Venres. 03.05.2024
El tiempo

450 nenos convertiron Buño na capital do fútbol base por Semana Santa

450 nenos convertiron Buño na capital do fútbol base por Semana Santa
O ambiente reinou en Xaviña, como o demostra esta imaxe na que o Xallas faille pasillo ao Imperátor infantil O ambiente reinou en Xaviña, como o demostra esta imaxe na que o Xallas faille pasillo ao Imperátor infantil

Afianzado parece xa este Torneo de fútbol Base Concello de Malpica que organiza a AD Vidù e o Concello. Despois do éxito do ano pasado, esta pasada fin de semana, o Campo de fútbol de Xaviña (Buño) acollía a 3ª edición, con máis 450 nenos e nenas (en 32 equipos) participantes e máis de 2500 persoas que se achegaron ata terras oleiras.

Laracha, As Baleas, Luís Calvo e Imperátor OAR foron os grandes triunfadores en Buño, pero o importante era disfrutar do deporte.

Prebenxamíns

Laracha campion Prebenxamin do Torneo de Malpica de Semana SAnta Laracha, campión Prebenxamín

Na categoría prebenxamín, houbo tres equipos que presentaron a súa candidatura ao título desde o primeiro momento e é que Imperátor, As Baleas e Laracha mostráronse moi sólidos na fase de grupo para clasificarse para a fase final, onde estarían acompañados por un Xallas que tan só se viu superado polo conxunto larachés.

A igualdade que houbo entre estes equipos na fase inicial plasmaríase nas semifinais. A disputada entre o Laracha e As Baleas decidiríase por un axustado 2-0, mentres que na outra, o Xallas superaría na tanda de penaltis a un Imperátor que maravilló aos espectadores co seu fútbol vistoso.

No partido decisivo, máis do mesmo e cando todo estaba encamiñado á prórroga, Aarón facía o 2-3 definitivo que lle daba o título de campión ao Laracha sobre a bocina e deixaba a un gran Xallas ás portas do éxito.
No que respecta á final de consolación, o Imperátor vencería a un As Baleas que deu unha gran imaxe e que acabou o torneo nunha meritoria cuarta posición.

Raul Martinez mellor porteiro Prebenxamin con Trucho Raúl Martínez, mellor porteiro Prebenxamín, con Trucho

En canto aos trofeos individuais, o xalleiro Raúl Martínez levouse o trofeo ao mellor porteiro da man da Escola de Porteiros Nordés, mentres que o mellor xogador foi o talentoso Pablo Mosquera do Imperátor OAR.

Pablo Mosquera mellor xogador prebenxamin co alcalde de Malpica Pablo Mosquera, mellor xogador prebenxamin, co alcalde de Malpica  

En Benxamíns

As Baleas campion benxamin en Malpica As Baleas, campión benxamín en Malpica

En benxamís tamén houbo tres equipos que desde o primeiro momento mostraron unha gran solidez, polo que As Baleas, Sofán e Cabana encamiñarían o seu rumbo no torneo cara á fase final. O cuarto conxunto que acompañaría a estes tres sería un EDM Ponteceso que se clasificaría polo maior número de goles marcados que un Xallas co que estaba empatado a puntos e que tiña a mesma diferenza de goles que os da vila de Pondal.

Nas semifinais, As Baleas e Cabana cosecharían un resultado similar, ante EDM Ponteceso e SD Sofán, respectivamente, para conseguir o pase á gran final, na que os de Camariñas sairían vencedores logo de superar ao conxunto cabanés por 5-1.
Na final de consolación, o Sofán superaría por 2-4 ao Ponteceso nun partido vibrante.

Cabana subcampion benxamin en Malpica Cabana, subcampión benxamín Sofan terceiro clasificado Benxamin en Malpica Sofán, terceiro clasificado Benxamin en Malpica EDM Ponteceso cuarto clasificado benxamin en Malpica EDM Ponteceso, cuarto clasificado benxamin en Malpica Erik Canosa, mellor xogador benxamín en Malpica

No que aos trofeos individuais refírese, Erik Canosa do As Baleas FS, levouse o galardón ao mellor xogador mentres que o mellor porteiro foi para o cabanés Kelyan Faria.

Kelyan Faria mellor porteiro benxamin en Malpica Kelyan Faria, mellor porteiro benxamin en Malpica  

En Alevíns

Luis Calvo campion Alevin do Torneo Malpica Semana Santa 2017 Luis Calvo, campion Alevín

No que respecta á categoría alevín, Luís Calvo e Laracha clasificáronse para semifinais nun igualado grupo A que se decidiu na terceira e definitiva xornada. No grupo B, o Corme mostrouse infranqueable durante a fase de grupos, gañando os tres partidos, mentres que Sofán e Buño xogaríanse o pase á fase final na última xornada, na cal os sofanistas non deron opción en ningún momento ao equipo anfitrión.

A igualdade nas semifinais sería total e tanto as Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz como o Corme CF terían que empregarse a fondo para clasificarse para a gran final ante o SD Sofán e o Laracha CF, respectivamente. Os laracheses vencerían aos sofanistas na final de consolación, mentres que no partido que decidiu o título de campión, os da terra do Roncudo puxeron moitas dificultades ao Luís Calvo, pero os carballeses decantarían o encontro ao seu favor nos minutos finais e deixarían ás portas do éxito a un Corme que deu unha gran imaxe durante todo o campionato e mostra diso, foi o trofeo ao mellor porteiro que se levou o seu guardameta, Quique Amado.

Quique Amado mellor porteiro Alevin Con Martin Varela e Trucho Quique Amado, mellor porteiro Alevin, con Martin Varela e Trucho

No que respecta ao trofeo de mellor xogador foi para un eléctrico e talentoso Álex García, do EF Luís Calvo Sanz, que sería clave na consecución do título de campión do seu equipo.

Alex Garcia mellor xogador Alevin con Amarelle Alex Garcia mellor xogador Alevin, con Ramiro Amarelle  

En infantís

Imperator campion Infantil en Malpica Imperator, campión Infantil en Malpica

A categoría infantil tería un toque feminino moi especial, cun Vitoria CF formado ao completo por mozas que competiu de xeito espectacular en cada un dos seus partidos e que practicou un fútbol vistoso que deixou moi bo sabor de boca aos espectadores presentes en Xaviña, os cales agradeceríano con numerosas ovacións ás chico blanquinegras. No grupo B do Vitoria CF Feminino, serían o As Baleas FS e o Xallas FC os equipos que se clasificarían para as semifinais, nas que estarían acompañados polo Corme e o Imperátor OAR. Xalleiros e herculinos gañaríanse o pase á gran final logo de realizar dous serios partidos ante Corme e As Baleas, respectivamente. Na final de consolación, os da terra do Roncudo e os do Vilán ofreceron aos espectadores un gran partido con moita emoción e moitos goles, que acabaría caendo ao lado do Corme.

Mentres que na gran final, un Imperátor guiado por un gran Antón e unha espectacular Carlota baixo paus acabaría levándose o título de campión do III Torneo de Fútbol de Base Concello de Malpica ante un desafortunado Xallas que realizou un gran partido pero que viu como os paus evitaban os seus goles en varias ocasións.

Xallas subcampion Infantil en Malpica Xallas, subcampion Infantil en Malpica Victoria CF Femenino Infantil en Malpica Victoria CF Femenino Infantil en Malpica Corme terceiro clasificado Infantil en Malpica Corme, terceiro clasificado Infantil en Malpica Carlota Barreiro mellor porteira Infantil en Malpica Carlota Barreiro, mellor porteira Infantil en Malpica

En canto aos trofeos individuais, unha Carlota que mostrou as súas grandes calidades baixo paus e que foi clave para que o Imperátor conseguise o campionato, foi nomeada mellor porteira da competición mentres que o galardón de mellor xogador foi para un Kevin Varela que guiou ao Xallas ata a final desde o primeiro partido do torneo.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios