martes. 10.06.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: Tres equipos invictos

11 do Volantes en Muxia
11 do Volantes en Muxia
3ª FUTGAL: Tres equipos invictos

Parece que Volantes e Malpica parecen decididos a pelexar polo ascenso directo, se ben o Sofán B tamén demostrou, nun derbi bronco ante o Oza, que vai estar aí, e segue a ser o terceiro equipo que aínda non coñece a derrota.

No segundo grupo se sitúan Zas e Cerqueda, que vencían os seus choques. Boa imaxe tamén do Buño.

Muxía B - Volantes (1-7)

  • Muxía B: Ángel, Damián, Baamil, Mateo, Furelos, Noé, Antonio, Ismael, Eloy Sambad, Martín, Fabián. Tamén: Alex, Brais Santiago e Brais Rod.
  • Volantes: Alberte, David Carballo, Antonio Rama, Dani, Teijo, Pola, Isma, Rama. Manu de Yi, Borja e Raúl Lestón. Tamén: Alex de Yi.
  • Goles: 0-1, m.3: Borja; 0-2, m.14: Manu de Yi; 0-3, m.20: Manu de Yi, 1-3, m.50: Antonio; 1-4, m.53: Raúl; 1-5, m.61: Borja; 1-6, m.71: Raúl; 1-7, m.87: Raúl.

Con 12 xogadores chegaba os de Sil e Gus a Arliña, pero saían con moita forza, con bloque alto presionando moi arriba e collían durmidos aos de Isidro, colocándose cun claro 0-3 en 20 minutos con sendas recuperacións e transicións rápidas. Ao comezo da segunda, con algo menos de ritmo, recurtaban os locis, pero o cuarto de Raúl dende lonxe xa sentenciou o choque, completando a goleada en contras, antes un Muxía, que pesar da goleada, non deu, para nada, mala imaxe.

Sofán B - Oza (3-2)

  • Sofán B: Mario, Samuel, Marcial, Iván, Dani Calvete, Nacho Moreno, Breo, Nachete, Ismael, Saydou e Adrián Vázquez. Tamén: Diego Rama, Íker, Christian, David, Borja Viaño.
  • Oza: Samuel, Alex Moreno, Alberto, Nacho, Kuki (Alberto Mato), Archi (Aaron Caamaño), Crespo, Salah, Puñal, Alexis Rodríguez (Christian Gabin) e Abib.
  • Goles: 1-0, m.44: Dani Calvete cun gol dende fóra da área; 2-0, m.45: Saydou remata por banda; 3-0, m.58: Isma; 3-1, m.73: Abib; 3-2, m.92: Alex Moreno.

Derbi bronco no Carral, e xa empezaba con leas, e tanganas dende o principio, mesmo cun par de expulsados dende o banco visiante por protestar, e un par de bronca entre adestradores para controlar actitudes bruscas ou celebracións pouco afortunadas.

No campo, o filial dominaba pero Kuki fallaba nun penalti para os visitantes. Si que ao final da primeira metade dous tantos metían en vantaxe aos de Barca.
Comezou a segunda cun Sofán B cunha marcha áis, facendoo terceiro, pero o partido volveríase tolo no treito final, colocándose os de Míchel 3-2 no desconto a facendo sufrir os últimos segundos ao filial.

Inter de Brens - Buño (1-3)

  • Inter de Brens: Ema, Diego, Christian, Brais Canosa, Regueira, Leo, Juan Lagoa, Alex Castro, Adrián Torices, Cristian Canosa, Adrián Pasantes. Tamén: Costa, Miguel Papin, Marcos Vieites, Santi Agulleiro e Fabián.
  • Buño: Piña, Pablo Lema, Alan, Hugo, Mallo, Fran, Andrés, Edu Souto, Brais Fraga, Javi Facal, Martín. Tamén: Fran Souto, Simóin, Eloy Santos, Elías Suárez e Jose Castro.
  • Goles: 0-1 m.24: Jaci Facal nun córner; 0-2, m.43: Fran; 0-3, m.51: Brais Fraga nun córner; 1-3, m.90: Brais Canosa.

Moi bo partido do Buño que someteu ao Inter no seu campo sobre todo no primeiro tempo, no que os de Lilo tiveorn moitas ocasións, e aproveitaron varias xogadas de estratexia para colocarse 0-2. Aínda tiveron Andrés e Brais un par de xogadas para ampliar o marcador.

Intentou reaccionar na segunda o cadro ceense, pero o Buño dominaba máis o balón, tendo un par de Elou Santos ao poste, unha de Elías e unha de Brais Fraga, que ampliaba a renda. No treito final Brais Canosa facía o da honra.

Camelle - Zas (1-3)

  • Camelle: David C; Paulo (Hucho), Dido, Raiku (Rus), Chans; Estiben, David V, Fabián (Kampi), Sandro, Pastelero e Lucas.
11 do Zas no Rodeiro-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas no Rodeiro-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Guille, Eloy Moreira, Adri Rama, Pablo Fuentes, Redondo, Alvaro, Juan Touriñán, Fran, Estefan, Darío e Raúl Corzón. Tamén: Pereiras, Anxo, Mauro, Marcos e Adri.
  • Goles: 1-0, m.22: Lucas de vaselina; 1-1, m.44: Redondo; 1-2, m.67: Raúl Corzón de penalti; 1-3, m.98: Mauro.
Camelle-Zas no Rodeiro-Foto-Noe Tourinan 2
Camelle-Zas no Rodeiro-Foto-Noe Touriñán

Saía coma un vendaval o Zas, con innumerables ocasións, as máis claras de Juan e Raúl, que eran desbaratadas pola defensa local pero sobre todo com grandes paradas do porteiro David Caamaño. Co paso do tempo, o Camelle axustou o seu xogo, recuperando rápido o balón e buscando constantemente a Lucas e Sandro, que creaban perigo ás costas da nosa defensa. Nunha desas xogadas, Lucas abriu o marcador tras un man a man con Guille e estivo a punto de aumentar a vantaxe nunha segunda ocasión que Guille conseguiu deter. Xa preto do descanso, nun balón parado e tras un revolto na área, Redondo foi o máis rápido nos rexeites e conseguiu o empate, co que sei foi ao vestiario.

Na segunda metade, o Zas volveu saír moi forte en busca do segundo gol, que chegou tras un penalti cometido sobre Raúl, quen se encargou de transformalo e poñer o 1-2 no marcador. Despois dese gol, o Zas pechou filas defensivamente, e o Camelle, que pedía tamén un penalti na área zaseira, o intentaba pero conseguía trenzar. Así e todo, Lucas estivo a piques de empatar cun tiro lonxano que bateu no pau, antes de que o xuvenil Mauro, que entrou moi enchufado no partido, marcase o terceiro antes de avisar cun fermoso tiro.

Camelle-Zas no Rodeiro-Foto-Noe Tourinan
Imaxe do Camelle-Zas no Rodeiro-Foto-Noe Touriñán

Baíñas - Pereiriña (1-2)

11 do Bainas enVimianzo-Foto-CD

  • Baíñas: Joel; Pablo (Gustavo), Rodri, Manu, Raúl Santi Baio, Dylan, Aníbal (Leo), Marcos, Chavico (Edu); e Ruly (Pedro).
  • Pereiriña: Maikel, Adri Ozón, Diego Oca, Estebo, Gabri, Brais Lagoa, Carlos Leis, Antón Lestón, Juan oVello, Pablo Trillo e Martín, Tamén: Tito, Miguel, Isma Graiño, Iván Sambad e Abel.
  • Goles: 0-1, m.55: Brais Lagoa; 1-1, m.60: Manu; 1-2, m.80: Tito.

Partido intenso, disputado e igualado, cunha primeira metade de control visitante pero sen ocasións. Si que tiña que salvar Joel un lanzamento de Brais, mentres Maikel dominaba os centros laterais dos vimianceses sen moitos problemas.

Na segunda, sairían durmidos os locais e nun erro na saída do balón adiántase o equipo de Joaquín Quintáns. Pouco despois Manu faría o empate co golazo da xornada, unha falta pola escuadra.

Quedaba media hora, e o Pereiriña foi a máis, e tirou de galóns e veteranía dos Miguel, Juan oVello e Carlos Leis, que volvía aos terreos de fútbol para dar conta da súa calidade. Xa contra o final, logo dunha gran xogada de Martin por banda, Tito ramataría na área pequena conseguindo o 1-2 definitivo. Aínda tivo arrestos o Baíñas para virse arriba e chegar á área rival, pero sen poder mover o marcador.

A nota negativa seria a lesión do porteiro ceense Maikel logo dun choque cun xogador rival. que tería que retirarse por atoparse mareado e tería que ser trasladado o hospital de Cee, nun choque moi ben coordinado por Marcos Ordóñez.

At Pereirina celebrando a vitoria
O Pereiriña celebrando a vitoria

Malpica - Nantón (2-0)

11 do Malpica en Pedra Queimada
11 do Malpica en Pedra Queimada apoiando a loita contra o cancro
  • Malpica: Joel, Mario, Luisma, Jorge Parga, Pablo, Diego García, Eloy VIlas, Cristian, Aday, Chicha, e Charro. Tamén: Senén, Anxo, Miguel, Fran e Eloy Suárez.
  • Nantón: Álvaro, Mikel, Muíño, Miguel Lois, Fariña, Xoel, Dany Añón, Nando, Iago Torres, Juio e Josué. Tamén: David, Dani Castro, Carlos Vidal, Antnio e Juan.
  • Goles: 1-0, m.41: Diego García a un córner de Charro; 2-0 m.65: Diego García nun córner.

Vitoria firme do Malpica, que saía moi enchufado e dominando con ocasiónns moi claras nos primeiros tramos, que ata Luis mandou un balón ao travesaño. Non eran quen os cabaneses de aguantar o ritmo dos de David Baña, que seguían empurrando pero sen acerto ata que ao borde do descanso un corner sacado por Charro rematou Diego Garcia e anotou o primeiro para o cadro local.

Comezaba a segundo tempo cas mesmas circunstancias, o Malpica dominando seguido e facendo un auténtico partido. Seguía o encontro e repetiose o mesmo gol que na primeira parte, un centro de Charro dente o banderin de corner que volveu a rematar Diego Garcia entre os 3 paus para poñer o segundo no marcador. O encontro chegaba ao fin co mesmo ritmo, un moi bo partido do Malpica de David Baña no que o resultado se quedou bastante corto.

Cerqueda - Seaia (2-0)

11 do Cerqueda co Rosa polo dia do Cancro
11 do Cerqueda apoiando o Día do Cancro
  • Cerqueda: Mateo, Adri, Andy, Andi Rey, Marcos Pensado, Jesús, Hugo, Alex, Palermo, Iván Mato e Suso. Tamén: Hugo, Christian Velo, Bras, Carlos e Víctor.
  • Seaia: Anxo, David, Marcos, Kevin, Antonio, Manu Castro, Diego, Raúl, Martín, Alejando e Alex Mato. Tamén: Lamas, Brais, Ivan, Pablo e Alejandro García.
  • Goles: 1-0, m.11: Palermo; 2-0, m.65: Iván de vaselina dende lonxe tras unha saída do meta visitante.

Dominou a primeira metade o Cerqueda, facendo bo fútbol por momentos, mantendo o control do balón con longas posesións e tendo paciencia para achegarse coas mellores ocasións. Pero só unha de Palermo, outra vez, acababa dentro da rede.

Na segunda estirouse máis o Seaia, e chegou a área local, pero nun erro de entendemento Iván caza un balón dende 30 metros e a cola por riba co porteiro adiantado.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis info

Comentarios