Venres. 29.03.2024
El tiempo

Bendito Playoff

Imaxe do Ameixenda-Porteno do ano pasado da Promocion
Imaxe do Ameixenda-Porteño da Promoción do ano pasado
Bendito Playoff

A 3ª da Costa ata a tempada 2011 – 2012  faciase larga e aburrida para a gran maioria de equipos, convertindo o tramo final ligueiro en simples partidos amistosos. Pero en esa tempada instaurase a promoción de ascenso, os dous primeiros clasificados ascenden directos e do terceiro o sexto xogarse entre eles o último posto para acadar xogar na Liga da Costa. Como curiosidade ese primer ano subiron cinco equipos, por diversas modificacións nas outras ligas, facendo que só quedara un equipo fóra dos que xogaron a fase.

O feito de ter esa promoción amplía a competitividade dos equipos, buscando estar nesas posicións ou manterse en bo lugar para favorecerse do factor campo na fase de ascenso.

Das tempadas que leva en funcionamento ascenderon ganando a fase: un equipo que quedara en 6ª posición da liga regular; outro no 4º posto, tres equipos que acabaron no 3º lugar e un no 2ª posto tamén por unha modificación ligueira que permitiu só dous ascenso.

Gracias a esto, fai  que este ano volva estar a liga moi entretida. A falta de 5 xornadas, Coristanco, Cabana e Castriz teñen asegurada a fase de ascenso pero pelearan para non ter que xogala buscando quedar entre os dous primeiros.
Outro gran perseguidor é o Porteño, que se fai un final perfecto o Cabana e Castriz teñen algún tropezo podería incluso entrar en ascenso directo.
Loitando por manterse en zona de privilexio están Outes e Camariñas, pero Castrelo, Nanton e inclusive Laxe pelexaran por entrar no <play off>. 

O valor de estar tantos equipos pelexando por obxetivos, é que hai moito enfrontamento directo que fará as delicias e sufrimento do espectador nas bancadas.

Comentarios