Arrinca o Fútbol Feminino e o Fútbol Base da Costa
Chega por fin a primeira fin de semana de Fútbol da Costa. O Fútbol Feminino costeiro, e o fútbol base arrinca esta minitempada 2021 nesta segunda fin de semana de abril. Xa temos así, a plataforma www.futboldacosta.com a pleno rendemento, con 12 categorías actualizadas ao momento.
Asi, esta finde, ademais dos Fisterra no grupo pola Permanencia da 3ª División, os Sofán e Xallas da Preferente, e os Dumbría, Xallas e Bergan das Ligas Galegas, teremos en competición o FutFem e toda a base, agás os Xuvenís que ao formaren grupos de 4 equipos non comezarán ata a vindeira semana.
Así, na 2ª División Feminina teremos a novidade, o debut histórico do Cerqueda Feminino, ante o Xuv. Crendes en Xaviña. Tamén competirán Cee e Bergantiños, descansando esta semana as Miúdas.
Nos Cadetes, cun grupo único, hai 6 equipos en liza.
Mentres, en Infantís son 7, polo que descansa os Miúdos, e só haberá unha volta.
Tamén comeza o F8, con ata 10 equipos (de 6 clubs) en Alevíns.