Manuel e César, os pichichis da primeira fase do fútbol costeiro
- Cruz e Alejo completan o cuarteto de pichichis
Facíamos a finais de xaneiro un repaso ás e ós pichichis costeiros. Hoxe queremos facer outra colleita, pensando xa na VII Gala do Fútbol da Costa - QPC, sobre como están as cifras tralo remate da primeira fase de case todas as ligas.
Cómpre apuntar que haberá cambios este ano nos premios aos pichichis e zamoras costeiros, dando máis e máis protagonismo ao fútbol feminino. Pero diso xa iremos dando conta, avialliando que a segunda fase tamén contará.
Preferente e 1ª
Alejo (Corme) rematou a primeira fase convertíndose no máximo goleador do seu grupo e un dos máximos da 1ª Galicia. Os seus 12 goles (6 de penalti) en 13 partidos así o confirman.
Entre o top10 da categoría tamén está Pesco (Volantes), que pecha con 10 tantos (3 de penalti). Non podía faltar nesta lista MC (Baio), con 9 goles (1 de penalti). Tamén aparecen aí Kevin (Mazaricos) con ) goles (3 de penalti), Darío Capelo (Soneira) con 8, e Javi Souto (Soneira), con 7, os mesmos que Braian (Baio).
Con 6 tamén están Paco (Baio); Mario (Mazaricos), Maki (Soneira) e Mario Insua (Dumbría).
O máximo goleador costeiro de Preferente sería Capelo (Fisterra), con 7 tantos (4 de penalti).
2ª Galicia
Manuel Romero (Cabana) é, sen dúbida, o pichichi da Liga da Costa. Os seus 20 goles en 12 partidos dan unha media espectacular de 1,67 goles por partido.
Lonxe quedan 3 xogadoresque suman 11 goles: Noli (Castriz), Fran Moreira (Muxía), e Xian (Monte Louro).
A partir de aí, con 9 Xavi (Muros); con 8 Pablo Rama e Carajillo (Esteirana), Brais Cancela (San Lorenzo), Iago (Zas) e Josiño (Nantón); e con 7 Manu Guillamet (Cerqueda), Adrián García (Castriz), Manu Nogueira (Muxía), Raúl e Elías (Esteirana) e Bruno (Cee).
3ª Galicia
César Lojo (Corcubión) foi finalmente o pichichi da primeira fase da 3ª, con nada menos que 20 tantos (2 de penalti). Ata o último suspiro pelexou Juni (Seaia) por alcanzalo pero quedou con 18 (4 de penalti). Sergio Barbeira (Xallas) sumou 16 (3 de penalti), polos 14 (3 de penalti) de Alan (Porteño); 12 de Martín Carrabete (Laxe) e 11 de Iago Lema (Corcubión).
Futfem
No fútbol feminino o nome destacado é o de Cruz (Bergantiños). A potente xogadora vermellafixo 10 tantos esta temporada, lonxe da máxima goleadora da 1ª División (a xogadora do Val, Noemí fixo 21 tantos), pero quedando en 4ª posición.
Na 2ª División, máis goles aínda ten Lucía Canosa (Cee), pois sumou 15. Preto queda Paula Veiga (Cerqueda), con 13 tantos (3 de penalti. A ceense Lucía Martínez acabou con 10 goles, os mesmos que Gabi (Cerqueda); a cerquedá Naroa con 9; a xalleira Xastia con 8, os memos que Paty, a capi das Miúdas.