Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Bergan 2021/2022 botou a andar

Bergantinos 21-22
O Bergan 2021/2022 botou a andar

Tras un verán de confirmacións, renovacións e fichaxes, este histórico Bergan de 2ª RFEF botou a andar este xoves. Fíxoo cunha presentación e un pequeno adestramento nas Eiroas, ás ordes de Lemos, que continúa comandando o barco vermellón.

O equipo ten un futuro esperanzador, gracias á renovación de xogadores claves como Yelco, Marcos Remeseiro, Antón Concheiro, Pablo Agullón, os metas Santi Canedo e Brais Pereiro ou Martín Lamelas; e á novidades como o mítico dianteiro Uxío da Pena, Brais Martínez, Blas Alonso, Alejandro Boedo, Carlos López, Iago Parga, Antón Escobar, Aarón Rama, ou o central navarro Iker Berruezo, o último en chegar. Moitos deles con experiencia en 2ªB.

Na presentación falaron Chano Calvo, o concelleiro de Deportes Marcos Trigo, o míster José Luis Lemos e o xogador Aarón Rama.

Equipo tecnico do Bergantinos 21-22Bergan presentacon 2021

Comentarios