mércores. 30.04.2025
El tiempo

A posible caída do Ameixenda abre a porta á creación do Inter de Brens

Inter de Brens escudo
Escudo do novo Inter de Brens
A posible caída do Ameixenda abre a porta á creación do Inter de Brens

Remata a temporada e xa comeza o baile de adestradores, pero tamén de clubs. E o primeiro que podemos falar é sobre os movementos que hai en Cee.

Semella complicado que o Ameixenda, que xa a comezos de temporada estivo a piques de non saír a competir, saia a vindeira campaña 24/25. Despois dun SOS da directiva, o grupo de xogadores comprometeuse e respondeu, pero a temporada foi dura deportivamente, sen poder conseguir un só punto. O club aínda está pendente de varias reunións pero todo apunta á súa desaparición.

O que pode ocupar ese espazo (se é que o hai, nun Concello como Cee onde xa existe o U.C. Cee e o Atlético Pereiriña) pode ser o Inter de Brens. Hai serios movementos parroquia ceense para crear o club e saír a competir na 3ª Galega a vindeira temporada, como nos confirman dende a directiva. Estaremos atentos, en calquera caso, pero tamén podedes atopalos xa nas redes.

No feminino tamén haberá novidades, como a posta en marcha do proxecto da Esteirana, ou a intentona do Laxe.

Comentarios