Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Ameixenda despídese tras unha década de fútbol

Un dos primeiros equipos do SD Ameixenda en 2012. Foto: Javier Trillo
Un dos primeiros equipos do SD Ameixenda en 2012. Foto: Javier Trillo
O Ameixenda despídese tras unha década de fútbol

Esta semana a SD Ameixenda confirmáballe á Federación Galega de Fútbol que non competirá na temporada 2024/2025. Tras varios anos sobrevivindo na 3ª Galega, con moitos problemas de efectivos, o club ceense decide retirarse da competición. A creación, ademais, do Inter de Brens non facilita tampouco a súa continuidade.

Rematan así as andainas polo fútbol costeiro dun club singular, “polo menos de momento. Nunca se sabe nos anos vindeiros o que pode pasar”, recoñece Fernando Domínguez, a alma do club amarelo. Fernando é unha desas persoas que deixa unha pegada importante a pesar de estar só 11 anos en competición (o club foi fundado na 2012/2013). Non hai persoa en todo o Fútbol da Costa que non o respecte, que non o valore, que non recoñeza o seu esforzo e traballo porque as cousas saian adiante, porque o fútbol sume, medre.

Fernando Dominguez de Ameixenda coa muller Cruz Caamano nunha das Galas do FutboldaCosta QPC-Foto-David Castro
Fernando Domínguez coa muller Cruz Caamaño nunha das Galas do FutboldaCosta QPC-Foto-David Castro
11 do SD Ameixenda 2024
Un dos últimos 11 do SD Ameixenda nestemaio de 2024

Foron mais de 100 xogadores os que pasaron polo club nestes anos. Fernando agradece a partipación a todos e cada un, e non quere deixar de nomear aos diferentes adestradores que tiveron a sorte de contar con eles: Pepe Castro, J. Ramón Gómez Ayala "Sieso", Manuel Oliveira Gómez "Manolín", José M. Rodríguez Lema "Pato", Manuel Santos Ínsua, Raúl Periscal Blanco, Julio Vila Torres, Javier Barrientos Díaz "Javichu", Javier Cambeiro "Pinturas" e Jesús M. López Caamano. “Todos aportaron o seu saber, experiencia e sobre todo moita paciencia”, relata.

Pero non pode evitar salientar unha figura. “Pero estamos moi orgullosos de que o mellor de todos, unha auténtica lenda do fútbol costeiro e galego adestrara ao noso equipo, Manuel Oliveira Gómez “Manolín” con maiúsculas. Creo que nunca será recoñecido como se merece”.

Manolin Oliveira
Manolín, historia viva do Fútbol da Costa

A historia do club

Comentarios