As Ligas de F8 deixaron 5 grandes campións, pero xa pensan na #CopadaCosta deste sábado

12:04 09/05/18
Remataron as ligas regulares de F8, con 5 campións xa confirmados. Pero sen tempo a dixerilo, os peques xa afrontan este sábado 12 de maio en Camariñas a Copa da Costa F8.
Repasamos os campións liga a liga, e imos ver os horarios desta fase final.
Alevíns do Outes Campións de Liga
É o Outes o gran protagonista este ano das Ligas de F8. O cadro da Serra conseguía proclamarse campión nas dúas ligas máis competidas, a Alevín Sur e a Benxamín Sur.
En Alevíns, o Outes proclamábase campión con dúas xornadas de marxe, cedendo só unha derrota e un empate nas 30 xornadas de liga.
Facía o propio en Benxamíns, onde o Outes B quedou campión tamén por diante do Dumbría.
Benxamíns do Outes Campións da Liga Sur
Alevíns do Ponteceso campiíns de Liga Norte
Apenas 10 xornadas tiveron estas Ligas do Norte, que compaxinan coas LCFs de Fútbol Sala. En Alevíns, o campión foi o Ponteceso, por diante do Vimianzo.
Máis apretada estivo a cousa en Benxamíns, onde Cerqueda e Corcubión protagonizaron unha gran final a pasada semana en Xaviña. Foi o Corcubión o que levou o partido vencendo o campionato polo golaveraxe individual.
Benxamíns do Corcubión campións da Liga Norte
Prebenxamíns do Camariñas Campións da Liga
Non fallou o Camariñas na última xornada e se proclamou campión da Liga única de Prebenxamíns. Ata o último momento aguantou o nivel o Sofán, tamén invicto en toda a Liga e só con 4 goles recibidos en 11 partidos. Pero o cadro carballés cedeus dous empates por 1 só dos camariñáns.
En caso de empate, haberá directamente unha serie de 3 penaltis, salvo na final que serán 5.
Outes, campión por partida doble


As curtas Ligas Norte


Prebenxamíns

Copa da Costa
- Copa da Costa Alevín: Clasificados os 6 primeiros do Sur (Outes, Dumbría, Cee, Cabana, Esteirana e Os Miúdos A); e os dous primeiros do Norte (Ponteceso e Vimianzo).
- Copa da Costa Benxamín: Clasificados os 6 primeiros do Sur (Outes B, Dumbría, Fisterra, Xallas, Cee e Os Miúdos); e os dous primeiros do Norte (Corcubión e Cerqueda).
- Copa da Costa Prebenxamín: Clasificados os 4 primeiros: Camariñas, Sofán A, Xallas, Fisterra.

Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).