Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Abellariza prepara un novo Campus de Fútbol no Pinguel

Campus Futbol Abellariza en Ponteceso
A Abellariza prepara un novo Campus de Fútbol no Pinguel

A Agrupación Deportiva Abellariza organiza un Campus de Futbol entre o 26 e o 30 de xullo, será un campus anual en colaboración co Corme C.F é co Puenteceso, S.D., a actividade terá carácter rotativo celebrándose no Pinguel e no Cairo respectivamente, comenzando esta edición no Pinguel, e contando con adestradores titulados.

As idades dos participantes estarán comprendidas entre os 6 e os 13 anos.

O custe do Campus será de 50 € en xeral, e de 40 € para as familias que inscriban máis de un neno, e para os xogadores que militen nas categorías do Corme C.F. e do Ponteceso S.D.

O horario será de de 10:00 h. a 14:00 h, a inscrición (en www.abellariza.es/campus comezará o 10 de Xuño e pecharase o 10 de xullo., haberá prazas limitadas.

O Campus se levará a cabo baixo o protocolo Covid, e ca inscrición entregaráse a cada neno unha camiseta conmemorativa + pantalón + balón, e inclue tamén unha merenda saudable.

Comentarios