Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Bergan e Cee xogarán a final da CopadaCosta #FUTFEM

Cee-Dumbria semis CopadaCosta 20 3
Imaxe do Cee-Dumbria no San Paio de Refoxos-Foto: Vet. Dumbría
Bergan e Cee xogarán a final da CopadaCosta #FUTFEM

O Bergan demostrou a súa superioridade e venceu ao mellor equipo da temporada do fútbol costeiro con rotundidade. As de Gueli volven partir como favoritas para repetir título, e enfrontaranse ao Cee. O cadro azulón eliminou ao Dumbría nunha fermosa e igualada eliminatoria que pon o punto e final a unha primeira temporada moi cruel do cadro dumbriés.

Bergantiños - Xallas (4-0)

Bergantinos FC 2023
O poderoso Bergantiños parte como favorito
  • Bergantiños: Ainhoa, Lara, Laura Rivas, Blanca, Sarai, Laura Caamaño, Carla, Laura Muñiz, Paula, Cruz e Gabriela. Tamén: Valeria, Alba, Sara, Alejandra e Eva.
  • Xallas: Rosio; Laura, Rita, Ali, Luchy; Claudia Espasandín, María, Andrea Barbeira; Barcia, Claudia Facal e Valeria. Tamén xogaron: Inés, Maite, Paula Gándara, Rhany Gabrieli e Leticia.
  • Goles: 1-0, m.1: Gabriela; 2-0, m.30: Gabriela; 3-0, m.31: Lara López; 4-0, m.60: Gabriela.

Partido disputado na Eiroas onde o Xallas xa sabía de antemán a dificultade da eliminatoria tralo choque da ida. Aínda así tratou de dar a cara neste partido de volta onde era toda unha utopía a remontada, pero as de Rupper demostraron poder competir con todo un Bergantiños, que este ano estivo a piques de saltar unha nova categoría e que se supón o equipo gran favorito.

Rupper chegaba con baixas tan importantes como Saskia, Carla, Andrea Otero, Olalla ou Yasmina, dando paso á infantís como Valeria, que debutaban, e se atoparon cunhas vermellas letais nas súas chegadas. Nada máis comezar Gabriela marcaba para as visitantes, pero as verdes non decaían. Aguantaron media hora, pero en dous minutos, dúas chegadas illadas abrían fenda no marcador.

Cee - Dumbría (2-1)

Cee-Dumbria semis CopadaCosta 20 2
Foto: Vet. Dumbría
  • Cee: Noemí, Lucía Caamaño, Lucía Facal, Alba, Andrea, Nerea, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía Martínez. Tamén; Laura, Sabela, Sabela, Antía e Nayara.
  • Dumbría: Naira, Noa, Paula Carril, Mrtina, María Rod., María das Carisas, Paula Fandiño, Yolanda, Sabela Claudia e Juliette. Tamén: Lissette, Sara e Lucía.
  • Goles: 0-1, m.25: Juliette; 1-1, m.33: Lucía Martínez; 2-1, m.88: Nerea de penalti.
Cee-Dumbria semis CopadaCosta 2023 1
Foto: Vet. Dumbría.

Igualadísima eliminatoria a vivida entre estes igualados equipos que miran o futuro en diferentes categorias tralo inxusto descenso dumbriés. Con moitas baixas chegaba o cadro de Fran Figueroa, que á media hora perdía a unha das súas puntais, como María das Carisas, que tiña que entrar a traballar. Ata ese momento, e tras uns primeiros compases co Cee máis cómodo, o equipo dumbriés estaba algo máis dominador, con presencia en área contraria, ante un Cee que quería deixar correr os minutos tralo 0-1 da ida.

Á media hora, cando mellor estaban as locais, Lucía Martínez aproveitaba un regalo da zaga dumbriesa que non corta un pase en longo da zaga, deixando soa diante da porteira. Lucía regatea e marca a pracer. Bos minutos aí do Cee ata o descanso, cunha boa ocasión de Andrea para ampliar a renda.

Arrincaba a segunda e pouco a pouco as visitantes foron apretando, ante un Cee que estivo moi firme, moi seguras atrás. Varias faltas no borde da área eran ben atalladas por unha segurísima Noemí. Xa co equipo local envorcado, un tiro dende fóra da área das ceenses petaba no cóbado dunha defensa local e Nerea convertía o penalti facendo a sentenza.

Paula Fandino Dumbria Feminio
A cara de Paula Fandiño define o partido-Foto: Vet. Dumbría

Máis info

NOVAS DO FUTFEM

Comentarios