A Xornada: esperanza en Dumbría, salvación en Baio e case en Fisterra / Igualdade na Copa parte 2ª

00:20 14/05/18
Xornada de esperanza en Preferente e 1ª Galicia e de igualdade nos partidos copeiros que faltaban por xogarse nos oitavos de final. En Preferente Norte o Dumbría agota as súas últimas esperanzas, cunha vitoria moi sufrida ante o descendido At.Escairón, que foi un rival máis duro do esperado, e só un gol de Capelo a falta de un cuarto de hora doblegou ó conxunto lucense. Agora terá que vencer os seus dous partidos e esperar pinchazos dos equipos que ten por diante. O Sofán asegurou a permanencia cun sufrido empate en Arzúa, con gol de Juan de Dora, e o Xallas foi un difícil rival para un Paiosaco camiño de 3ª División.
Na 1ª Galicia o partido chave era en Ara Solis, e o Fisterra, como nas grandes ocasións, respondeu como tiña que facer. Dous goles do xuvenil Isaac tumbaron ó Bastavales e fan que o Fisterra só necesite empatar en Piloño para asegurar a categoría. Iso fixo o Baio na súa visita a Silleda, firmando unha salvación nunha recta final de liga moi meritoria, cun empate ante o colista con gol de Santi Díaz. O San Lorenzo caeu ante un Puebla lanzado hacia a promoción e o Soneira empatou ante o Lalín pensando máis na copa que na liga.
Na Copa da Costa completáronse os oitavos de final cos catro partidos que faltaban. Nun encontro moi igualado e tenso o Muxía venceu ó Corme por 1-0 con gol de Adrián Alcaina e deixan todo para a volta. En Malpica Manteca e Eiroa adiantaron ós locais, pero un gol de Fabián dalle moitas opcións ó Zas de remontar en San Andrés. Gran partido en Xaviña, onde o Cerqueda se impuxo á Esteirana por 4-2. Ganaban os locais 2-0 ó descanso, pronto remontou a Esteirana pero nos últimos minutos o Cerqueda atopou o camiño do marco do campión de liga e leva unha boa vantaxe ó Xosé Luis Vara. En Ponteceso o Mazaricos sacou un bo resultado, que puido ser mellor pois vencía por 0-2 pero un gol de Ismail da esperanzas ós pontecesáns para a volta.


PREFERENTE NORTE
U.D. PAIOSACO 1 - XALLAS F.C. 0 1-0 30´Diego Lois C.S.D ARZÚA 1 - S.D. SOFÁN 1 0-1 49´Juan de Dora 1-1 57´Miguel C.F. DUMBRÍA 3 - AT. ESCAIRÓN 2 0-1 13´David Calo 1-1 36´Yuyo 2-1 53´Marcote 2-2 57´Borja 3-2 75´Capelo1ª GALICIA
S.D. FISTERRA 2 - U.D. BASTAVALES 0 1-0 17´Isaac 2-0 28´Isaac SONEIRA S.D. 2 - C.D. LALÍN 2 1-0 20´Chinda 1-1 35´Brais 2-1 45´Chinda 2-2 82´Manuel Rego S.D. SAN LORENZO 0 - PUEBLA C.F. 5 0-1 2´Pablo 0-2 5´Pape 0-3 34´Xacobe 0-4 52´Pape 0-5 57´Changui C.F. SILLEDA 1 - C.D. BAIO 1 0-1 11´Santi Díaz 1-1 77´Gus