Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Deportivo e o Bergantiños afianzan os seus tentáculos en Cee

Presentacion do convenio entre Depor Cee e Bergan
Presentacion do convenio entre Depor Cee e Bergan
O Deportivo e o Bergantiños afianzan os seus tentáculos en Cee

Continúan fortalecendo o seu traballo de canteira tanto o RC Deportivo como as Escolas Luís Calvo do Bergantiños FC. E fano fortalecendo os seus vínculos co SRD UC Cee, fomentando a creación dunha nova escola de tecnificación e aumentando así a visibilidade das perlas da comarca de Fisterra.

Así o debullaron esta pasada tarde de martes nunha rolda de prensa celebrada en Cee Jesús Capelán (Responsable de fútbol basee Bergantiños FC), Pablo Barros (Coordinador Actividades Formativas Fundación RC Deportivo), Fran González (Director Futbol Base RC Deportivo) e Ramón Iglesias (presidente da SRD UC Cee), así como Margarita Lamela, alcaldesa de Cee.

"Para nós é un orgullo ser parte da historia do Depor", sinalou o presi do Cee.

Escola de Tecnificación

A gran a posta é a escola de tecnificación, formulada para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos de toda a comarca. Unha escola cunha visión “social e educativa”, ademais de deportiva, como recoñeceron os profesionais, que se fixará nas necesidades persoais de cada rapaz/a. Unha escola máis enfocada á experiencia vivencial e de fomento do amor ás cores, que de captación.

Esta escola de tecnificación, que se poñerá en marcha en Cee, abrirá o prazo de inscripción esta mesma semana e ten previsto empezar a súa actividade o próximo 8 de abril.
Dita actividade levarase a cabo todas as tardes dos luns no Campo Municipal de San Paio de Refoxos todos os luns (en dúas quendas de 17:30 a 18:30h e de 18:30h a 19:30h), e todos os xogadores e xogadoras conveniados poderán gozar dun desconto especial.
A idea é que un día á rapaza vaia a Abegondo nunha xornada de convivencia, para coñecer mesmo ao primeiro equipo.

Poster_Escola_CEE_RCD copia

Comentarios