Asfacos convoca unha charla formativa para as Directivas do Fútbol da Costa sobre seguros, responsabilidades e riscos
11:00 06/03/26
Interesantísima a charla que organiza a Asociación dre Fútbol Afeccionado da Costa, ASFACOS, para este luns 9 de marzo. O Edificio Multiusos de Santa Comba acollerá, ás 20:00h, unha charla formaativa sobre as responsabilidades e riscos das directivas dos clubs de fútbol.
O presidente da SD Sofán, Ricardo Serrano, falará do seu eido profesional, os seguros, e o tamén carballés Marcos Gende, falará das obrigas legais como avogado que é.
Unha charla que completa as accións formativas vinculadas ao fútbol masculino e ao fútbol feminino que está organizando QPC, e que se continuarán cunhas que organizará QPC sobre a arbitraxe, e outra de Asfacos para profundizar no tema fiscal.


