Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª RFEF: O Sofán deixa o posto de pechacancelas trala súa segunda vitoria consecutiva

SD Sofan segunda vitoria
Foto da SD
3ª RFEF: O Sofán deixa o posto de pechacancelas trala súa segunda vitoria consecutiva

Segunda vitoria seguida do equipo de Alberto Rodríguez e Cantudo que fan soñar aos seus con que a permanencia é posible. Pois foron 3 puntos colleitados ante un rival directo como o Viveiro, que marca a permanencia con 18 puntos, 6 máis que os carballeses agora.

Sofán - Viveiro (1-0)

  • Sofán: Iván Martínez, Borja, Becerra, Alexandre, Fita, Paulo, Brais, Fabián, Gody, Kolie e Juanjo. Tamén: Álex López, Iriso, Raúl, Martín, Álex Gallego, Manu Barbeiro, Eibe.
  • Gol: 1-0, m.58: Alexandre.

Ambiente no Carral

Partido intenso no Carral nunha mañá soleada na que os carballeses xa saían a por todas. Barriron do campo aos da Mariña no primeiro tempo, con varias ocasións como un remate de Becerra á saída dun córner que a piques se convertía no 1-0.

Mandaron no último treito da primeira metade dous balóns á madeira os visitantes, pero o descanso sentoulle ben aos locais.

A saída volveu ser fulgurante, e pronto Alexandre abría o marcador cun zurdazo. Comezou a apretar de novo o Viveiro pero Brais salvaba as accións directas. Sentou ben a entrada dos Eibe, Raúl e Martín (mandou un balón ao longueiro), pero añinda tocou sufrir para manter o resultado e sumar esa segunda vitoria seguida que os saca do pozo.

Resultados e clasificación en futboldacosta.com.

Comentarios