Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xornada: A CopadaCosta e as Fases de Ascenso toman o mando

Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com e a fase de Ascenso á Liga da Costa en www.copadacosta.com

IMG_20190512_202000
Foto familiar da Copa de F8
A Xornada: A CopadaCosta e as Fases de Ascenso toman o mando

Menuda fin de semana esta de fermoso sabor copeiro. Esta fermosa Copa da Costa a partido único deixou aos dous Preferentes, o que nos fai afrontar unha competición igualadísima. Ademais, de Xallas e Sofán, tamén quedaron fóra Baíñas, Ponteceso, Muxía ou San Lorenzo. 
Mañá traeremos as crónicas pero xa podedes ver como quedou o cadro, que podedes ver con todas as competicións copeiras en copadacosta.com.

Unha Copa que se dispersou tamén en sábado pois a Primeira e a Preferente continúan vivas. O máis destacado é a vitoria dun Fisterra segue sen perdoar e está a un partido do título e do ascenso. Por abaixo, a xornada foi moi positiva para Xallas e Soneira pero moi negativa para unha Esteirana que se mete en descenso directo, provocando (se non o evita o Volantes) o descenso do Cee a 3ª. 

A Copa de F8

Traeremos tamén crónica completa da fermosa festa do F8 vivida o sábado nas Redondas. Unha completa xornada na que a SD Fisterra, con dous títulos, e o Outes, saíron triunfadores.

Ao mesmo tempo, en Noia, o EFM Vimianzo e o Concello de Ponteceso xogaron a Fase Final Provincial de FS, coincidencia que os deixaron sen unha final de Copa que se gañaran no campo. Os pontecesán saíron campións alevíns mentres os vimianceses caeron na final.

Fases de Ascenso

Dos seis representantes costeiros nas Fases de Ascenso Ás Ligas Galegas Base, só o Dumbría infantil pasou de ronda.

Fisterra Xuvenil e Outes Cadete, como segundos, quedan eliminados mentres que os tres campións dos grupos costeiros, Os Miúdos xuvenil e Zas Cadete, e o Cee infantil (que perdeu a penaltis), aínda teñen opcións volvendo a Cuartos.

Máis Copa

A fin de semana deixou tamén competicións copeiras en todas as categorías, Xuvenís, Cadetes, Infantís e Veteranos, que podedes ver en www.copadacosta.com.

Comentarios