sábado. 09.11.2024
El tiempo

As iniciativas de unir a canteira dos Concellos Malpica e Zas, Premio Abdoulaye ao Fútbol Base

As iniciativas de unir a canteira dos Concellos Malpica e Zas, Premio Abdoulaye ao Fútbol Base
Equipos municipais de Zas e Malpica Equipos municipais de Zas e Malpica

Seguimos ca conta atrás para a Gala do Fútbol da Costa - QPC que se celebra este venres 16 en Muxía. Unha cita para a que xa sabedes algúns dos que serán galardoados, e tamén os Nominados finalistas das votacións de máis de 120 persoas.

Hoxe baixamos ata a base para anunciar este trofeo que sempre entrega QPC recoñecendo o coidado da canteira. Xa ten levado este premio a familia dos Miúdos, o Cee emais o Outes. Un Premio que dende o ano pasado leva o nome do pequeno Abdoulaye, que será protagonista por partida doble na Gala.

Así, o Premio Especial Abdoulaye ao Fútbol Base é compartido entre o Concello de Zas e do Concello de Malpica, por esa iniciativa para salvar as categorías inferiores dos seus concellos. Sabemos o difícil que é para un club a día de xuntar cativos e manter varios equipos na canteira. E a aparición municipal para unificar categorías inferiores fomentando a unión entre os seus clubs, parécenos unha gran proposta.

. Por Zas, o Concello uníu os equipos de Club Deportivo Baio e Sporting Zas nas Escolas Deportivas Concello de Zas nas categorías Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín.

Pola súa parte, o Concello de Malpica repartiu as categorías Infantil, Alevín e Benxamín entre os Malpica, Buño e Cerqueda.

Responsables municipais virán recoller o premio.

 

Novas relacionadas

As Galas do Fútbol da Costa

Máis información

Fonte

Comentarios