Venres. 11.10.2024
El tiempo

A Champions da Costa

Manolin e Manin con Josino Mira no sorteo da Copa da Costa
Manolin e Manin con Josiño Mira no sorteo da Copa da Costa
A Champions da Costa

Xa esta todo en marcha para unha nova edición da Copa da Costa, ese torneo que a nivel profesional tomamos máis como unha Champions que coma unha Copa do Rei.

Desde a sua creación e pasiño a pasiño, foise mellorando a competición para ser máis competida e sorpresiva- Unha das grandes decisions tomadas foi simplificar as finais, deixarse de xogar a doble partido para facelo en terreno neutral e a un só partido.

O que tampouco podemos ser é hipócritas, gústanos sacar peito sobre a repercusión que esta collendo a copa, sempre en directo nas finais coa trasmisión da radio e ahora incluso televisada por a TVG2, pero moitos anos foi o pato feo de final de tempada. Moitos equipos que tiñan obxectivos de ascenso ou evitar descenso nas súas respectivas ligas non se inscribían a xogala; outros ocurríalle ter que decidir en que gastaban as súas forzas durante o torneo, algún equipo retirouse das eliminatorias e outros poñían ao xuvenil,  en claro exemplo da importancia que teñen as ligas no fútbol aficionado e do complicado que e xogar partidos importantes sábado e domingo.

Unha das peticións máis reclamadas, e que por fin este ano dan o paso, é o de xogar a partido único na casa do rival de inferior categoría. Isto fai alixeirar  fechas de competición e que poida darse alguna sorpresa inesperada, de momento será hasta cuartos de final pero quen sabe se algún día sigue avanzando ata semifinais ou xa toda a competición.

Outro punto importante e destacado, e que a Federación dou un paso adiante para que a Copa teña algo de misterio e incertidumbre para os clubes, a non facer todo o cadro nun só sorteo. Fai que os equipos pelen por pasar ronda en busca da sorte dun rival da misma categoría ou inferior, non como antes que xa sabías que se ías por zona de cadro de equipos de Preferente ou 1ª Rexional sería moito máis difícil.

O sorteo celebrouse en Vimianzo nun lugar emblemático volvendo unir a cultura e o fútbol, no Castelo que tantas batallas épicas viviu. Será o que dá inicio a esta nova, en busca de levantar o trofeo, e con todos os equipos da Costa no bombo.

Destacamos que o vixente campión o Xallas empezará a defender a sua coroa na Pedra Queimada en dezaseisavos contra o Malpica, o subcampión Sofán tamén xogará fóra da casa, pero ten que esperar que o seu rival saia da previa Corcubión – Baio.

Agora só desexarlle sorte a todos e que gañe o mellor.

Comentarios