Luns. 16.12.2019
El tiempo

3ª Galicia: O Camariñas supera o Rodeiro un fermoso e derpotivo derbi

O Ameixenda suma dúas vitorias seguidas e quere encganchar o vagón da promoción
O Ameixenda suma dúas vitorias seguidas e quere encganchar o vagón da promoción
3ª Galicia: O Camariñas supera o Rodeiro un fermoso e derpotivo derbi

Prevían Ordóñez e Abel o pasado derbi un derbi igualado. E así foi o choque entre os dous únicos equipos invictos da categoría, que deixa só ao Camariñas no alto da táboa.
En todo caso, o máis fermoso foi o remate do intenso choque, cando as dúas afeccións ovacionaron e felicitaron a ambos equipos polo derroche físico despregado sobre o Rodeiro.

Por detrás do líder, non cede o Outes, que volvía gañar e saca xa 9 puntos ao 3º, afianzándose como máximo candidato ao ascenso directo xunto ao cadro camariñán.

A loita polas 4 prazas de promoción si que vai estar bregada, porque entre o 3º e o 9º hai só 7 puntos.

 

Camelle - Camariñas (1-2)

  • Camelle: Calipo, Ruso (Rubén Lado, m. 80), Pablo, Valiña, Dido, David Camelle, Adrián, Maka (Paulo, m.40) (Rodri, m.65), Felipe, David Camariñas (Carlos, m.46) e Riveiro.
  • Camariñas: Pablo, Soule, Oli, Carlos, Moriño, Javi (Miki), Pablo, Barreiro, Nico, Roi, Brandon (Javi Rodrigo).
  • Goles: 0-1, m.50: Barreiro; 0-2, m.80: Brandon; 1-2, m.86: Pablo.

Partido igualadísimo no Rodeiro, nun céspede que non deixaba xogar demasiado pero sobre o que si se viu dous equipos aguerridos, que só se decantou polo estado de forma, e de gracia, do líder. Apenas houbo ocasións no primeiro tempo, e só Felipe tivo un man a man que mandaba fóra.

Na segunda Barreiro aproveitaba un erro da defensa local para marcar a pracer. O Camelle volcouse polo empate, que tivo dende os 11 metros pero Pablo gañoulle o envite a Felipe. Xa na recta final Brandon aproveita un esbarón dun central camellán para facer o segundo. Co Camariñas encerrado o Camelle seguía colgando balóns e Pablo recortaba a 5 do final tras un córner. Tivo o empate o equipo de Ordóñez, pero o remate de Dido vaise ao pau, e o rexeite é salvado por un defensa xa co meta batido.

 

Corcubión - Outes (1-4)

  • Corcubión: Marcos, Eva, Mario, Joaquín, Camacho, Castillo, Alán, Gabi, Chiru, Lema e Lagoa. Tamén Kali, Goche, Asier e Mario Lagoa.
  • Outes: Álex (Gato), Caamaño, Simón, Pablo, Álvaro; Chía, Martín (David), Babu (Saúl), Veleiro Eloy, Paulo (Joel).
  • Goles: 0-1, m.15: Martín; 0-2, m.27: Veleiro; 0-3, m.29: Eloy; 0-4, m.88: Simón de penalti; 1-4, m.89: Mario.

Empezaron os locais ben plantados e incluso dominando por momentos, pero adiantarianse os visitantes nun balón á espalda da defensa na que o Martín aproveita a indecisión local. O Outes xa dominaba, pero sen demasiado fútbol. O segundo e terceiro gol, practicamente consecutivos, foron calcados ó primeiro.

Na segunda practicamente no había partido. O Corcubión intentaría a heroica, pero sin logralo. Marcos pararía un penalti e meterianlle outro. O eterno Mario, que volvía vestir a zamarra branquiazul, metería o da honra para os locais.

 

Ameixenda - Porteño (2-0)

porteno x90
11 do Porteño en Cee-Foto: CF

  • Ameixenda: Rubén, Esteban, Samuel, Javichu, Ariel (Susiño, m.52), Pichino, Juanfran, Santi (Fer, m.68), Pablo Trillo, Ezequiel (Gabri, m.52), Adrián Torices (Jose Ángel, m.63).
  • Porteño: Josiño, Porto, Caamaño, Anxo, Ángel, Brais Blanco (Sar, m.63), Campaña (Manu, m.45), Joseba, Vicente (Sergio, m.84), Wii (Edgar, m.45), Isma.
  • Goles: 1-0, m.55: Adrián Torices; 2-0, m.78: Pichino fai un golazo dende 20 metros, metendo o balón pola escadra.

Segunda vitoria consecutiva do Ameixenda que lle sirve para deixar os últimos postos e situarse a só tres puntos do cuarto clasificado, MonteLouro, que será o rival na próxima semana. Pola contra, partido para esquecer dun Porteño que ve como escapa o vagón da promoción.

Saiu o Porteño dominador, con mais posesión pero sen perigo, e o Ameixenda saíndo á contra. Ezequiel foi o máis incisivo na primeira metade pero non acertou as dúas que tivo.

No segundo tempo o Ameixenda empezou a chegar con mais perigo, e nunha contra no m.55, Santi doulle un pase perfecto a Torices que só diante do porteiro, disparoulle o corpo. O rexeite voltoulle a Torices, que dende o borde da área marcaba o 1-0.

O Porteño subiu liñas pero non era capaz de crear ocasións claras, e o Ameixenda sentíase seguro atrás. Reclamaron os da Ponte un posible penalti por derrubo no m.70, pero pouco despois Pichino facía un bo gol dende lonxe. Co partido prácticamente resolto, a punto estuvo de marcar o Porteño no m.84, pero o balón, logo de bater no pau percorreu a portería porriba da raia ata chegar as mans de Rubén.

Adrian Torices Ameixenda
Adrián Torices marocu un tanto co Ameixenda 

Castrelo - Montelouro (1-3)

castrelo x9

  • Castrelo: Esteban, Iván Chans, Roget, Dani Picallo, Miguel (Quintelo, m.60), Capote, Maikol, Roi, Gus e Adrián Pasantes.
  • Montelouro: Iago, Pablo, Manolo Chouza, Dani Sahorta, Abel (Rapante, m.78), Bolo (Yeray, m.54), Miguel Verán (David), Raúl, Geiko, Riki e Pesco.
  • Goles: 0-1, m.9: Geiko; 0-2, m.25: Geiko; 1-2, m.46: Capote; 1-3, m.51: Riki.

Partido igualado en Vimianzo, cun Montelouro que se puxo por diante gracias á efectividade de Geiko (que volveu a semana pasada e se perfila como un gran revulsivo para os de Purrúa), que resolveu no primeiro tras un erro do meta local e no segundo define ben un man a man. O Castrelo, que xa avisara antes do descanso da súa reacción, meteuse no partido ao comezo da segunda metade, pero o tempraneiro golazo de Riki mataba as súas aspiracións. O choque rematou igualado, pero sen perigrar a vitoria visitante.

Nantón - Laxe (3-2)

  • Nantón: Guille, Fran, Pasarela, Costa, Eloy (Maikel, m.65), Martín, Pablo (Rafa, m.70), David (Bardanca, m.75), Josiño (Pastor, m.76), Cristian e Redondo (Rúper, m.80).
  • Laxe: Eloy, Borga, Íñigo, Bieito, Felipe, Naya, Gora, Andrés, Elías, Óscar e Jorge. Tamén: Carra, Santi Vecino e Santi Casás.
  • Goles: 1-0, m.37: Josiño; 2-0, m.55: Josiño a pase de Martín; 3-0, m.65: Fran; 3-1, m.76: Santi Casás; 3-2, m.79: Santi Vecino.

Primeira metade de clara cor local ante un Laxe que non estaba no partido. Combinaban, chegaban e contiñan as poucas intencións do cadro visitante os de Fachal. Josiño era o home máis activo dos locais e acabou marcando o primeiro tanto.

Na segunda cambiou o conto e nada máis comezar avisa o Laxe das súas intencións cunha clara chegada. Pero o Nantón segue ben colocado e pronto Josiño marcar o segundo, e Fran o terceiro con aínda 25 minutos por diante.

O Laxe aí meteuse de cheo no partido e comezou a facer dano, ante un Nantón que se puxo nervioso e non soubo pechalo. Os dous Santis metían, case seguidos, dous tantos, e con 10 para o final aínda chegaron varias ocasións para acadar o empate. Pero parouse o partido no m.90 por unha tangana que rematou con con catro expulsados, dous por bando visitante (Felipe, Andrés e Elías) e un local (Martín).

 

Novas relacionadas

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios