Sábado. 04.04.2020
El tiempo

3º Galicia: Camariñas e Outes volven á Liga da Costa e Camelle e Seaia seguirán pelexando pola Promoción

O Camariñas logrou o ascenso no Cubaleiro
O Camariñas logrou o ascenso no Cubaleiro
3º Galicia: Camariñas e Outes volven á Liga da Costa e Camelle e Seaia seguirán pelexando pola Promoción

Non fallaron Camariñas e Outes e selaron o seu ascenso á Liga da Costa con 3 xornadas de marxe. Venceron no Cubaleiro e nas Fontiñas e seguirán pelexando polo título nas últimas 3 xornadas, tendo o Camariñas a vantaxe do golaveraxe individual.

A loita pola promoción segue viva. O Montelouro xa a ten asegurada e os Laxe e Nantón, practicamente. O partido da xornada era o duelo de parroquias que nos contaban Dido e Adrián Parga na previa. O empate final deixa as cousas moi igualadas, pois se ben o Camelle ten 1 punto máis, o golaveraxe individual a favor e un partido menos, ten un calendario moi complicado. O equipo de Ordóñez terá que sumar alomenos 5 puntos nos partidos ante Camariñas e Outes, en plena loita polo título, e ante o Laxe; mentres o Seaia se enfronta a dous equipos sen nada en xogo, como Montelouro e Castrelo.

 

Camelle - Seaia (1-1)

  • Camelle: Calipo; Rodri (Lado, m.65), Ucho, Pablo, David Camariñas, Maka (Paulo, m.80), David Camelle, Marcelino, Dido, Felipe, Riveiro.
  • Seaia: Recarey, Josi, Vistas, Iván, Parga, Toni, Míchel, Pablo, Raúl (Loureiro, m.70), Isaac, Andi.
  • Goles: 0-1, m.17: Isaac; 1-1, m.33: Riveiro.

Asi estaba o Rodeiro no partido entre SD Camelle e Sporting Seaia

Partido absolutamente condicionado polo estado do céspede do Rodeiro, cun cadro local máis acostumado e sabendo cometer menos erros. Así e todo o choque comezaba cun Seaia ben situado, e presionando ben, e nun córner Isaac acertaba a poñer aos de Da Silva por diante tras centro de Andi. Tivo algunha chegada o Seaia, mentres o Camelle ía collendo, paseniño, o mando do partido. Marcou o empate Riveiro á media hora dende fóra da área e nese último treito da primeira tivo algunha ocasión para meterse por diante.

Durante a segunda o campo xa era unha auténtica lameira, imposible para baixar o balón, e se o Camelle quedaba con 10 pola expulsión de Felipe, o marcador non se movería.

 

 

Porteño - Laxe (0-2)

  • Porteño: Manuel Canosa, Manu, Caamaño, Jose, Marcos, Anxo, Vicente, Ángel, Mario, Wii, Joseba. Tamén: Brais Blanco, Edgar, Campaña.
  • Laxe: Eloi, Bieito, Elías, Andrés, Óscar, Borja, Jacinto, Adrián, Carra, Felipe, Gora. Tamén xogaron: Dani, Santi V, Elías G., Íñigo, Jorge.
  • Goles: 0-1, m.30: Carra; 0-2, m.40: Carra.

Fáltalle un pasiño para cerciorar o seu posto de promoción ao Laxe de Antelo, que fixo un gran partido ante un Porteño con moitas baixas. Tivo, de feito, que poñerse o xogador de campo Manuel Canosa baixo paus, e aínda bastante ben o fixo, ante unha afección local entregada ao unido equipo de Javi Baña. O Laxe dominou na primeira metade, pero tardou en abrir a lata. Carra asinou dous tantos antes do descanso, e puido caer algún máis.
A segunda foi máis ben de trámite, sen correr riscos.

 

Corcubión - Camariñas (1-4)

  • Corcubión: Beto, Eva, Antón, Alán, Joaquín, Chiru, Esteban, Cali, Brais Lagoa, Tito e Mario Lagoa. Tamén Roi e Santi.
  • Camariñas: Pablo, Rodri, Oli, Moriño, Pablo Suárez, Barreiro, Nico, Mario, Saviola, Nazo e Brandon. Tamén: Sergio, Miki Pose, Manu Pasantes e Brais Alonso.
  • Goles: 0-1, m.22: Nazo; 0-2, m.30: Mario; 0-3, m.70: Brandon; 1-3, m.80: Nico en propia; 1-4, m.85: Brandon.

Sen apenas efectivos e sin defensas chegaba o UD ao Novo Cubeleiro antre un Camariñas desexoso de celebrar o seu cantado ascenso. Adiantariase cedo o Camariñas nun córner e ampliaría a sua vantaxe nun erro da liña defensiva local. Na segunda metade os locais o intentarían pero finalmente serían os visitantes os que ampliarían diferenzas á contra, para certificar a volta dos de Berto e Abel á Liga da Costa.

 

Nantón - Outes (1-2)

  • Nantón: Guille, Fran, Pasarela, Amado, Eloy, Martín, David, Pablo (Cristian, m.75), Maikel (Iván, m.75), Josiño (Pastor, m.80) e Redondo.
  • Outes: Álex, Jura, Robert, Pablo (David), Caamaño, Martín, Simón, Veleiro (Joel), Eloy (Kevin), Babu (Álvaro) e Santi (Saúl).
  • Goles: 0-1, m.15: Santi; 1-1, m.36: Josiño de penalti; 1-2, m.41: Santi.

Partido moi complicado que superou o Outes nas Fontiñas, ante un Nantón que mereceu máis seguramente neste partido. Saíron os de Miguel decididos a marcar o ritmo do partido, e xa comezaron avisando a un Guille que demostra estar en forma. Pronto abría a conta Santi tras un saque de banda longo, demostrando o ben que teñen traballada a estratexia. Tocoulle a Álex tamén desbaratar varias accións dos locais, antes de cometer un penalti, xa co balón nas mans, que lle puido ter costado a expulsión. Josiño empataba o choque.

Tras esto, o partido seguiu o seu camiño, con moita intensidade, e nun balón longo peiteiado, aproveita Santi para marcar só ante Guille ante as protestas dos locais por posible fóra de xogo.

Fixo o Nantón unha segunda metade fantástica, metendo ao Outes na súa área. Pero a defensa dos da Serra estivo moi seria. Amado, Maikel, Cristian… tiveron grandes ocasións para acadar o empate pero o balón non entrou, demostrando, iso si, que o Nantón de Fachal vai dar moito que falar na promoción.

Outes celebrando o ascenso en Nanton

Ameixenda - Castrelo (0-2)

11 do Ameixenda ante o Castrelo

  • Ameixenda: Tivers, Nico, Esteban, Sambade, Ariel, Pablo Trillo, Papin, Susiño, Sergio, Torices e Javichu. Tamén: Fernando, Eze, Iván Vñázquez e Juan.

11 do Castrelo en Cee

  • Castrelo: Iván; Roi, Chans, Esteban, Luís, Miguel; Maikol, Samuel, Rodri, Adrián Pasantes; e Gus. Tamén: Gabri, Dani Picallo e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.44: Samuel; 0-2, m.65: Adrián Pasantes.

Tarde con moita choiva e néboa en San Paio de Refoxos, que dificultou o normal dersenvolvemento do partido xa que o balón non rodaba nin botaba con normalidade. Nesas condicións a igualdade, tanto en dominio como en ocasións, era total. Ningún equipo se mostraba superior ao rival e as oportunidades repartíanse por igual. Cando se pensaba que o primeiro tempo acabaría sen goles, Samuel adiantaría aos visitantes nunha xogada na que os locais pedían falta sobre o meta Rivers.

O segundo tempo foi unha copia do primeiro. Igualdade entre os dous equipos e só o Castrelo aproveitou un fallo no medio campo do Ameixenda para roubar e marcar o segundo.

 

Todas as crónicas de 3ª Galicia.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

comentarios