Venres. 04.10.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: SD Ameixenda

As cores do meu equipo: SD Ameixenda
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa - QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: SD Ameixenda

Camiseta da SD Ameixenda Camisetas da SD Ameixenda

escudo SD Ameixenda

A orixe das cores da equipación da Sociedade Deportiva Ameixenda remóntase a principios da década dos anos 70, cando Andrés Rodríguez Arjomil, cura das parroquias de Brens e Ameixenda, fai unha viaxe a Rusia, e trae un lote de camisetas amarelas con tres franxas horizontais de cor negro. Eran as cores do equipo moscovita máis de moda neses intres, o Torpedo de Moscú. Os rapaces do pobo fixeron un equipo de fútbol (que non chegou a estar federado) e xogaban partidos contra os mozos de Brens, Ezaro, O Pindo, etc. Vestían esas camisetas amarelas e fixéronse chamar “Os Relámpagos da Ameixenda”. Co tempo fui indo a menos a celebración destes partidos de fútbol “inter-parroquiais”, desaparecendo estes equipos en favor das entidades deportivas federadas. Pero a partir do ano 2010 fui xurdindo na Ameixenda a idea de retomar o equipo de fútbol xa con un carácter mais formal, para participar nas competicións federadas correspondentes. Camiseta do equipo de Ameixenda do 1971 Imaxe dun equipo de Ameixenda do 1971

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-porques-das-cores-dos-equipos-do-futbol-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/a-gala-qpc-puxo-en-santa-comba-o-emocionante-broche-de-ouro-a-temporada-do-futbol-da-costa/

Comentarios