Martes. 05.11.2024
El tiempo

3ª Galicia: 11 equipos aínda con opcións

Castrelo-Zas-Foto-Noe Tourinan
Imaxe do Castrelo-Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: 11 equipos aínda con opcións

Fermosas están cando quedan 10 xornadas para o remate, as loitas polo ascenso directo e pola promoción. O Porteño sacou un punto in extremis en Pedra Queimada e mantén a súa condición de único equipo invicto do Fútbol da Costa, ante un Seaia moi mellorado, que aínda se pode enchufar á loita pola promoción.
Os de Cousillas aínda teñen 7 puntos de vantaxe sobre un Baíñas que sufríu en Fontiñas e só sacou un empatiño. Achégase nesa loita pola segunda praza de ascenso directo o Buño, que tamén sufriu o seu para sacar os 3 puntos ante un bo Pereiriña, o equipo que marca o pase á promoción.
Unha promoción para que os Zas parece ter un dos billetes, igual que un Camelle que conseguía unha vitoria clave ante o Lira. Queda agora o Lira fóra, un punto por debaixo dos ceenses, con Laxe, Xallas, Castrelo e o propio Seaia aínda con opcións.

 

Laxe - Malpica (0-0)

  • Laxe: Jacobo, Mikel, Pombo, Jacinto, Pablo, Gora, Camafreita, Miguel Torres, Jorge, Santi Casás e Sergio. Tasmén: Rubén, Fran e Felipiño.
  • Malpica: Lamas, Jorge Groufo, Fran, Eloy Vilas, Lou, Aitor, Jorge Parga, Baye, Simón, Arcay e Nando Cabeza. Tamén: Nieto.

Pouca historia nun choque de ritmo baixo, moi marcado polo cun cadro local que levaba o control, pero sen profundidade. Apenas unha ocasión por medio de Miguel Torres na primeira e outra na segunda por medio de Gora. Moito mediocampismo.

En fronte, o cadro malpicán, máis compacto tralo parón de Nadal, e facendo algunha ocasión como na primeira metade nun saque de banda de Lou que Jorge Parga marra diante do porteiro, ou unha de Baye á reviravolta na segunda metade. A máis clara, se cadra, a 5 do final cando Baye fai unha boa internada por banda pero erra no último pase.

 

Castrelo - Zas (1-1)

11 do Zas en Vimianzo
11 do Zas en Vimianzo. Foto: Noe
  • Castrelo: Martín; Oli, Canoas, Estebo, Peke, Chans, Quilmes, David (Miguel, m.85), Picallo (Pereira, m.65), Guillin (Cachi, m.70) e Rubén (Xabi, m.75).
  • Zas: Pereiras; Pablo Pardiñas, Marcos, Darío, Manu, Adrián, Anxo, Andrés, Dani Mato, Brais e Iván.
  • Goles: 1-0, m.65: Guillín; 1-1, m.80: Álvaro Fariña.

Partido tamén marcado polo vento, cun Zas que non aproveitou o vento a favor na primeira metade ante un Castrelo moi ben replegado, sen permitir ocasións claras e buscando algunha contra.

Xa na segunda, o Castrelo co vento a favor estirouse algo máis, tendo algunha chegada como o gol de Guillín no ecuador. Tivo algunha para sentenciar o cadro de Ordóñez pero o Zas de Martín foise estirando de novo, tomando o mando e buscando o gol do empate que chegaría a 10 do final por medio de Álvaro.

Castrelo-Zas-Foto-Noe Tourinan 1
Foto-Noe Touriñán

Nantón - Baíñas (2-2)

  • Nantón: Guille, Fran, Xoel, Micael, Maerín, Tato, Márquez, Pastor, Roi Fachal, Iván Moreira e Alberto Fuentes. Tamén: Carlos Vidal, Dani Bardanca, Cristian Canosa, David Fariña e Javi Muíño.
  • Baíñas: Joel, Carlos, Borja, Maikol, Raúl, Aníbal, Hermida, Esteban, Oreiro, Kevin e Ruli. Tamén xogaron: Cristian, Chipi, Adrián e Chavico.
  • Goles: 1-0, m.19: Pastor; 1-1, m.31: Ruli; 2-1, m.47: Pastor; 2-2, m.60: Chipi de penalti.

Partido moi igualado, con moito xogo en longo, no que o cadro local se adiantaba cun bo tanto de Pastor que empala o balón desde o borde da área e deixa pasar Tato. Pouco despois, Raúl caza un mal despexe da defensa local para mandar unha vaselina coa cabeza que se cola na meta de Guille.
Antes do descanso houbo unha ocasión por bando, un man a man de Aníbal e unha de Iván Moreira que repelíu o pau.

Na segunda non mellorou o xogo nin houbo boas ocasións, cun Baíñas que non se daba adaptado ao céspede de Fontiñas. Adiantábase o cadro local moi pronto cun centro de Pastor que remata un defensa en propia. O empate chegaría tras unhas mans da barreira nunha falta que Chipi transformaría dende os 11 metros. A última media hora, para esquecer.

 

Camelle - Lira (4-1)

  • Camelle: Roi, David Vázquez, Dido, Quintelo, Martín, Piquero (Chori), Sergio (Ruso), Estiven, Crejo (Mariño), Gabi (Mario) e Marcotiño (Makareno).
  • Lira: Raúl, Cartamil, Golpes, Raul, Isaac, Cristian, Ángel, Lucas, Saúl Lira, Pablo, Rubén. Tamén: Alexis, Ramón, Santi e Saúl Lariño.
  • Goles: 1-0, m.8: Dido nun córner; 2-0, m.15: Estiven de penalti; 3-0, m.43: Crejo; 3-1, m.70: Golpes; 4-1, m.75: Sergio.

Non se adaptou en ningún momento o cadro de Sil ao céspede do Rodeiro, que ao cuarto de hora xa miraba o marcador por debaixo tras dous goles, un de córner e outro de penalti provocado tamén á saída doutro saque de esquina.
Non se descompuxo o Lira que tivo dúas opcións moi claras de recortar antes do descanso nun cabezazo de Cristian e nun man a man de Pablo ao poste. Pero o que caería antes do descanso sería o terceiro, tras un tiro dende fóra da área de Crejo.

A segunda foi un trámite pois o Lira non se meteu no choque, nin co 3-1, pois o cadro de Sergio sentenciou de seguido.

 

Buño - Pereiriña (2-1)

  • Buño: Xurxo, Sergio, Jesús, Breo Rey, Fran, Luismi, Elías, Eloy Suárez, Eloy Santos, Sergio Bastón e Adrián Pose. Tamén: Miguel Dourado, Omar, Elías Suárez, Mateo e Brais Ceán.
  • Pereiriña: Ézara, Grille, Soneira, Esteban, Fabián, Martín, Brais Lagoa, Borja, Carlos Leis e Rubén Yayá. Tamén; Tito, Isma Graíño, Diego Oca, Jose Suárez e Rodri Santamaría.
  • Goles: 0-1, m.39: Martín nun córner; 1-1, m.44: Eloy coa axuda dun defensa; 2-1, m.89: Sergio Bastón de falta coa axuda da barreira.

Partido igualado, con alternativas no xogo entre dous equipos moi parellos. Tras unha primeira metade sen grandes ocasións, máis que unha de Rubén Yayá que fai lucirse a Xurxo, e unha falta de Bastón que bate no longueiro, Martín abría o marcador para os de Emilio Corzón tras un córner. Pero antes do descanso, unha contra Eloy regatea o defensa e no golpeo o porteiro do Pereiriña termina metendo o balón dentro da portería.

Na segunda saíron mellor os visitantes, pero o cadro oleiro non permitía chegadas claras. Si que tivo Tito un par de man a man que salvou Xurxo, ata que preto do final, Bastón de falta marcaría o 2-1 nunha falta na que tivo a axuda da defensa.

 

Ameixenda - Xallas B (0-4)

11 do Ameixenda na casa
11 de circunstancias do Ameixenda
  • Ameixenda: Costa, Evaristo, Bichinho, Chapu (Rivers, m.46), Pablo, Lagoa, Dani, Chucho, Fabián, Torices e Damián (Pikita, m.46).
  • Xallas B: Marcos, García, Becerra; Chinda, Luís; Jota, Stiven, Couto; Forján e Kevin. Tamén: Rabelo, Julián, Doriño, Ángel e Balsa.
  • Goles: 0-1, m.43: 0-2, m.44: Luís; 0-3, m.69: Adrián Forján a centro de Doriño; 0-4, m.89: Balsa a centro de Rabelo, tras unha boa triangulación entre Stiven, Doriño e Julián.
Ameixenda e Xallas B cun colexiado herculino
Capis do Ameixenda e Xallas B cun colexiado herculino

Tarde complicada para o Ameixenda xa que debido ás numerosas ausencias tivo que afrontar o partido con Chapu e Bichinho con molestias (de feito Chapu foi cambiado no descanso). Damián retirouse cunha forte escordadura de nocello e Rivers, substituto de Chapu, tivo unha rotura de cuádriceps polo que o Ameixenda xogou os últimos quince minutos cun xogador menos ao non dispoñer de mais cambios, e un xogador de campo baixo paus…

Así que o Xallas foi protagonsta co balón se ben o Ameixenda aguantaba as embestidas durante os primeiros 43 minutos, ata que o veterano Jota empalma unha boa volea a centro de Chinda. Un minuto despois facía o segundo nunha contra Luís e o partido remataba, deixando unha segunda de trámite.

 

Seaia - Porteño (2-2)

  • Seaia: Anxo, Anxo, Iván Rod, Jose Suárez, Pablo García, Martín Costa, Martín Souto, Luisma, Manu Garrido, Camiño e Juni. Tamén: Añón, JOel, David Muíño, Raúl Reigía e Alex Mato.
  • Porteño: José, Vicente (Marcos, m.70), Rodri, Yeray, Manoliño, Ángel, Juan, Nico (Joseba, m.40) Alan, Lucas, Carrabete-
  • Goles: 1-0, m.40: Camilo de vaselina; 2-0, m.43: Camilo despois dunha xogada entre Mara e Juni; 2-1, m.48: Lucas de falta directa; 2-2, m.105: Juan oVello roza unha falta botada por Alan.

Salvou un punto o Porteño de Pedra Queimada ante un Seaia moi forte, que conta coa nova fichaxe Camilo, que se estreaba cun doblete ao fío do descanso. Certo que antes tiveran varias ocasións os de Cousillas para poñerse por diante.

No comezo da segunda parte, o equipo visitante, consciente do seu potencial arriba, saía confiado da remontada e nada máis saír marcaría o seu primeiro gol de falta directa da man de Lucas. Foi a partir de aqui cando o Porteño deu un paso adiante e comezou a estar reñido o partido, onde os visitantes estaban moi entrados no campo local.
Os constantes paróns provocaron que o coleaxiado descontase unha eternidade, ata que pasados máis de 10 minutos de desconto, unha falta de Alan era rozada por Juan oVello para acabar en gol, a pesar das protestas dos locais que consideraban que se non tocaba oVello non podía valer o gol pois era indirecta, e se tocaba sería fóra de xogo. Ao final, empate.

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios