Así quedan os cadros das Copas da Costa 2023
- O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com.
O Salón de Actos do Concello de Fisterra acolleu esta mañá de sábado os sempre esperados sorteos da Copa da Costa 2023 masculina e feminina, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol. Foi a zaseira Mónica Martínez a encargada de levar a presentación do evento, lembrando históricos do fútbol costeiro, e facendo unha homenaxe, entre outros, a Leo Picallo, que vén de retirarse aos seus 46 anos, ou Marcelino, membro do club fisterrán que chegou a ser medalla de ouro das paraolímpiadas de Barcelona 92 coa Selección Española.
Falou tamén o presidente da RFGF, Rafael Louzán, que non se quixo perder o evento.
III Copa da Costa Feminina 2023
A Federación agradeceu a predisposición do Nicrariense para formar parte da Copa Feminina, que tamén conta, un ano máis co Bergantiños. Foi a capi do Bergantiños, o actual campión, a encargada de sacar as bolas.
LVIII Copa da Costa 2023
Foi o propio Leo xunto co ex presidente da SD Fisterra, “Veneno”, o encargado de sacar as bolas do cadro masculino.
Final na Fontenla
Pechou o acto a directiva da RFGF Silvia Cancela, que lembrou o seu orgullo do Fútbol da Costa, dando conta de que os actos desenvoltos no noso fútbol, como este sorteo, sexa unha envexa de todo o país. Agradeceu que o presidente Rafael Louzán se decatase da dimensión de ter un partido de afeccionados con 3.000 persoas na bancada.
Pechou agradecendo o labor das directivas, sobre todo na base.
Sinalou que a final da Copa volverá ser na Fontenla, unha vez que os clubs solicitaron saber de antemán o lugar, pero a única proposta non cumpría as necesidades que considera a RFGF.
Lembren que xa coñecemos os cadros da Copa da Costa de Infantís e Veteranos.