vencidos, e pouco despois recurtarían dende os 11 metros. Quedaba pouco pero o Corme envorcou o campo e con máis corazón que cabeza buscou o empate ata o desagradable final.

Un final que chegou antes de tempo, despois dunha fea tangana, que acababa con Alejo expulsado (a semana que vén o equipo tampouco poderá contar con Lucas), e varios afeccionados irresponsables saltando ao campo para azuzar no canto de calmar as augas.

San Lorenzo - Castriz (3-0)

  • San Lorenzo: Benja, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Dani Cotelo, Mateo, Andy, Alex Taibo, Eloy Arantón e Iván Rojo.
  • Castriz: Juan, Samuel, Carlos, Adrián, Alex Mourelle, Martín Gemelo, Saúl, Sanxo, Iván Faval e Sebas. Tamén; David, Álvaro, Noli, Fran Calvo.
  • Goles: 1-0, m.12: Iván Rojo de penalti; 2-0, m.68: Iván Rojo de penalti; 3-0, m.80: Iván Rojo.

Vitoria, se cadra, demasiado abultada, do líder nun fermoso derbi. O campo provocou un choque tenso, igualado, sen grandes combinacións. O San Lorenzo, un equipo que morde o verde, gañaba todas as disputas, os segundos balóns… O gol dos locais estaba máis preto que os xalleiros, e así chegou o primeiro e puido caer algún máis durante os primeiros 45 minutos.

Na segunda estiráronse máis os de Miguel Chouza, que apretaron durante os primeiros 20 minutos rondando a meta local. Pero co segundo tanto, no segundo penalti sinalado a favor dos carballeses, o partido rompeuse, e o Castriz non puido manter o ritmo, chegando o terceiro de Iván Rojo.

O Castriz protestou a actuación do colexiado nos tres tantos, dous de penalti e outro tras un roubo con posible falta sobre Iván Facal.

Cee - Corcubión (2-2)

  • Cee: Maikel, Oreiro, Borja, Fraga, Jose, Patera, Isaac Fábregas, Rubén, Jose, Julio e Bruno. Tamén: Pablo, Carlos, Jon, Anxo.
  • Corcubión: Bruno, Antu, Nacho, Mario, Díaz, Goche, Martín, Rubio, Borja, César e Iago. Tamén: Tano, Rama.
  • Goles: 1-0, m.12: Bruno; 2-0, m.37: Patera; 2-1, m.42: Iago Lema; 2-2, m.68: Mario de penalti.

Había ganas de derbi e notouse no ambiente e na bancada. Empezou mellor plantado no partido o equipo local, ante un Corcubión moi xusto de efectivos. Os primeiros minutos foron de tanteo, con Isaac e Bruno os máis activos no equipo ceense. O equipo local poñeriase cunha vantaxe moi cómoda con dous goles calcados, centro lateral e remate de cabeza no segundo palo, o primeiro de Bruno e o segundo de Patera. O Corcubión recortaría diferenzas nun centro rematado por un incombustible Iago Lema, que malia ter toda a semana o nocello tocado, non quixo perder o derbi.
Aos locales anuláronlle un gol de Isaac moi protestado por fóra de xogo.

Tralo descanso os visitantes entraron mellor. Ó Cee parecía que se lle facía cara arriba físicamente o partido e os visitantes o aproveitaron. Mario faría o segundo de penalti por man nun centro lateral. Co empate, as mellores ocasións foron para o Corcubión

E no desconto chegou o alboroto. Pase atrás en xogada de ataque visitante, e Rama e derribado por un xogador local cando ía rematar. O árbitro asubía penalti, moi protestado polos visitantes e o árbitro expulsa a dous xogadores locais. Mario tira o penalti e o balón dá no pau e vai fóra. Na seguinte xogada de novo moitas protestas no equipo local, que ve como lle expulsan a dous xogadores máis e rematan o partido con 7, xa co tempo case cumplido.

O Corcubión presenta este martes ás 19:30 na Capela do Pilar de Corcubión a presentación da nova camiseta do cincuentenario.

Outes - Cerqueda (2-0)

  • Outes: Pouso, Jura, Clau, Chía, Martín, Caamaño, Babu, Stefan, Capeo, Yago e Roberto. Tamén: Nico, Mangelo, Veleiro e Aarón.
  • Cerqueda: Mario, Dani Riexía, Marcos Pensado, Adrián, Alexis, Lorenzo, Hugo, Sergio, Gustavo, Samuel. Tamén: Javi Souto, Miguel, Alex Méndez, Christian Velo, e Andrés.
  • Goles: 1-0, m.84: Capelo; 2-0, m.90: Capelo.

Ata a 6ª praza escala o Outes, empatado con todo un Castriz, ante un Cerqueda que buscou a vitoria dende o primeiro minuto. O partido empezaba tolo, con Lorenzo, Andrés e Palermo tendo as mellores ocasións. Tamén Stefan mandou un balón ao longueiro.

Na segunda Alexis tivo unha ocasión clarísima para os de Emilio Uzal, que pouco a pouco van perdendo folgos. Os de Miguel Ramos ían envorcando o partido ata que a 5 do final Capelo abre a lata. TIvo aínda o empate o cadro visitante pero o longueiro, e Pouso, repeliu unha falta. Xa co tempo cumplido, Capelo sentenciaba, deixando sen premio a un bo Cerqueda.

Camariñas - Ponteceso (1-2)

  • Camariñas: Jorge, Carlos, Moriño, Oli, Brais, Roi, David, Pablo, Mario, Saviola, Yuyo. Tamén: Fran, Manu, Soule e Djibril.
  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Juan, Hadrián, Mendieta, Alberto Recarey, Luca, Pedro, Ángel e Jose e Charro. Tamén: Álvaro, Eloy Trigo, David, Iván Rey.
  • Goles: 0-1, m.50: Charro nunha contra levada por Neyra; 0-2, m.55: Ángel; 1-2, m.90: Roi.
Partido da tele no Hermanas Patino
Unha das notas destacadas da xornada foi a visita do programa LandRober. Foto-Jose Campaña

Partido singular o vivido nun Hermanas Patiño que recibía a visita do programa da TVG LandRober. Teremos que agardar ata o xoves para ver como quedaron en cámara os entrevistados, pero a visita goi ben agradecida.

Rompeu a serie de malos resultados o Ponteceso ante un Camariñas que tivo ocasións de sobra para empatar, cando menos. Foi unha primeira metade vistosa, cunha ocasión de Luca nun córner que salvou cun paradón Pablo, pero na que tamén o meta pontecesán Damián tivo que salvar algunha apurada.

Saíron mellor os de Pablo Mallón no segundo tempo e neses primeiros 15 minutos (os únicos que foron mellores) conseguiron meterse con 0-2

Fixo Cabrejo un triple cambio no m.60 e a saída de Soule, Hugo e Djibril acabou de cambiar o partido por completo. Os locais envocaron o campo contra a meta visitante diante dun Ponteceso que se vía mermado polas lesións. E foi un acoso e derribo ata o final, pero os de Pablo Mallón conseguiron manterse a flote achicando auga como puideron. Marcou Roi xa case no 90, e no longo desconto aínda tiveron varias ocasións os camariñáns para conseguir un empate que nunca chegou.

Muxía - Volantes (5-2)

  • Goles: 0-1, m.1: Mamadou; 1-1, m.27: Iago Muíño; 2-1, m.44: Fran Moreira; 2-2, m..63: Miguel; 3-2, m.65: iago Muíño; 4-2, m.75: Fran Moreira; 5-2: 88: Fran Moreira.

Arrancou o partido con un golazo de Mamadou que adiantou o Volantes na primeira acción. Co vento a favor non eran capaces os locais de darlle ritmo o partido porque habia moitas interrupcións, ante un Volantes (non puiido estar Chicho por enfermidade) que aguantaba ben. Ata a media hora, que Iago Muiño conseguía. A piques do descanso cambiaría o partido: o Volantes quedaría con 10 pola vermella directa a Borja, e un minuto despois, Fran Moreira, que acababa de entrar pola lesión de Toja, fixo o 2-1.

Na segunda parte, o Volantes co vento a favor tratou de apretar alto e nunha acción embarullada lograron empatar con gol de Miguel. Pero tardou pouco en poñer de novo por diante Iago Muiño aos de Leis e Lobelos, que pouco a pouco foron sentenciando.

Muros - Cabana (2-1)

  • Muros: Xandre; Isma, Pelos, Iván Cerilla, Gesto, Quin; Xaco Alon; Varo; Xavi e Jesús da Meca. Tamén xogaron: Alex Majorra, Fran Chuvasco, Ángel e Dani Noya.
  • Cabana: Víctor (Manuel), Aarón, Sergio Ferreiro, Naka (David), Dani (Javi), Fernando (Miguel), Sergio Antelo, Moreno, Simón, Pablo (Castro), Manuel.
  • Goles: 1-0, m.20: Alon; 2-0, m.35: Alon; 2-1, m.65: Manuel.

Unha parte para cada un e vitoria local. A primeira parte moi cómoda para o Muros, que presionou moi arriba provocando impresións nos cabaneses e ocasións de todo tipo. Así se metía con dous tantos a favor por medio de Alon.

Cambiou o conto na segunda. Os de Jose Manuel metéronse de cheo no partido e achicaron na súa área aos de Porrúa. Recurtou Manuel e tivo que aparecer Xandre con varias paradas importantes, e mesmo un defensa baixo paus, para salvar os puntos.

Oza - Monte Louro (2-2)

  • Oza: Nacho, Casáis, Lavandeira, Alberto (Dani Iglesias), Iago Rodríguez, Alex Freire, Pace, Alex López, Nico, Edu (Dani Mato) e Iván Mato.
  • Monte Louro: Xacobo, Juan Lois, Manolo Chouza, Miguel Verán, Óscar Fari, Yeray, Pardelo, Raúl, Álvaro Fari, Xián e Íker. Tamén: Antón, Peski, Chano e Riki.
  • Goles: 1-0, m.23: Iván Mato; 1-1, m.31: Juan Lois; 2-1, m.78: Iván Mato; 2-2, m.87: Raúl.

Oza-Monte LOuro-Foto Eu

Terceiro partido puntuando para un Oza que a zsemana que vén se enfronta ao Cerqueda, no mellor momento da temporada. E puido sumar 3 puntos o cadro carballés no choque nocturno disputado no Carral de non ser polo gol sobre o pitido final de Raúl.

O cadro de Míchel adiantouse ata en dúas ocasións pero os de Bibi souberon esperar o seu momento para cazar un puntiño máis que os permite manterse en zona cómoda.

MÁIS CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios