3ª Galicia: Collendo posicións
Se na primeira xornada foron 40 goles en 7 partidos, nesta segunda xornada a intensidade foi a protagonista. Apenas un par de goleadas do Buño e Porteño que parece que comezan o curso dominando e avisando das súas intencións. O resto, partidos igualados, que deixan a Zas, Baíñas e Lira tamén con 6 puntos tras superar Nantón, Laxe e Pereiriña.
Camelle - Malpica (4-3)
- Camelle: David, David Vázquez, Pucho, Quintelo, Martín; Steven, Álvaro (Mario), Chori (Rubén), Carlos; Dido e Adrián.
- Malpica: Lamas, Iván, Simón, Groufo, Samuel, Cristian, Alexandre, Nicci, Jorge Parga, Alberto Hombre e Kevin. Tamén: Arcay, Aitor, Macías, Alex López e Nando.
- Goles: 1-0, m.6: Adrián de penalti cometido por Groufo; 1-1, m.15: Kevín nun balón ás costas do defensa; 1-2, m.35: Groufo remata un córner botado por Alberto Hombre; 2-2, m.40: Carlos aproveita un rexeite a un tiro de Adrián; 2-3, m.44: Parga a pase longo de Alberto; 3-3, m.67: Dido de cabeza; 4-3, m.90: Adrián de vaselina tras un saque directo do meta David.
Primeira metade de tolos, con alternativas no marcador, con moitas gañas de fútbol e ocasións nas dúas áreas. Abría o partido o Camelle de Sergio, pero o Malpica de Jorge Calvete reaacionaba e lle daba a volta ao marcador. Antes do descanso aínda empataba o cadro local pero o Malpica marchaba por diante cun gol sobre o pitido.
A segunda metade seguía sendo igualada pero co Camelle máis enriba, que consegue empatar nun testarazo nun córner. Estaba con enerxía o Camelle e mesmo pediron un penalti por mans de Simón, e que mandou un tiro ao longueiro por medio de novo de Dido.
O Malpica non desistía tampouco e no m.90, un balón arriba que despexa o propio Malpica, deixa a Adrián diante de Lamas e o bate cunha vaselina. Aínda tivo outra o Camelle pero Lamas fixo unha bonita parada.
Castrelo - Xallas B (3-1)
- Castrelo: Martín, Oli, Canosa, Estebo, Peke, Rodrigo (Dani Picallo, m.75), Xavi, Álvaro (Pereira, m.80), Quilmes (David, m.85), Guillín (Pichón, m.86) e Rubén.
- Xallas B: Barbeira; Iván, Balsa, Julián, Barbeira Jr, Jota, Geli, Kevin, Doriño, Adrián e Luís. Tamén xogaron: Couto, Fabio e Brais.
- Goles: 1-0, m.20: Rodrigo dende fóra da área; 2-0, m.40: Rubén; 3-0, m.70: Guillín; 3-1, m.71: Balsa.
Mal partido do Xallas que se viu superado, en todo momento, por un Castrelo que fixo un dos mellores partidos en tempo. Os de Ordóñez deixábanlle a iniciativa aos de Adrián Lema, pero os verdes non conseguían superar liñas, e nos roubos de balón o Castrlo facía dano. Pronto se adiantaban os locais cun tanto do debutante brasileiro, Rodrigo, dende fóra da área. A fórmula dos locais seguía funcionando ante un filial que non se atopaba e ao fío do descanso, noutro roubo, Rubén facía o segundo.
Apretou algo o Xallas na segunda, con varios córner consecutivos, pero a defensa vimiancesa estaba segura. Á contra chegaría o terceiro, ao que respondía Balsa con 3-1, que non fai que un espellismo.
Laxe - Baíñas (0-1)
- Laxe: Jacobo, Mikel, Camafreita, Jacinto, Fran Lema, Iago Torres, Bieito, Pombo, Ángel, Sergio e Jorge. Tamén: Cebey, Pablo Villar, Santi Casás e Felipiño.
- Baíñas: Joel, Hermida, Samuel (Rodrigo), Maikol, Raúl, Carlos, Oreiro (Esteban), Adrián, Cristian, Kevin (Héctor) e Aníbal (Ruli).
- Gol: 1-0, m.25: Kevin.
Puido rematar en empate este igualado choque no Cabo da Area-Rogelio. O Baíñas de Roski levou a iniciativa ante un laxe ben armado atrás, máis serio, e firme. Adiantouse o cadro vimiancés tras un bo recorte de Kevin. Respondía á contra o Laxe, pero Iago Torres non acertaba no man a man.
O Baíñas mantiña o balón e pedía un penalti sobre Aníbal e unha expulsión por unha suposta agresión sobre Adrián Canosa. Esta acción sacou do partido ao cadro vimiancés que acabou a primeira metade a mercé do Laxe.
Na segunda, o Laxe saíu mellor colocado, pero a defensa vimiancesa estaba firme. Tivo de novo Iago Torres o empate, pero Joel conseguía deixar, por segundo partido, a meta a cero.
Lira - Pereiriña (2-0)
- Lira: Raúl, Cartamil, Golpes, Isaac, Ángel, Migueliño, Saúl Lira, Oliver, Fran Perico, Suso Perico e Rubén. Tamén: Raúl Castelo, Saúl Lariño, Ramón e Santi.
- Pereiriña: Isma Antelo; Grille, Diego Oca, Adrián Ozón, Fabián; Tebo, Martín, Lagoa, Roi; Lucho e Charli. Tamén xogaron: Maelo, Chiru, Juan, Saulo e Tito.
- Goles: 1-0, m.60: Suso Perico de penalti; 2-0, m.94: Saúl.
Partido sen apenas ocasións dos que saben a empate, cun Lira de Sil moi ben defensivamente pero sen grandes ocasións. Os ceenses tiveron un man a man de Charli con Raúl (os locais pedían fóra xogo) que solventaría ben o porteiro liracho.
Na segunda foise estirando o Lira, e chegaba cun man a man de Suso ou un remate de Suso na área pequena que se vai fóra. Foi o propio Suso Perico o que non desperdiciaba un penalti cometido por Isma Antelo moi protestado polos locais. Suso foi expulsado na celebración.
Quedaba moito e o Pereiriña foise estirando, chegando algunha vez. Tamén o Lira puido sentenciar por medio de Oli tras unha prolongación de Rubén.
Pero a xogada clave, e máis surrealista dos últimos tempos chegaba co tempo cumplido: o Pereiriña, con todo o equipo, mesmo o porteiro, volcado na área rival, lanza un córner e marca por medio de Tebo; cando estaba todo o equipo celebrando o empate no curruncho, o colexiado pita finalmente falta ao porteiro; o Lira saca rápido e marca a pracer ante a atónita mirada dos ceenses.
Nantón - Zas (2-4)
- Nantón: Guillermo, Fran, Xoel, Eloy Moreira, Fari, Budi, Dani Collazo, Javi Muíño, Martín, Tato, Redondo, Tamén: Cristian Canosa, Carlos Vidal e Anxo.
- Zas: Pereiras, Pablo Pardiñas, Darío, Marcos, Dani Mato; Manu, Adri (Unay) , Álvaro (Cris), Andrés (Juan), Brais e Damián (Anxo).
- Goles: 0-1, m.15: Dani Mato; 0-2, m.20: Álvaro; 0-3, m.60: Cris; 1-3, m.75: David; 2-3, m.88: Redondo; 2-4, m.90: Cris.
Un Nantón en tempos de celebracións chegaban con baixas a este encontro nas Fontiñas, case que derbi pola proximidade. O cadro de Martín comezaba dominando, e pronto collen ás costas da defensa cabanesa e Dani Mato e Álvaro abren o marcador. Puido chegar algún máis nese primeiro treito de partido, ata que o Nantón se foi metendo no choque.
Chegou a fallar unha pena máxima o cadro cabanés no comezo da segunda metade, antes de que Cris fixese o terceiro. Non desesperou o cadro de Carlos Vidal e David recurtaba tras un centro lateral. Xa co partido roto, a falta de 2 para os 90, Redondo facía soñar aos seus, pero Cris sentenciaba co tempo cumplido.
Ameixenda - Porteño (2-6)
- Ameixenda: Rivers (Pikita, m.64), Sergio, Chapu (Dani, m.74), Bichinho, Andrés, Lagoa (Cristian, m.74), Fabián, Juan (Yunior, m.60), Pablo, Kris e Capote.
- Porteño: José (Sergio, m.80), Porto, Nico, Yeray (Marquiños, m.65), David (Pejo, m.50), Visente, Ángel, Nico (Martin, m.60), Juan oVello, Alan (Brais, m.70) e Lucas.
- Goles: 1-0, m.15: Cristian; 1-1, m.40: Alan; 1-2, m.51: Alan de penalti; 1-3, m.68: Alan; 1-4, 69: Alan; 1-5, m.77: Brais; 1-6, m.86: Lucas de penalti; 2-6, m.90: Yunior.
Non foi un paseo par ao Porteño o partido de Cee a pesar do empate. Sufríu moito o cadro de Cousillas na primeira metade, ante un Ameixenda de Javi Pinturas que presionaba ben arriba, e que roubaba fácil ante un Porteño sen intensidade nin precisión. Capote e Cris facían dano e era o eterno dianteiro ceense o que abrí ao marcador. Continuaba o partido do mesmo xeito, o Porteño quería o balón e o Ameixenda quería correr. E as ocasións dos visitantes cada vez eran menos claras. E no minuto 40, cando o partido estaba máis "tranquilo" o Porteño aproveitou un rexeite nun córner para empatar, por medio de Alan, o home do partido.
Boa berradura levaron os da Ponte no descando do míster Cousillas. E saíron moito máis enchufados. Ao pouco de empezar o segundo tempo, m.49, foi a xogada dudosa do partido: Rivers sae da portería a despexar o balón e choca co dianteiro do Porteño: 1-2 e o porteiro que aínda que aguantou uns minutos tivo que ser substituido no m.64. Todo esto descentrou aos xogadores do Ameixenda, que ademais ían perdendo folgos, e o Porteño aproveitou para marcar o terceiro gol, e sentenciar. Os ultimos 20 minutos xa foron un trámite no que expulsaron Pikita, que entrara polo lesionado Rivers, o Porteño marcou dous goles máis e Yunior para o Ameixenda fixo o 2-6 definitivo.
Seaia - Buño (0-4)
- Seaia: Anxo, Iván Rod., Luisma, Diego, Pablo García, Anxo Pose, Diego, Alex Mato Mario, Raúl Reigía, Juni. Tamén: Joel, Añón, Piña, Caamaño e Martín Costa.
- Buño: Darío (Xurxo), Adrián (Fabián), José, Martín, Brais, Fran (Sergio), Luis Miguel, Breogan (Elías López), Iván Rodríguez, Elías Suárez e Eloy (Omar).
- Goles: 0-1, m.23: Jose nunha falta lateral de Elías; 0-2, m.36: Eloy tras unha combinación entre Elías e Luis Miguel; 0-3, m.44: Elías Suárez de falta directa; 0-4, m.50: Iván.
Arrincaba o partido moi igualado, nuns primeiros 20 minutos nos que Juni avisou co seu habitual olfato goleador, pero sen sorte no man a man. Pouco a pouco o Buño foise impoñendo o seu fútbol e no útlimo treito da primeira metade facía 3 tantos en sendas chegadas.
Xa co partido practicamente sentenciado, xusto á volta dos vestuarios nunha combinación, Iván o espacio fixo o 4-0, e o partido esmoreceu pouco a pouco.