Mércores. 24.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Os 4 de arriba asinan táboas

Porteno-Oza copia
Porteño e Oza protagonizaron un partidazo na Grixa
3ª Galicia: Os 4 de arriba asinan táboas

Xornada importante esta na 3ª Galicia, na que se enfrontan os 4 favoritos dos dous grupos entre si. E os dous partidos remataron en táboas, deixando todo para a segunda volta.

Polo demais, parecía que o Laxe era un dos que podería pelexar o ascenso co Porteño e Oza pero sucumbía ante o Pereiriña.

Grupo Ascenso A, xornada 3

Seaia - Castrelo (2-3)

  • Seaia: Anxo, Anxo, Manu, Jorghe Parga, Isaac, Añón, Diego, Fabián, Martín Costa, Adri Parga e Jose. Tamén: David, Luisma, Raúl, Juni e Mario.
  • Castrelo: Costa, Domingo, Adri Conde, Estebo, Iván Chans, Dani Picallo, Félix, Miguel, Sebas, Gus e Sergio. Tamén: Agus, Luís e Martín.
  • Goles: 0-1, m.30: Miguel; 0-2, m.50: Chans; 1-2, m.56: Mario; 2-2, m.60: Mario; 2-3, m.90: Félix.

Seaia-Castrelo

Fixo mella, e moito, a Mikaela na familia do Seaia. Demasiado espesos os xogadores malpicáns trala noite de troula o que aproveitou o Castrelo para sacar unha boa vitoria in extremis. Os locais ían decaendo e os vimianceses seguiron apretando ata o final, chegando o gol da vitoria sobre a bocina.

Corcubión - Xallas B (2-2)

  • Corcubión: Marcos, Mario, Pablo, Nacho, Rubén, Gorka, Tano, Iago, Lu, Martín e César. Tamén Adri, Rama, Joaquín e Eli.
  • Xallas B: Alex Barbeira, Becerra, Jota, Balsa, Dani Barbeira, Rubén Sande, García, Geli, Steven, Álex Barbeira, Doriño. Tamén: Brais, Kevin, Isaac, Rodri e Fidi.
  • Goles: 1-0, m.10: Gorka; 1-1, m.55: Fidi; 2-1, m.60: Iago; 2-2, m.90: Rubén Sande.

Non conseguiron facer o xogo combinativo habitual o Xallas ante a presión dos locais e as medidas reducidas do campo, que tivo que abusar tamén de balón directo nun partido disputado de poder a poder entre os dous máximos candidatoas do Grupo A a acadar o ascenso. Moito respecto, e moita presencia do vento no Cubaleiro, cun cadro de Nito que estaba mellor colocado e que se adiantaba cun gol de Gorka tras unha boa xogada de César, o pichichi da primeira fase.

Tralo descanso, nun erro defensivo dos locais o Xallas empataría o partido cun bo disparo desde a frontal cun Fidalgo, que entraba e facía un partidazo. O empate, porén, deulle ás ao Corcubión e pronto se poría de novo por diante por medio de Iago Lema, o capital. Puido ampliar a vantaxe aí o equipo local, cun par de accións protestadas. Pero o partido continuaba, e parecía que quedaría na casa. Pero Rubén Sande aínda non o tiña claro. Primeiro obrigaba a Marcos a salvar cunha espectacular parada coas xemas dos dedos. E practicamente na última acción do partido, nunha xogada con varios rexeites conseguía facer un empate que sabe moito en Santa Comba, conscientes de que o Corcubión terá que pasar por Fontenla. A día de hoxe o Corcubión ten 5 puntos máis que o Xallas B pero cun partido máis.

 

Grupo Ascenso B, xornada 3

Pereiriña - Laxe (1-0)

  • Pereiriña: Isma, Alex Agulleiro, Isma Graíño, Esteban Sendón, Fabián, Esteban Lema, Chiru, Carlos Leus, Brais Lagoa, Tito e Borja. Tamén: Dani Costa, Rodri, Soneira, Ézara e Kevin.
  • Laxe: Jacobo, Jacinto, Gora, Romero, Aarón, Bieito, David Mohedano, Jorge, Santi Casás, Martín Carrabete, Óscar Toja. Tamén: Felipe, Eloy e Dani Torrado.
  • Goles: 1-0, m.50: Tito.

Si que adiantou o Laxe o partido para o sábado para poder disfrutar da Mikaela. O Pereiriña comezaba mellor posicionado, dominando o balón pero o Laxe non permitía grandes ocasións.

Saía mellor o Laxe na segunda, pero nunha contra Tito abría o marcador para os locais. Fixo moito dano o tanto no cadro de Calipo, que non conseguiron refacerse a pesar de que a entrada de Felipe deu máis profundidade.

Porteño - Oza (2-2)

  • Porteño: Jose, Sergio, Pejo, Manoliño, Marcos, Alan, Edgar, Martín, Ángel, Juan oVello e Kevin. Tamén: Domingo, Ibrahima, Kevin Toba e Brais.
  • Oza: Nacho, Alberto (Puente, m.80), Álex Vázquez, Vilariño, Iago, Pace, Álex López, Carlos (Gonzalo, m.89), Kevin (Brais, m,75), DavidLP, Suso (Pichel, m.60).
  • Goles 1-0, m.2: David Lp; 1-1, m.7: Manoliño; 2-1, m.30: Martín; 2-2, m.70: Suso.

Partidazo o vivido na Grixa entre dous bos equipos. Javi Baña (Cousillas non podía estar no banco local por motivos laborais) contaba con numerosas baixas, e o Oza chegaba coas ideas claras, de facer un fútbol moi directo, o que deu por resultado un partido moi intenso, duro, con moitas interrupcións pero sen apenas tarxetas.

Adiantouse o cadro visitante, con este tanto de David LP.

Ao pouco tempo empataba o Porteño, cun tanto de Manoliño. E á media hora, era o equipo local o que se adiantaba co tanto de Martín.

Non decaía o Oza, que se viu arriba ao comezo da segunda metade, empatando pronto cun gol de Suso protestado polos locais. De aí ao final, poucas chegadas e moito respecto, quedando a clasificación como estaba, co Porteño sacando 3 puntos a un Oza que ten un partido menos.

O local Alan protagonizou o susto do partido, cun aparatoso choque co banco visitante, que afortunadamente non foi a máis.

 

Comentarios