O Cee volve á Liga da Costa
Tan só un ano despois do descenso, o UC Cee volve á Liga da Costa. O cadro de Rafa Suárez durou apenas un ano na última categoría do fútbol federado (a primeira vez na súa historia), e vén de completar unha gran campaña, na que demostrou merecer estar na 2ª FUTGAL.
Baseado en xogadores da casa, cun plantel moi novo e apenas un par de veteranos como Munitis, e cunha directiva renovada, os de Rafa conseguiron superar as dúas eliminatorias da fase de ascenso con solvencia, demostrando a superioridade que amosaron durante a Liga, só superados polos rodillos de Oza e Coristanco.
En Semis superaron ao Cerqueda, e nesta final, tralo 1-3 da ida no Pinguel, o Cee bateu ao Sporting Seaia e volve ser equipo da Liga da Costa.
Cee - Seaia (2-0)
- Cee: Jorge, Munitis, Diouck, Fontaíña, Jose, Carlos, Keko, Marcos, Xián, Pablo, Anxo. Tamén: Manu, César, Jonathan, Róber, Martín, Sergio e Regueiro.
- Seaia: Isaac, David, Alex Mato, Belar, Borja, Erik, Noel, Diego, Edu, Manu Castro e Juni. Tamén: Anxo, Brais, Adrián Pazos, Pablo Caamaño, Alex, Nico e Todosantos.
- Goles: 1-0, m.24: Xián; 2-0, m.80: Regueiro.
Un gol de Xián no ecuador da primeira metade enderezou o camiño do Cee que xa viña cunha boa vantaxe da ida. Coa calor reinante o partido foi calmándose, Só contra o final Regueiro sentenciaba o choque e xa comezaba a celebrar a parroquia ceense o ascenso.

