Baio e Soneira suman bos resultados na ida da promoción á 1ª

Bos resultados os colleitados por Baio e Soneira na ida das semifinais da Fase de Ascenso á 1ª FUTGAL. Dous goles de Gusa déronlle unha vantaxe estupenda aos de Josiño Abelenda ante o Riotorto, pero terán que viaxar a Lugo o domingo que vén para superar a primeira das eliminatorias que lle poderían dar un ascenso.
O cadro de Félix sacaba un bo empate na Cañoteira, deixando todo para o domingo que vén no Platas Reinoso. O seu partido da CopadaCosta ante o Castriz, o martes tamén en Baio (o Soneira foi eliminado precisamente ante o cadro xalleiro).
Soneira - Riotorto (2-0)
- Soneira: Pity, Maikol, Gusa, Héctor, Javi, Adrián, Oreiro, Pichi, Brais, Richi e Davi LP. Tamén: Dono, Iván, Fabri, Cachi, Bieito.
- Goles: 1-0, m.20: Gusa; 2-0, m.38: Gusa.

Partido que se decidiu a balón parado onde o Soneira o defendeu moi ben e soubo sacar proveito dos seus saques de corruncho con dous goles de Gusa. Dominio de balón do equipo soneirán que era quen de xerar varias ocasións de gol, sobre todo na primeira parte onde o equipo de Riotorto tuvo a súa nunha falta directa que Pity sacaba da mesma escuadra.
Xa na segunda parte o equipo visitante adiantou liñas e o Soneira puido sentenzar a eliminatoria a contra en varias chegadas sós contra o porteiro pero o marcador non se movería e iso que o equipo de Lugo tamén dispuxo dunha boa oportunidade nun tiro o longueiro. Todo aberto para volta pero os de Josiño Abelenda irán a por todas
Cacheiras - Baio (0-0)
- Baio: Rodri, Jose, Chechi, Mamadou, Norberto, Carreira, Damián, Manu Vila, Sergio Antelo, Rubén e MC. Tamén: Yago, Bruno, Josiño, Alex Muíño e Lucas.
Partido moi igualado ante un bo Cacheiras, no que as mellores ocasións foron un par de tiros ao longueiro de Sergio e Damián, pero así e todo, dende o club baiés consideran que foi un resultado xusto, e recoñecen que será dura a volta no Platas Reinoso.