Mércores. 01.05.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Porteño aproveita o tropezo do Corcubión nunha xornada que non debiu disputarse

11 do SD Ameixenda
11 do SD Ameixenda
3ª Galicia: O Porteño aproveita o tropezo do Corcubión nunha xornada que non debiu disputarse

Volveu rodar o balón nos campos do Fútbol da Costa. Non en todos, pois foron un total de 9 partidos suspendidos por problemas de COVID dos 21 que se tiñan que desputar nesta xornada. Unha xornada que ademais foi retrasada no calendario trala suspensión das ligas costeiras na última fin de semana de 2021, polo pasamento do colexiado cormelán Lucas Vicente Vidal.

Na 3ª, de feito, 9 dos 10 equipos (só faltou o Xallas) pedían á RFGF a suspensión da xornada durante estas dúas vindeiras xornadas, e retomar a xornada 10ª ata o 23 de febreiro. Pero a Federación non escoitou as demandas dos equipos, e se retomou a competición con só o Seaia-Camelle suspendido, pero con grandes problemas nos equipos para xuntar unha convocatoria.

Un exemploi foi o partido do Pereiriña-Castrelo, disputado o sábado, a pesar de que o cadro vimiancés notificaba un positivo e un xogador que tivo que gardar corentena o sábado de dous xogadores que estiveron adestrando o venres.

 

Corcubión - Laxe (1-2)

  • Corcubión: Mario Suárez, Elihu, Eva, Rubén, Domínguez, Iago Lema, Joaquín, Nacho, Martín Rey, Luís Lago, Pablo Castro. Tamén: Caye.
  • Laxe: Eloy Novoa, Jacinto, Jose Ángel, Jorge, David Mohedano, Bieito, Dani Torrado, Danilo, Sergio, Elías, Martinsiño. Tamén: Jacobo.
  • Goles: 0-1, m.12: Elías; 0-2, m.77: Martinsiño; 1-2, m.80: Martín Rey.

Sorprendeu o Laxe a un Corcubión que chegaba líder a esta primeira xornada de 2022. 12 contra 12 nas convocatorias, o que dá conta tamén da situación.

Na primeira metade o Corcubión apenas fixo lucirse a Eloy nunha gran intervención pero non chegaba con claridade. Si que chegaba o Laxe que aos 12 minutos abría o marcador cun gol de Elías. A lesión de Jorge provocaba que o porteiro suplente Jacobo entrase de xogador, pero aínda así aguantaría a primeira metade moi ben.

Na segunda, o Corcubión veuse máis arriba, pero atópase cun gran Eloy na meta visitante. Martinsiño facía o segundo e o Corcubión só conseguía acurtar distancias pero non impedir a súa segunda derrota da temporada.

 

At. Pereiriña - Castrelo (4-2)

  • At. Pereiriña: Ézara, Isma Graíño, Lucho, Jose , Fabián, Borja, Chiru, Carlos Leis, Tebo, Tito , Rubén. Tamén: Uri, Fiuza, Brais Lagoa, Tonecho.
  • Castrelo: Esteban, Luís Roget, Dani Picallo, Martín, Samuel, Félix, Sebas, Agus, Gus, Esteban Lado, e Roi. Tamén: Adrián.
  • Goles: 0-1, m.35: Roi; 1-1, m.40; 2-1, m.60: Isma Graíño; 2-2, m.65: Dani Picallo; 3-2, m.70: Carlos Blanco; 4-2, m.75: Javi de penalti.

Con numerosas baixas, e pendentes das corentenas in extremis, o Castrelo pelexou en Cee ante un Pereiriña que soubo aproveitar mellor as ocasións.

 

Ameixenda - Porteño (0-2)

  • Ameixenda: Rivers; Chacho, Capelo, Chapu, Sambade (Bicho, m. 53), Iván; Elhadji, Chucho, Bichinho; Alexis e Martín (Galindo, m.52).
  • Porteño: Lema, Porto, Pejo, Manoliño, Cachi, Visente, Joseba (Brais, m.75), Ángel, Marquiños (Edgar, m.65), Martín e Alan.
  • Goles: 0-1, m.30: Martín tras un pase espectacular de Visente; 0-2, m.55: Marquiños tras un rexeite a un bo tiro de Martín que parou o porteiro e batiu no longueiro.

Notan os dous equipos o parón de Nadal de case un mes, e con toda a pandemia. De feito, a segunda metade foi para esquecer, cando o baixón físico afectou aos dous conxuntos. Faltaba Juan Ovello no cadro de Cousillas, e nótase na parte de arriba dos da Ponte. Pero aínda así, os de Cousillas manexaron ben o encontro, ante un Amexienda que o intentou coma sempre.

O choque mantívose cun ritmo baixo, sen perigo para os porteiros que eran espectadores dun ir e vir polo medio do campo sin moito sentido. E na primeira xogada que os visitantes lograron enlazar a unha velocidade un pouquiño maior xa foron capaces abrir a lata.

Ao Ameixenda custáballe moito chegar a portería de Lema e isto permitía que o Porteño, sen facer nada do outro mundo estivese relativamente tranquilo, tendo ademáis unha oportunidade para o 0-2 que desbaratouna Rivers cunha boa parada. Na segunda parte non lle dou tempo ao Ameixenda de intentar empatar xa que moi pronto, m.53, o Porteño marcaba o 0-2 logo dun tiro que rexeita o traveseiro e Marcos, máis rápido que os defensas non desaproveita a ocasión. Co partido practicamente decidido, sí tuvo o Porteño 3 ou 4 boas ocasións de gol, pero Rivers fixo outras tantas intervencións, sendo o artífice de que o partido chegara ao final con 0-2 no tanteador.

 

Oza - Xallas (5-4)

  • Oza: Gesto, Alberto, Álex Vázquez (David Fernández, m.75), Vilariño, David Lista, Pace, Álex López, Gonzalo (Nacho, m.60), Carlos (Kevin, m.68), David LP e Suso (Martín Puente, m.78).
  • Xallas: Alex Barbeira, Jairo, Jota, Becerra, Michu; Fidalgo, García, Geli; Doriño, Barbeira e Nando.
  • Goles: 0-1, m.8: Iván Fidalgo tras un centro de Doriño; 1-1, m.10: Suso; 1-2, m.23: Sergio Barbeira dende fóra da área pegando no pau tras unha xogada con Geli; 2-2, m.33; Suso marca un golazo pola escuadra ao pau longo; 3-2, m.67: Suso; 3-3, m.68: Sergio Barbeira de cabeza; 3-4, m.85: Dani Barbeira tras un centro de Sergio Barbeiras tras unha xogada con Rabelo; 4-4, m.90: Nacho; 5-4, m.93: Pace.

Partido de ida e volta, cun Xallas B máis controlador, buscando pases aos espazos, pero cun Oza tremendamente afiado nas contras. Así e todo tardou en coller ritmo o choque, cos dous equipos expectantes para ver que facía o contrario. Pronto abría Fidalgo o partido, pero Suso, o gran goleador carballés anulaba a renda.

O Xallas tiña máis presencia, chegando dous auténticos golazos dende fóra da área, case consecutivos, un de Barbeira para cadro xalleiro e outro de novo de Suso para os locais.

Na segunda volveuse tolo o choque tralo 3-2 de novo de Suso. O Xallas veuse arriba e remonta o partido cos tantos dos irmáns Barbeira. Quedaban apenas 5 minutos, e a emoción estaba servida. O Oza púñase a colgar balóns e Nacho consegue o empate. E cando xa case firmaban o empate os dous equipos, outro balón colgado Pace facía o definitivo 5-4 nesta tolemia de parte final de encontro.

 

Comentarios