Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un Campus Feminino de Tecnificación e un Deporcampus masculino nas Escolas Luís Calvo

Presentación Depor Campus
Pablo Barros (RC Deportivo), Jesús Capelán (Bergantiños) e Fran (RC Deportivo) na presentación do Deporcampus
Un Campus Feminino de Tecnificación e un Deporcampus masculino nas Escolas Luís Calvo

Trala presentación da Escola de Tecnificación de Cee, as Escolas Luís Calvo Sanz e o Deportivo de La Coruña, continúan tecendo lazos. Desta volta presentan dous novos proxectos.

Por un lado, a terceira edición da súa Campus de Tecnificación Feminino que terá lugar entre o 29 de marzo e o 1 de abril no Campo Municipal das Eiroas.
E por outro, o Depor Campus que tamén se desenvolverá entre os días 29 e 31 de marzo.

Campus Feminino e Deporcampus en Carballo

Campus de tecnificación Feminino

O III Campus de Tecnificación Feminino desenvolverase entre o 29 de marzo e o 1 de abril e está dirixido a nenas de entre 6 e 16 anos de idade. A actividade, que se levará a cabo de 10:00 a 14:00, contará con adestradores titulados e ademais as participantes poderán contar coa visita de varias deportistas de alto nivel, así como a entrega de premios farana futbolistas e adestradoras referentes. A actividade, dirixida pola adestradora e preparadora física Isabel Vázquez, dispoñerá ademais de preparadores de porteiras para realizar así un traballo personalizado centrado en mellóraa individual das xogadoras.

O prazo de inscripción xa está aberto e todas as interesadas poden informarse e rexistrarse a través dos correos electrónicos [email protected], [email protected] , ou nos teléfonos 671 266 105 e 981 703 555 (a partir das 18:00). Para as xogadoras da propia estrutura, así como provenientes de clubs conveniados poderán gozar dun desconto no prezo da actividade.

Depor Campus

Ademais, este ano, e enmarcado no convenio de colaboración, o Campo Municipal das Eiroas acollerá o Depor Campus. Un campus mixto de xogadores e porteiros que se celebrará entre os días 29 e 31 de marzo.
O prazo de inscripción está aberto e os interesados e interesadas poden informarse e rexistrarse na web deporcampus.rcdeportivo.es. Os xogadores pertencentes a clubs conveniados poderán ademais gozar dun desconto, para iso terán que achegar na inscripción unha foto tamaño carnet ou o DNI do neno/a.

Novas relacionadas

Comentarios