Mércores. 24.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Partidazos da Liga da Costa mentres escapa o San Lorenzo

Plantel do Ponteceso 2022-23
Plantel do San Lorenzo 2022-23
2ª Galicia: Partidazos da Liga da Costa mentres escapa o San Lorenzo

Menudos partidazos se viviron nas Eiroas, na Rocheira, en San Pedro ou nas Redondas. 4 empates, con moitos goles, que demostran o fermosa que está este curso a Liga da Costa.

Non fallou o San Lorenzo en Muros ante un Volantes que segue moi tocado, pero que competiu ben. Saca xa 4 puntos o cadro de Dani Casal ao Corme, inmediato perseguidor. Outes, Cee, Castriz e Muxía, equipos que só sumaban un puntiño neses partidazos dos que falamos, quedan un paso atrás, pero aínda con todas as opcións abertas.

Na táboa de goleadores segue Isaac Fábregas (Cee) no máis alto, con 1o tantos, polos 9 xa de Djibril (Camariñas) ou os 8 de Sebas (Castriz). Por detrás, con 7, Iván Rojo (San Lorenzo), Mario (Coristanco) e Xián (Monte Louro).

banner alvaro fdc 580x90

 

Coristanco - Muxía (2-2)

  • Coristanco: Rubén, Samu, Villa, Sergio, Hugo, Joni, Dani, Mario, R, Kevin, Casti. Tamén: Javi Martínez, Javi Bermúdez e Pazos.
  • Muxía: Joselu, Michael Vilela, Maikel Mouzo, Gusa, Congui, Adrián Alcaina, Álex Martínez, Mauro Romani, Xan Nogueira, Fran Moreira, Manu Nogueira. Tamén: Domingo, Rui, Eloy, Vilela e Darío.
  • Goles: 1-0, m.35: Casti; 1-1, m.65: Alex Martínez nunha transición rápida; 1-2, m.69: Fran Moreira; 2-2, m.90: Mario nun córner.

Coristanco-Muxia da Liga da Costa

Gran primeira metade do cadro coristanqués ante un cadro muxián que protagonizou os peores 45 minutos do curso. Avisaba Casti cun balón á madeira tras regatear ao porteiro. A partir de aí igualouse a cousa e non había demasiadas ocasións, ata que de novo Casti se impoñía á defensa de Muxía en velocidade e no man a man agora si era capaz de poñer o 1-0.

Non se repuxo o Muxía do dominio local ata ben entrada a segunda metade, que comezaba a apretar máis arriba, e máis ordeados, xuntos e intensos ía metendo ao Coristanco no seu campo. Empataron e se colocaron rápido por diante en apenas 5 minutos con dous tantos consecutivos.
Puido sentenciar con dous mans a mans de Fran Moreira, pero o Coristanco volveu meterse arriba e cando xa cantaban vitoria os muxiáns, na última xogada do partido, un córner sacado por Dani era cabeceado por Mario ao segundo pau. Poñendo o 2-2 definitivo que non contentou a ninguén polas alternativas no marcador.

 

Coristanco-Muxia

Corcubión- Muros (0-1)

  • Corcubión: Bruno, Eli, Pablo, Joaquín, Álex, Iago, Tano, Borja, Lu, César e Adri. Tamén: Mario, Rama, Nacho e Eva.
  • Muros: Xandre; Isma, Iván Cerilla, Pelos, Kin; Xaco, Gesto; Varo; Alon, Xavi e Jesús. Tamén xogaron: Flavio, Pugil, Pirri e Fran.
  • Gol: 0-1, m.10: Xaco remata dende a frontal un pase atrás de Xavi.

Corcubion-Muros

Partido moi trabado, con moito balón en longo e moi pouco xogo por parte dos dous conxuntos. Os locais empezaron dormidos e pagárono, xa que nunha xogada de Xaco por banda, cedía atrás para que Xaco, a pracer, mandara ao fondo da rede. Tivo boas ocasións aí o Muros para sentenciar, pero tamén Xandre tivo que salvar unha chegada de César.

Adiantou filas o Corcubión na segunda, pero a defensa muradá estaba moi firme con eses balóns longos propostos polos de Nito, sacando mesmo algunha contra, como dous balóns ao longueiro nunha chilena de Iván e nun rito de Xavi. A expulsión de Gesto deixaba ao cadro muradán con 10, pero o Corcubión non tiña o día.

 

Volantes - San Lorenzo (1-2)

  • Volantes: Álex de Yi, Alex Figueiras, David, Isma Mayo, Santi, Álex Fdez. Iago, Martín, Rodri Creo, Pablo Martínez e Kevin. Tamén: Borja, Pesco, Rubén e Manu de Yi.
  • San Lorenzo: Puyol, Fidi, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Padín, Dani Cotelo, David, Alex Taibo, Iván Rojo e Eloy Arantón. Tamén: Diego, Jonathan, Lucas, Carlos, Alberto.
  • Goles: 0-1, m.10: Iván Rojo; 0-2, m.27: Padín; 1-2, m.80: Pesco.

Partido igualado, si dominado polo San Lorenzo na primeira parte a través do control se balón e a posesión que fai que se fosen ao descanso cun claro 0-2, se ben os locais protestaron que o segundo puido ser en fóra de xogo.
Subía liñas na segunda o cadro laranxa, meténdose no partido cun golazo de Pesco dende 30 metros tras unha recuperación. Intentouno o Volantes, apretando moito, pero a defensa dos de Dani Casal segue moi firme, como o corroboran a cifra de só 10 goles encaixados.

 

Oza - Corme (3-3)

  • Oza: Brais; Vilariño (Carlos), Alex Bilounga, Alberto, Alex Freire, Dani Mato, Dani Iglesias, Nicolás, Iván, Nacho e Fran.
  • Corme: Quique, Brais Pombo, Aitor, Laik, Samuel, Hugo, Gabri, Eloy Villar, Isra, Lucas, e Manu Bermúdez. Tamén: Adrián, Miguel, Martín, Pailos e Yago.
  • Goles: 0-1, m.4: Miguel; 0-2, m.40: Samu Costa; 0-3, m.52: Hugo de tiro dende a frontal; 1-3, m.53: Fran; 2-3, m.60: Fran; 3-3, m.85: Nacho.

Menudo partido o vivido nas Eiroas, entretido ata o final e mesmo con polémica. Comezaba o choque xa co gol de Miguel no primeiro balón que tocaba facendo a do “máis listo da clase”, tras saír un minuto antes pola lesión tempraneira de Eloy Villar. Seguía o partido igualado, pero o Corme estaba algo máis cómodo, levando o peso do partido. Ao fío do descanso Samu Costa faría o segundo e nada máis comezar a segunda chegaba o terceiro.

Parecía que acababa o partido, pero nada máis lonxe da realidade. O cadro carballés fixo unha extraordinaria segunda metade, e aproveitaron a relaxación dos novos cormeláns para meterse no partido. Recurtaron xa na seguinte xogada do terceiro gol, e aos 5 minutos Fran facía o seu segundo deixando o choque de novo moi aberto.
Non deron reaccionado o visitantes, e mesmo Quique tivo que parar un penalti. Outra lesión, de Samuel no pómulo, obrigou a facer novos cambios, ante un rival que seguía empurrando e empurrando, ata que faltando 5 minutos conseguía empatar nunha falta lateral.

Aínda quedaba a xogada máis tensa do partido. Nunha xogada que vai o balón alto, o meta cormelán rexeita (o cadro cormelán asegura que o balón xa saír por riba do longueiro) e quédalle para un xogador verde marque a pracer. O colexiado dá gol, pero ante as protestas cormelás rectitica e sinala córner… e despois saque de porta, deixando o empate final no marcador.

 

Monte Louro - Cee (1-0)

  • Monte Louro: Alberte, Antón, Miguel Vdrán, Manolo Chouza, Juan Lois; Abel Rey, Pardelo, Xián; Íker, Riki e Álvaro Faro. Tamén xogaron: Abel, Benji, David, Peski e Óscar Fari.
  • Cee: Ricardo, Colombia, Isma, Juan Oreiro, Rubén, Jon, Adrián Canosa, Gabri Pazos, Cote, Eze e Bruno. Tamén: Maikel, Leo, Borja, Carlos Trinidad, Santos.
  • Gol: 1-0, m.38: Álvaro Fari de tiro raso dende a frontal.

Monte Louro-Cee-Foto-Edu Olveira

Importante vitoria do cadro de Bibi ante un gran Cee que viña de 6 partidos sen coñecer a derrota. Foi iun partido de brega, moi igualado, sen grandes ocasións. Na primeira metade non houbo dominador claro, pero os rapaces locais estaban como motos, cun Álvaro Fari foi un incordio por banda, con rapidez, sacando bos centros e mesmo marcando o único gol do partido.

Na segunda saíu o Cee estaba algo noqueado, e Íker e Xián tiveron o segundo. Pero pouco a pouco foise metendo no partido coa batuta de Eze e Cote. Empurraba o Cee e parecía que emàte podería chegar pero a expulsión de Bruno mermou o seu potencial ofensivo.

Alvaro Fari no Monte Louro_Foto-Edu Olveira
Alvaro Fari celebrando o tanto. Foto-Edu Olveira
 

Cabana - Camariñas (3-3)

  • Cabana: Víctor, Aarón, Raúl (Ismael), Duda, Rubén (Miguel), Fernando (Sergio Antelo), Diego Cacha, Moreno, Castro, Manuel, Raúl Corzon (Simón).
  • Camariñas: Pablo, Brais (Roi), Carlos (Yuyo), Oliver, Pablo Suárez, Hugo (Soule), Moriño, David (Saviola), Víctor, Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.44: Oliver aproveita un rexeite de Víctor a unha falta; 1-1, m.48: Manuel de penalti; 1-2, m.56: Víctor a centro de Mario; 2-2, m.73: Aarón; 2-3, m.76: Víctor; 3-3, m.90: Sergio Antelo.

Partidazo nas Eiroas, con tantas imprecisións como alternativas no marcador. Chegouse a meter tres veces por diante o equipo camariñán, pero o Cabana respondeu unha e outra vez. Xogou mellor o primeiro tempo o Camariñas, pero era un dominio con poucas ocasións, e só se adiantaba ao fío do descanso.

Rompeuse o choque na segunda, xa dende o comezo, e empataba Manuel nun penalti protestado polos visitantes que pediron fóra da área (e que debería ter sido cartón vermello). Pero o Camariñas non se veu abaixo e pouco despois se metía de novo por diante nunha boa xogada de Hugo que abre a banda a Mario que pon un bo centro para que marque Víctor.
Pero a expulsión de Mario (sacoulle vermella directa por dicirlle “que listo eres” tras sufrir unha falta e sacarlle só cartón amarelo ao defensa) permitía ao cabana dar un paso máis. O Cabana volvía a empatar logo de varios rexeites (non deu atrapado o balón Pablo) por medio de Aarón.

O choque estaba tolo e na outra área Víctor colocaba de novo aos camariñáns un gol arriba, despois de que colexiado anulase un dubidoso fóra de xogo. Pero as chegadas ás áreas seguían sendo constantes e Sergio Antelo, xa co tempo cumplido pon o 3-3 definitivo o rematar tamen despois de varios rexeites.

 

Castriz - Outes (2-2)

  • Castriz: David, Carlos, Adrián, Joser, Anxo, Saúl, Alex, Iván Facal, Pastor, Braulio e Sebas. Tamén: Cornes, Álvaro, Samuel e Alberto Mata.
  • Outes: Álex, Jura, Kevin (Aleandro), Leo, Cutu (Chía); Las, Martín, Capelo (Veleiro), Mario (Caamaño); Yago Dosil (Santi) e Joao.
  • Goles: 1-0, m.33: Adrián tras un centro de Facal; 1-1, 55: Leo; 2-1, m.82: Sebas tras un córner en corto de Álex Forján; 2-2, m.80: Jura.

Intenso partido en San Pedro entre dous dos de arriba, no que se lle volveron escapar dous puntos aos de Miguel Chouza, que considera que foron superiores, sobre todo na primeira, que foi de claro cor rossonero, mantendo todo o rato no balón en campo contrario, ante un Outes que non conseguía tapar o bo xogo entre liñas dos xalleiros. Marcou Adrián pero algún tanto máis poderían ter caído.

Meteulle unha marcha máis o cadro da Serra na segunda, chegando con claridade nun par de ocasións e conseguían empatar por medio de Leo. Eran grandes momentos dos visitantes, pero o Castriz foise quitando o dominio pouco a pouco, e Sebas volvía metelos por diante. Estaba máis cerca o 3-1 nese treito final, pero o cadro de Miguel Ramos sacou de afouteza, e nunha boa xogada común, primeiro mandou o balón ao longueiro, despois sacou un pase en banda e Jura conseguía un empate que sabe mellor na Serra que en Castriz.
Como detalle, o Outes só levaba 2 tantos en contra no que vai de competición, e o Outes, que lle fixo outros dous, non conseguñiu levar os 3 puntos.

 

Cerqueda - Ponteceso (2-1)

  • Cerqueda: Senén, Marcos, Dani Reixía, Gustavo, Lorenzo, Michi, Adrián, Hugo, Samuel, Cristian Fdez., Álex. Tamén: Mario, Adrián, Julián, Cristian Velo, Nacho.
  • Ponteceso: Damián, Jesús Cotelo, Eloy Trigo, Luis, Luca, Moscoso, Eloy Álvarez, Mendieta, Martín Puente, Charro e Jose. Tamén: Álvaro, Juan Rey, Eloy Santos, Ángel e Pedro.
  • Goles: 1-0, m.4: Michi de penalti; 1-1, m.19: Eloy Álvarez; 2-1, m.61: Michi.

Duelo na zona baixa entre dous equipos que non esperaban estar aí a estas alturas da temporada. Quedaron os puntos en Xaviña, tras un choque moi competido. Iniciou o Cerqueda adiantándose no minuto 5 grazas a un penalti sobre Michi que el mismo transformaría. O Ponteceso espertou e conseguiu a igualada tras a un bo disparo desde a frontal dende Eloy Álvarez. De aí o descanso o equipo de Pablo Mallón quería xerar perigo e o Cerqueda de Jorge Guillamet só podía defenderse.

No inicio da segundo, o árbitro pitou un penalti a favor dos visitantes que Mario detería para que o Cerqueda mantivese o empate, e pouco despois Michi volvería pór por diante aos locais grazas a un mal entendido entre a defensa e o porteiro visitantes. No minuto 65 quedaría con 10 o Cerqueda pola expulsión do lateral Marcos Pensado, e a partir de aí o Ponteceso envorcouse para lograr o empate que non chegou grazas ao traballo colectivo e a gran actuación defensiva dos locais.

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios