Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Corcubión álzase co título por goles

Corcubion celebrando o titulo en Camelle
Corcubion celebrando o título no Rodeiro
3ª Galicia: O Corcubión álzase co título por goles

Por 1 gol (máis ben por 2), proclamouse campión da fase regular desta 3ª Galicia 2021/2022 o UD Corcubión. Os de Nito suman este curto título para as súas vitrinas, pero en calquera caso pouco importa, máis que certa puntuación de cara á seguinte fase, a clasificación de pouco vale para esta semana fase, que xa comeza o domingo, e da que só ascenderán o primeiro de cada grupo.

Xa tendes en www.futboldacosta.com as táboas dos dous grupos da segunda fase.

Finalmente foi o corcubionés César, con 20 goles, o pichichi desta primeira fase, con 2 goles máis que Juni (Seaia). Sergio Barbeira, o goleador do filial xalleiro, suma 16, e Alan, do Porteño, 14.

Oza - Ameixenda (1-0)

SD Ameixenda
11 do SD Ameixenda
  • Oza: Nacho, Casais (Jorge Pichel, m.20), Álex Vázquez, Iago, Vilariño, David Efe (Carlos, m.67), Álex López, Gonzalo (Puente, m.67), Pace, Josiño e Kevin.
  • Ameixenda: Rivers, Iván, Chapu, Sambade, Juan, Martín (Saulo m.63), Cristian, Bichinho, Chucho (Bicho m.78), Pikero e Castrexe.
  • Gol: 1-0, m.45: Pichel.

Con Nacho, xogador de campo, baixo paus, o Oza conseguíu sumar unha vitoria, e deixar a meta a cero, ante un Ameixenda que mereceu moito máis. E iso que tamén chegaba con 11 baixas e 5 tocados na convocatoria. Así e todo, o cadro ceense levou o peso do partido, e contabilizaron ata 8 ocasións para acadar o empate.

Sobre todo durante o segundo tempo, no que o propio Nacho erixiuse como o mellor sobre o céspede, parando unha e outra vez as embestidas visitantes, evitando que chegase un empate que tería sido máa xusto. Nun equipo visitante no que hai que destacar a Juan Antonio Rodríguez (segundo pola esquerda na fila de abaixo), que veu dende Suances (Cantabria) para axudarlle aos compañeiros, e foi hoxe con todo merecemento o capitán da S.D. Ameixenda.

Porteño - Pereiriña (3-0)

  • Porteño: Jose, Jose José Porto, Caamaño, Yerai, Pejo, Manoliño, Ángel, Visente, Marquiños, Martin, Joseba, Alan. Tamén: Edgar, Ibrahima, Kevin e Brais.
  • Pereiriña: Isma, Álex Agulleiro, Isma Graíño, Rubén Yaya, Fabián, Esteban, Chiru, Carlos Leis, Grille, Borja e Kevin. Tamén Brais Lagoa e Sendón.
  • Goles: 1-0, m.46: Alan; 2-0, m.53: Caamaño; 3-0, m.88: Alan.

Tardou o Porteño en romper o partido ante un bo Pereiriña, que non puido aguantar na Grixa a segunda metade.

Xallas B - Laxe (3-1)

  • Xallas: Álex Barbeira, Becerra, Jose, Jota, García, Steven, Anxo, Kevin, Nando, Doriño, Sergio Barbeira. Tamén: Brais, Isaac, Rodri, Sande e Balsa.
  • Laxe: Jacobo, Christian, J. Ángel, Sergio, Elías, joao, gora, Felipe, bieito, martin, Eloy. Óscar Toja, Santi Casás e Jacinto.
  • Goles: 1-0, m.21: Sergio Barbeira tras erro do meta laxense; 2-0, m.33: Sergio Barbeira de penalti; 2-1, m.41: Gora; 3-1, m.73: Sande tras un corner en contra.

Saíu o Xallas a dominar combinando ben e lanzando balóns á liña de fondo, ante un Laxe máis agazapado. Precisamente nun centro lateral abría o marcador coa axuda do porteiro o pichichi xalleiro, Pronto faría o segundo tras unhas inocentes mans da defensa laxense.

Recurtaría o Laxe antes do descanso meténdose no partido. oa entra de Oscar Toja e Santi Casás (que tardou pouco en lesionarse tras un choque co porteiro), pero con Gora e Felipe fóra de sitio, o cadro de Kali estivo moito mellor posicionado e tivo ocasións para empatar. Pero non conseguiu empatar e foi o Xallas o que acabou sentenciado sen demasiado apuro.

Camelle - Corcubión (4-5)

  • Camelle: David Caamaño, Ucho, Snaky (Lado, m.85), Nico, Martín, David Vázquez, Maka (Marcote, m.60), Rodri, David Vieites, Felipe e Riveiro.
  • Corcubión: Nacho, Eli, Pablo, Eva, Rubén, Gorka, Tano, Iago, César, Lu e Martín. Tamén Tori e Tono.
  • Goles: 1-0, m.1: Felipe; 2-0, m.7: Felipe; 2-1, m.18: César; 2-2, m.23: Iago de penalti; 3-2, m.47: Rodri; 3-3, m.61: Tano; 3-4, m.61: Gorka; 4-4, m.68: Riveiro de penalti; 4-5, m.75: César.

Partido moi emocionante o vivido no Rodeiro, moi igualado, e con alternativas no xogo e no marcador, coas dianteiras poñendo en apuros constantemente ás defensas, a pesar dun terreo de xogo impracticable polas choivas de toda a semana.
Comenzou o partido moito mellor plantado o equipo local e rápido se reflexaría no marcador, poñéndose 2-0 o Camelle antes do minuto 10 con dous goles de Felipe. Pouco a pouco, os visitantes foron entrando no partido e conseguiron empatar por medio de César e de Iago Lema de penalti.

Tralo descanso, de novo saiu mellor plantado o Camelle e nada máis comezar a segunda metade, Rodri poñería por diante de novo ós locales. Co paso dos minutos e a choiva o terreo de xogo púxose aínda máis impracticable e os visitantes tiraron de orgullo para darlle a volta o marcador en dúas acciones a balón parado, primeiro Tano nun rexeite na área e máis tarde Gorka de falta directa. Pouco duroulle a alegría os corcubioneses pois de novo o Camelle empataría de penalti. O gol da vitoria fíxoo César Lojo ó rematar de cabeza un bo centro de Luisete. Puido sentenciar o equipo visitante por medio de Tano e Martín, pero os locaís tamén tiveron un man a man de Riveiro no último suspiro que non entrou de milagre.

Nacho no Rodeiro co Corcubion
Nacho no Rodeiro

Douse a circunstancia que na meta corcubionesa xogou Nacho, habitual lateral, que se ten que meter baixo paus, pois o leva no sangue, unha vez que a súa irmá é Ana, a porteira do Valencia.

Este é o tanto de César que vale un título:

Castrelo - Seaia (1-4)

  • Castrelo: Agustín, Domingo, Adri Conde, Estebo, Iván Chans, Esteban, Luís, Dani Picallo, Félix, Gustavo, Sergio. Tamén: Costa, Regueira, Miguel e Roi.
  • Seaia: Anxo, Anxo, Joel, Luisma, Fabián, Martín Costa, Adrián Parga, Jose, Añón, Isaac, Juni. Tamén: Parga, Diego, Mario e Caamaño.
  • Goles: 0-1, m.5: Juni; 0-2, m.16: Fabián; 0-3, m.53: Juni; 0-4, m.75: Juni; 1-4, m.80: Dani Picallo.
Castrelo-Seaia

Un encontró dominado polo Sporting, ante un Castrelo que non conseguíu colocarse, e que acusou o gol inicial de Juni. O segundo de Fabián ampliaba a renda para que Juni na segunda intentase cazar ao pichichi da categoría.

 

Novas relacionadas

Comentarios