Sábado. 02.11.2024
El tiempo

A instalación do céspede artificial en Fontenla, máis cerca

A instalación do céspede artificial en Fontenla, máis cerca
Campo de fútbol de Fontenla, Santa Comba Campo de fútbol de Fontenla

Xa están en proceso de licitación as obars de remodelación e mellora do campo de fútbol de Fontenla, en Santa Comba. A Deputación da Coruña, a través do Plan único (POS+2018), vai ser a que financie esta obra con máis de 400.000€, e que permitirán que o único campo aínda de herba natural teña un céspede sintético de última xeración, lastrado con area e cargado con caucho.

Unha mágoa para o fútbol costeiro, pois perderá un fantástico campo para recibir equipos de altar categorías (por exemplo aquela visita do Coruxo de 2ªB no partido Solidario de QPC non se podería ter xogado noutro campo). Pero tamén é certo que unha gran nova para o fútbol xalleiro, pois todas as categorías poderán disfrutar do campo municipal a calquera hora, sen necesidade deses tempos de parada para o seu custoso mantemento.

As obras incluirán a instalación de novas redes de rega e drenaxe, a conexión das torres de iluminación xa existentes á rede eléctrica do complexo e a dotación de novo equipamento deportivo (porterías de fútbol, bandeirolas, bancadas, etc.).

O novo terreo, de herba artificial de alta resistencia lastrada con area de sílice e caucho, terá unhas dimensións de 100 metros de longo por 60 de ancho, máis un espazo de 1,5 metros nas bandas laterais e 2,5 m. nos fondos. Contará con varanda de aluminio no perímetro e permitirá tanto a práctica do fútbol 11 coma do fútbol 7.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/rafael-louzan-analiza-o-proxecto-de-renovacion-do-campo-de-fontenla/ https://quepasanacosta.gal/a-pipa-futbol-de-piscina/

Comentarios