Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Camariñas, campión da 3ª da Costa

Camarinas campion da Terceira da Costa-Foto-Javi Tedin 0+
O Camariñas celebrando o título de campión da Terceira da Costa-Foto-Javi Tedín
O Camariñas, campión da 3ª da Costa

Non sudou demasiado o Camariñas, cumpriu o pronóstico ante un Castrelo moi tocado (chegaba sen porteiro), e se alzou co título da 3ª da Costa. Os de Berto (e Abel, que colleu o equipo durante unha parte da campaña polas sancións do primeiro adestrador) venceron 4-1 nesta última xornada, superando a un Outes ao que lle tocaba descansar. Oli, Brandon en dúas ocasións e Javi Antelo “Bicho”, que volvía tras varios meses lesionado, foron os goleadores.

Ao remate disfrutaron dunha longa, e pasada por champán, celebración ante o público do Hermanas Patiño.

equipo camariñán volve á Liga da Costa tras unha temporada que se pode calificar de excelente, dominando durante gran parte do curso, e con só 2 derrotas e 2 empates en 20 partidos. Acompañarao un Outes que tamén firma un temporadón, pois ambos xa ascenderon con 3 xornadas de marxe.

Camarinas campion da Terceira da Costa-Foto-Javi TedinCamarinas campion da Terceira da Costa-Foto-Javi Tedin 3Vicente Carril esperando o trofeo da mans de CorredoiraCamarinas campion da Terceira da Costa-Foto-Javi Tedin 2
Fotos de Javi Tedín

A promoción en xogo

No carrusel dominical de http://www.futboldacosta.com estaremos atentos á 3ª, pois Camelle e Seaia se xogan a última praza de promoción de ascenso para acompañar a UD Monte Louro, CD Nantón e SD Laxe. Ao cadro camellán válelle o empate en Laxe, sempre que o Seaia non venza por 5 goles de diferencia, pois é a diferencia que teñen no golaveraxe xeral unha vez que os camelláns teñen gañado o particular.

Comentarios