Luns. 06.04.2020
El tiempo

3ª Galicia: O Camelle cólase na promoción

O Seaia non puido Montelouro e quedou fóra da Promoción-Foto- Edu Olveira
O Seaia non puido Montelouro e quedou fóra da Promoción-Foto- Edu Olveira
3ª Galicia: O Camelle cólase na promoción

O sábado Camariñas celebraba o título de Campión da 3ª, superando ao Outes no remate da liga regular, se ben ambos xa ascenderan con 3 xornadas de marxe.

A xornada dominical quedaba cun só posto en xogo: a cuarta praza da Promoción. Con Montelouro, Nantón e Laxe demostrando o seu poderío, o Camelle meteuse neste playff de vida e morte case sen queren. Os de Ordóñez non foron quen de gañar o seu choque ante Laxe, pero o Seaia tampouco era quen de superar ao Montelouro deixando en bandexa a clasificación aos camariñáns.

A Promoción arrinca o 22 en Camelle e Laxe

O 22 de marzo comezarán as semifinais, de ida e volta, e farano en Camelle e Laxe. O equipo camellán recibirá ao Montelouro e o Laxe ao Nantón. O cadro terédelo sempre actualizado (e haberá carrusel) en www.copadacosta.com.

 Copa da Costa 2020 - Promoción á 2ª copia

Laxe - Camelle (3-1)

  • Laxe: Eloy, Borja, Elías, Santi V., Jacinto, Gora, Adrián, Dani, Elías, Carra, Óscar Toja. Tamén: Jacobo, Reigía, Jorge e Santi Casás.
  • Camelle: Calipo (David, m.80), Rodri, Ucho, Pablo, Lado (Carlos, m.75), Maka, Marce, David, Ruso, Dido e David Camariñas.
  • Goles: 1-0, m.20: Adrián; 1-1, m.44: Ucho; 2-1, m.82: Carra de penalti; 3-1, m.90: Carra.

Partido moi disputado no Areal, onde o Camelle competiu ben ante un Laxe máis dominador, pero sen demasiada profundidade. Si que aproveitou Adrián unha ocasión para meterse por diante, pero Ucho facía o empate ao fío do descanso.

A segunda metade comezou co Camelle presionando mellor e mesmo chegando á área contraria. Tardaron en colocarse os laxeiros, que nos últimos minutos aproveitaron un penalti tonto dos camelláns para volver colocarse por diante. Co Camelle volcado, nunha contra setenciaba o cadro local no desconto.

 

Seaia - Montelouro (0-4)

  • Montelouro: Marcos (Iago, m.70), Abel, Pablo (Borja, m.46), Manolo Chouza, Juan, Raúl, Dani, Verán, Rapante (Minos, m.60), Íker (Xquín, m.75) e Yeray.
  • Seaia: Che, Fabián (Jorge, m.50), Iván, Vistas, Sergio, Parga, Míchel (Pablo, m.60), Toni (Eme , m.46), Isaac, Raúl, Andi.
  • Goles: 0-1, m.2: Juan; 0-2, m.26: Rapante; 0-3, m.65: Minos; 0-4, m.80: Xaquín.

Gol no Seaia-Montelouro-Foto-Edu Olveira
Foto: Edu Olveira

Nada puido facer o Seaia ante un Montelouro que se amosou superior dende o principio. Xa no m.2 se adiantaban os de Purrúa, tras unha xogada nun córner, se ben os de Da Silva non se descumpuxeron, tiraron cara arriba e puideron empatar con accións como as de Andi ou Raúl, que fallaron diante de Marcos. Rapante facía o seguno tras unha xogada trenzada ao rexeite de Che e as ilusións malpicáns de promoción esfumábanse.

Apretarían os visitantes ao comezo da segunda, pero a defensa loureá estaba moi seria. Ata fallou un penalti Iván para o Seaia (parado por Marcos), que se veu arriba e deixaba ocos atrás que aproveitarían Minos e Xaquín para sentenciar. Ao final, enredouse o partido con algunha entrada fea pero nada grave.

 

Porteño - Corcubión (4-1)

  • Porteño: Manu, Brais, Manu, Mario, Ángel, Vicente, Joseba, Marcos, Anxo, Cachi, Porto. Tamén: Wii, Edgar e Campaña.
  • Corcubión: Mario Suárez, Eva, Goche, Joaquín, Chiru, Castillo, Cali, Esteban, Lema, Santi e Tito.
  • Goles: 1-0, m.58: Vicente; 2-0, m.63: Wii; 3-0, m.78: Vicente; 3-1, m.80: Cali; 4-1, m.89: Wii.

Con 11 xustos (e sen porteiro) chegaba o Corcubión á Grixa, nun partido de trámite sen nada en xogo. As mellores dos visitantes serían nas botas de Santi, mentres que os locais tentarían de sorprender ás contras. Xa na segunda metade, os locais aproveitarían un esbarón dun defensa visitante debido ó estado do terreo de xogo para facer o 1-0. Unha vez metido o primeiro, o resto do partido sobrou. 3 xogadores visitantes expulsáronse (Eva, Joaquín e Goche) e aí rematou o partido. Cali maquillou para os corcubioneses.

 

Ameixenda - Nantón (1-4)

11 do Ameixenda en Cee

  • Ameixenda: Rivers, Nico, Pablo, Pichino, Eze, David, Papin, Gabri, Susiño, Torices, Javichu. Tamén: Iván.
  • Nantón: Jose, Javi, Pasarela, Costa, Eloy, Martín, Pablo (David, m.48), Rúper (Redondo, m.55), Josiño, Iván (Fran, m.70) e Cristian (Maikel, m.72).
  • Goles: 1-0, m.15: Eze; 1-1, m.73: Josiño; 1-2, m.80: Josiño de penalti; 1-3, m.83: Josiño; 1-4, m.90: Josiño.

Capis do Ameixenda e Nanton co colexiado Cristian Sendon
Capis do Ameixenda e Nanton co colexiado Cristian Sendón

Último partido de liga e tivo que esperar moito o Nantón para decidir o encontro. Xa dende o principio, e como era lóxico, collíu o Nantón o dominio do partido pero cunha intensidade baixa. O Ameixenda ben situado no campo non deixaba moitos ocos e as ocasións visitantes limitábanse a tiros lonxanos e algún que outro corner. Pola súa banda o Ameixenda trataba de saír á contra buscando a Pichino (que reaparecía hoxe) e a Ezequiel. E logo de dous intentos fallidos, ao terceiro un balón en profundidade foi aproveitado por Ezequiel para marcar o 1-0.

Estaba cómodo o Ameixenda e o Nantón chegaba máis por impulso que por xogo. A partir do minuto 30, os de Fachal comezaron a xerar ocasións, con máis mobilidade e intensidade, pero o porteiro e a pouca precisión fixo que se chegase ao descanso con vantaxe ceense.

Na segunda, tardou o Nantón en meterlle velocidade ao encontro, e o Ameixenda puido ter ampliado a vantaxe nun centro chut de Nico que pega no longueiro. Non foi ata a entrada de Fran, que fixo moito dano pola banda, que o Nantón comezou a meterse na área contraria, aproveitando a falta de folgos dos ceenses. Rivers aguantaba aos seus ata que Josiño abriu a lata e marcou 10 goles en 10 minutos empatando no alto da táboa de goleadores a Brandon. Os ceenses protestaron o segundo tanto, clave para o devir do encontro, pois pediroon falta sobre o porteiro.

 

comentarios