Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Alex Canedo, un central de categoría buscando a Copa da Costa

Alex Canedo, un central de categoría buscando a Copa da Costa
O ano pasado pisou a Costa por vez primeira, dando recitais no Baíñas e chegando ás semifinais de Copa, onde caeron co futuro campión, o Fisterra. Pero Alex Canedo non quedou contento, e este ano intenta o asalto á final de Copa co Xallas. A Esteirana é o último obstáculo, un rival de cuidado, e unha cita ilusionante no Xosé Luis Vara a deste fin de semana. Despois dunha gran tempada, cun inicio difícil e un nivel defensivo do Xallas a altura dos mellores, quere cerrar o ano futbolístico cun título. O central carballés fálanos das súas sensacións ante a importante cita. QPC - O pasado domingo a Esteirana plantouvos cara. O resultado foi xusto? O partido foi como esperabamos mais ou menos. A Esteirana saiu moi agresivo en cada accion e nos esperamos ben a que pasaran eses minutos de euforia para aproveitar erros que tiveron na liña defensiva e marcar os dous primeiros tantos. Aínda así, seguiron tendo chegadas porque nós esperamos moi atras e froito da insistencia acabaron metendo o 2-1 antes do descanso. Na segunda parte estivemos xa moito mellor, presionando ben arriba e tendo ocasións ata marcar o 3-1. QPC - Védesvos con un pé na final? Ese gol que nos marcaron non descarta á Esteirana para a final. Alá apretarán e xogarán ó limite como empezaron o partido de ida. Polo tanto, non podemos pensar na final nin moito menos. QPC - Como ves a outra semifinal? Na outra semifinal vexo como favorito ó Sofán polo feito de non recibir gol na sua casa. Aínda así é moi semellante á nosa eliminatoria. Durmirse podría custarlle o pase á final ó Sofán. QPC - Que rival prefires de conseguir vos eliminar á Esteirana? Prefiro ó Sofán. Considero que sería un partido moito máis complicado pero tamén se disfrutaría máis, tanto nós como os afeccionados. Alex Canedo parece pedir paso e desexa unha final Xallas - Sofán QPC - Que tal o teu primeiro ano no Xallas? Que balance fas da tempada? A tempada comezou moi mal, acabando na destitución de Noé. Non tivemos nada de sorte ata entón, pero a partires de novembro estivemos unha volta enteira perdendo só un partido. Foi ahí cando penso que se corresponderon os resultados co potencial deste equipo. De todas formas, non merecemos máis premio e meternos no play off, para eso, na miña opinión hai que mellorar moitas cousas. QPC - E a nivel persoal, foi un bo ano para Alex Canedo? A nivel persoal poñome un 6 porque me gusta ser crítico conmigo mesmo. De todas formas creo que son mellor xogador que o último ano en terceira co Bergantiños, porque recuperei sensacións que facía xa anos que non tiña. Por iso, espero poder mellorar uns puntiños esa nota a vindeira tempada. QPC - A Copa da Costa é diferente, non? Que tal a túa experiencia estos dous últimos anos? Xoguei a copa do lado dos favoritos e tamen dos menos favoritos e en ambos casos vin sorpresas. Por iso sempre digo que a Copa da Costa ten algo especial e recomendo a todos os xogadores da Costa a disfrutala cando menos unha vez, aínda xogando mais arriba sorprenden os ambientes que hai nas derradeiras eliminatorias.

Comentarios