Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro

Camarinas-Muxia feminino con Cabrejo e Congui
Imaxe do derbi entre Camariñas e Muxia, con Cabrejo e Congui. Foto: Campaña
Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro

Superouse a xornada de Defuntos con bastante eficiencia, e só 6 partidos (case ningún aos nosos equipos) adiados polo temporal. Apenas os partidos disputados no Concello da Coruña foron suspendidos pola decisión municipal de pechar as instalacións. A RFGF non emitiu ningunha obriga e foron os propios concellos os que decidiron permitir ou non o desenvolvendo dos partidos.

A nova máis destacada foi o comezo da Copa da Costa 2024, pero ademais houboxornada na Pref., 1ª Galicia e das 2ª e 3ª Galegas femininas, qeu repasamos:

Copa da Costa

11 do Malpica na Copa da Costa 2024
11 do Malpica na Copa da Costa 2024. Foto: Fede

4 partidos da previa da Copa da Costa, que deixan xa perfilados os Dezaseisavos de final que se disputarán o 6 de decembro.

En Pedra Queimada, o Muxía puido co Malpica, gracias aos tantos. Adiantáronse os muxiáns cun tanto de Fran Moreira, empatou o Malpica pero na segunda metade, os tantos de Fran Moreira, Gusa e Manu Nogueira, permitiron unha cómoda vitoria.
A peor nova, o susto de Ibra, o poderoso pichichi senegalés do Malpica, de apenas 19 anos, que sufríu un golpe nun choque fortuito e tivo que acodir ao Hospital. Esperan dende o club que non sexa grave.

En Fontenla, xa de noite, o Xallas sufriu para superar a un bo Corcubión. Pronto se adiantaron os xalleiros tras aproveitar Rubén Blanco un rebumbio na área rival. O Corcubión deu un paso adiante e Iago Lema estivo a piques de empatar nun par de ocasións, pero atopouse un gran Fabián. Na segunda, igualouse a contenda, cun Xallas intentando ocupar o campo contrario, e a falta de 15 minutos marcaría o segundo por medio de novo de Rubén Blanco a pase de Nando. Pero o cadro branquiazul reaccionaba e marcaba de contado, dende os 11 metros, deixando a incerteza no marcador ata o final.

Na Rocheira, o Camariñas conseguiu o pase ante un moi bo Coristanco. Adiantouse o cadro visitante por medio de Djbril, quen se non, no comezo da segunda, e marcaba o segundo Nazo a 5 do final, pero o tanto de Pazos para os locais deixou tamén o partido aberto ata o pitido final.

Máis claro estivo o pase do Cerqueda ante un Volantes, que non gaña nin a un equipo de 3ª. Aos 8 minutos o malpicáns xa vencía por 2-0. Tentou reaccionar o cadro muradán, pero un tanto de penalti antes do descanso deixaba o partido sentenciado, ata o 5-3 final.

Primeira e Pref.

Baio-Esteirana-Foto-Luis Gonzalez
Imaxe do Baio-Esteirana-Foto-Luis Gonzalez

A derrota do Sofán (leva 3 partidos sen gañar) deixa o equipo preto do descenso.

Na 1ª, un dos ollos estaba posto en Baio, onde o cadro local venceu o derbi ante a Esteirana. Un gol de Josiño e dous de Bieito daban unha vitoria necesaria para os de Félix, que levaban 6 xornadas sen facelo.

Bieito celebrando un gol do Baio ante a Esteirana-Foto-Luis Gonzalez
Bieito celebrando un gol dos seus goles ante a Esteirana-Foto-Luis Gonzalez

Tamén venceu o Dumbría en Calo. Rápido Miller adiantaba aos de Pablo Conde, e Dani Chao volvía marcar. O Calo recurtaba a 20 do final pero o equipo non sufría e Álex Sánchez sentenciaba.

A cara negativa a protagonizada polo San Lorenzo, que vivía o amargo sabor da derrota en Rianxo tras 4 vitorias seguidas. Así e todo, o empate entre os trasatlánticos Puebla e Negreira deixa aos carballeses a só 1 punto do liderato.

Tamén chegaba, en Tordoia, a segunda derrota do Fisterra.

FUTFEM

Camarinas-Muxia feminino
Imaxe do Camariñas-Muxía

Non disputou o seu choque o cadro das Miúdas en Pastoriza, pero si se desenvolveu o derbi entre Xallas e Cee da 2ª Galega. Os de Rupper venceron con dous tantos no ecuador do primeiro tempo de María Ria e a pichichi Olalla. Na segunda metade, o Cee foi decidido ao ataque, pero co vento a favor, as xalleiras foron capaces de aguantar as embestidas ceenses.

Na 3ª Galega, disputábase o primeiro derbi da historia en Camariñas e Muxía, nu partido cheo de goles no que as muxiáns demostraron por que están no máis alto da táboa. Sufriu o cadro de Congui, que se metía por diante cun tanto de Paula Rey. Remontaban as da Cabrejo moi pronto cos goles de Maira e Laura Pose, pero Andrea puña as táboas antes do descanso. Na segunda, Paula de novo, e Barca en dúas ocasións rompían o partido no primeiro terzo, poñendo o definitivo tanto a local Rocío.

11 do Corme CF Feminino
11 do Corme CF

Outro bonito derbi disputouse no Cairo. O Corme superou a un Cabana que mellora cada día, e que prantou cara ás xa veteranas da categoría. Cris e Natalia foron as autoras dos goles.
Con todo, durante o partido escoitáronse berros das afeccións que non deberían ter cabida nun campo de fútbol e dende os dous clubs lles piden a esa xente que vai “aos campos a insultar, vacilar, intimidar ou faltarlle o respecto a afición rival, ao arbitro, ou mesmo ás xogadoras, que queden na casa”.

O Cerqueda sumou un puntiño en Cerqueda nun choque sen goles. O flial do Bergan goleou ao Outes, o Ponteceso non pasou do empate ante o Noia B, mentres que o Corcubión venceu ao Fisterra gracias aos tantos de Alexandra Lojo e Daniela.

O Dumbría foi suspendido.

Máis novas

Comentarios