As finais da #CopadaCosta de F8 celebraranse en Fontenla
09:12 10/06/16
Xa temos data e lugar para a fase final da Copa da Costa F8, para as categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín. O sábado 11 de xuño, o campo de Fontenla de Santa Comba recibirán aos peques da vila, celebrando de paso os 50 anos do club xalleiro.
En Alevíns, os 3 mellores do Norte (o Cabana campión, o Corme e o Coristanco), ademais dos 5 mellores da Liga Sur (o campión Outes, cos Sofán Afición, Xallas, Cee e Fisterra) enfrontaranse a partir das 11:00h.
Máis do mesmo nos Benxamíns, cos 3 mellores do Norte (Cabana campión, e Coristanco e Baio) e os 5 do Sur (o Cee campión, e os Dumbría, Outes, Fisterra e Xallas), arrincarán cos Cuartos ás 12:40h.
Menos equipos en Prebenxamíns, co Xallas campión, acompañado por Outes, Fisterra e Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).