luns. 29.12.2025
El tiempo

Cabana e Zas pasan rolda de Copa

Sp Zas no Cubaleiro-Foto-Noe
O Sp. Zas pasou de rolda no Cubaleiro-Foto-Noe Touriñán
Cabana e Zas pasan rolda de Copa

Nesta xornada dominical de Nadal, marcada polo Torneo Solidario dos Combinados da Costa-QPC disputáronse tamén dous partidos da eliminatoria Previa da Copa da Costa 2026. Zas e Cabana superaron a Corcubión e Nantón.

No Novo Cubaleiro, o Zas necesitou dos penaltis para superar ao Corcubión. Os visitantes se adiantaban ao final da primeira metade co tanto de Redondo. Tras varias chegadas nas dúas áreas, se cadra algunha máis na do Zas, César Lojo (que non puido estar como Iago Lema no Combinado do 11 Ideal, como tampouco o propio Rubén Forján coa 11 da Década), recurtaba para os de Ángel Ventanas e Isidro ao comezo da segunda. Aínda reaccionou o Zas e Salah colocaba de novo aos de Forján e Pereiro por diante. A 5 do final, o mesmo César Lojo empataba o partido e xa na quenda de penaltis, Luñí Lojo fallaba o 7º penalti, pero Ronny metía ao Zas na seguinte rolda, que disputará ante o Seaia..

Mentres, nas Fontiñas, o Cabana puido deixar o derbi sentenciado na primeira parte ante un voluntarioso Nantón, cos tantos de Pablo Pose, que está en estado de gracia, e Brais Fontenla, permitindo así a Migueliño achegarse á final do Torneo Solidario para participar co 11 Ideal dirixido por Pablo Conde. Aarón completaba o 0-3, e o Cabana visitará ao Coristanco na rolda de Dezaseisavos.

Comentarios