Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha abarrotada Mikaela devolveunos aos tempos prepandemia

Cheo na Mikaela de Buno 2022
Tremendo ambiente na Mikaela
Unha abarrotada Mikaela devolveunos aos tempos prepandemia

Había gañas de festa, había gañas de Mikaela, como se viña vaticinando polo ambiente creado nas redes sociais nas últimas semanas. Pero a cousa “saíu aínda mellor do esperado”, recoñecen os propios membros da organización da Asociación de Amigos da Mikaela. Ese grupo de rapaces da vila oleira que conseguen convertir un enterro entroideiro na meirande festa da mocidade de toda a comarca de Bergantiños, da Costa da Morte e de medioa Galicia.

Parque da Asociacion de Amigos da Mikaela
Algúns dos membros da Asociacion de Amigos da Mikaela

Porque para xuntar as 10.000 que contabilizan as forzas de seguridade que puideron estar en Buño durante a tarde do sábado (uns 1.500 xa chegaron nos 30 autobuses fletados para a ocasión) houbo xente de todas partes do país. Traspasar, traspasaron mesmo as fronteiras do entroido, pois nunca se vira en pleno abril tremenda demostración do que nos gusta

Cómpre lembrar que a Mikaela, ademais dun botellón rural xigante, dunha megadiscoteca ao aire libre, é un dos enterros do Entroido máis tradicionais de toda Galicia. O Vía Crucis de bares acompaña á cachela, esa imponente Mikaela, que vai destino á queima.

Contra as 18:00h, no cruzamento, o Cura Añón Pequeno (Iago colleu o relevo hai poucos anos do seu pai, o mítico panadeiro), deulle a despedida en forma de misa retranqueira, que pasou, como non podía ser doutro xeito, pola pandemia, por Ucraína, ou polos prezos dos combustibles.

A festa non parou ata ben comezada a mañá, case servindo de inauguración dunha temporada de festas estivais que, esperemos, volva ser como a de antes, sen sobresaltos.

Mikaela de Buno 2022

As consecuencias

Agora tócalle ao Concello tomar cartas no asunto:

Crónicas da Mikaela

Comentarios