9 clubs arrincaron a mini tempada de Fútbol Base
A falta de que comecen os Xuvenís a vindeira semana (ao seren dous grupos de 4 teñen menos xornadas na primeira fase), arrincou esta mini tempada no Fútbol Base. De cadetes a Prebenxamíns, 9 clubs (Outes, Cee, Xallas, Os Miúdos, Coristanco, Cerqueda, Coristanco, Dumbría e EMF Vimiianzo), comezaron a ver rodar o balón.
Apenas un partido puido desputarse en Cadetes, o que enforntaba no Eleuterio Balayo a Os Miúdos e Xallas e que comezaba cun sentido minuto de silencio polo pasamento de Venancio París, que fora alma do fútbol muradán.
Minuto de silencio no Eleuterio
Moitos goles na primeira Infantil, co Cee e Outes demostrando o seu eterno potencial de base.
F8
Peques do Cerqueda. Foto. UD
Moita igualdade nas ligas de F8, onde tamén comezou a rodar o balón en campos como o Cunchido, o Conco, a Rocheira, o San Paio de Refoxos ou Fontenla, onde precisamente se vivía un fermoso encontro, entre dous eternos xogadores do fútbol modesto costeiro, agora tamén nos banquiños: Doro, adestrador dos peques xalleiros, e Leo, na familia do U.C. Cee.
Benxamíns do Cee, con Leo, en Fontenla. Foto: Xallas