Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os clubs escollen unha Copa da Costa a partido único só ata Cuartos

Os clubs escollen unha Copa da Costa a partido único só ata Cuartos

Reunion sobre a Copa da Costa en Baio Reunion sobre a Copa da Costa en Baio Intensa, como non podía ser doutro xeito, a reunión que organizaba a real Federación Galega de Fútbol este luns 21 de xaneiro de 2018, reunión para a formular o formato da Copa da Costa 2019. Boa resposta, desta volta, do Fútbol costeiro con 30 clubs presentes (outros 3 enviaron a súa votación, faltando só 3) para esta cita crucial para o fútbol costeiro, para conseguir un consenso importante no formato da Copa da Costa. O presidente Rafael Louzán abriu a sesión apuntando que estas citas son para escoitar aos clubs, e comezou agrandecendo o apoio do Fútbol da Costa na renovación da directiva, aproveitando para presentar á nova directiva Silvia Cancela. A xalleira para ofrecerse como “voz, e voto” do Fútbol da Costa na directiva, porque “sempre podemos mellorar”, e estou aquí xunto con Manolo, Óscar e demais para axudar", sinalou en clave de equipo. “Aínda estou aterrizando pois aínda que levo moito tempo no fútbol sei teño moito que aprender”, recoñeceu con humildade e gañas de traballar. Louzán falou tamén dos ascensos das categorías inferiores e recoñeceu que aínda se pode dar un paso máis ao dado ano pasado.

Copa da Costa Feminina

A primeira nova é a creación da Copa da Costa Feminina, que se celebrará cunha finalísima entre Miúdas e Bergantiños, e que se disputará o mesmo día da Copa masculina, no mesmo campo, pola mañá.

Copa da Costa 2019

”Imos intentar portarnos tan ben como merece a Copa que máis arraigo ten en Galicia”, recoñecía Louzán, que asegura que a Federación busca un modelo semellante para todas as delegacións comarcais. A RFGF fixo chegar aos clubs as 4 propostas do desenvolvemento da Competición, intentando facela máis áxil.

Corredoira explicou as propostas:

  • 1- Toda a competición a partido único no campo de menor categoría. Previa de 4 partidos. Do 12 de maio ao 16 de xuño
  • 2- Partido único excepto en Semis. Previa de 4 partidos. Do 12 ao 23 de xuño.
  • 3- Partido único ata Cuartos. Previa de 4 partidos. Do 12 ao 30 de xuño.
  • 4- Manter o doble partido en toda a competición. Previa de 4 partidos. Do 12 ao 30 de xuño.

Antes da votación, Suso da Torriña propuxo dende Corme facer partido único toda a competición, pois “somos un equipo de 2ª, e levamos 7-8 anos sendo eliminados por equipos de Pref. ou 1ª, e quero que polo menos me eliminen no meu campo”, e que se volva xogar os domingos.

A votación percorreu con algún sobresalto, pero con normalidade. Na primeira rolda os clubs votaron así:

  • Proposta 1: Corme, Coristanco, Malpica, Esteirana, Muxía, San Lorenzo, Ameixenda, Corcubión, Seaia, Volantes, Buño, Lira
  • Proposta 2: Xallas, Castriz, Ponteceso, Mazaricos,
  • Proposta 3: Camelle (delegado), Dumbría (delegado), Fisterra (delegado), Montelouro, Cerqueda, Laxe, Cabana, Sofán, Outes, Muros, Soneira, Baíñas.
  • Proposta 4: Nantón, Baio.

A RFGF propón decidir eles, pero os clubs defenderon volver a votar e votaron entre as dúas propostas finalistas, cambiando o voto 4 equipos (Xallas, Ponteceso, Baio e Mazaricos) a favor a proposta 3.

Proposta escollida: Partido único ata Cuartos.

O sorteo realizarase en febreiro pero as datas previstas son as seguintes:

  • Previa 3 de marzo
  • Dezaseisavos 12 maio
  • Oitavos 19 de maio
  • Cuartos 26 e 2 de xuño
  • Semis 9 e 16 de xuño
  • Final 23 de xuño

Ademais de protestar pola calidade dos balóns (a RFGF lembrou que non gaña un duro co asunto e que o vindeiro ano vai cambialo), quedou claro que nas eliminatorias a partido único, a cantina queda para o club local e os gastos dos árbitros (serán sempre trío) correrán a cargo do mesmo club locatario.

Novas relacionadas

Comentarios