Venres. 03.05.2024
El tiempo

Cee vs Outes: duelo xeracional

Cee vs Outes: duelo xeracional
Union Club Cee e Outes FC protagonizan unha gran final infantil Union Club Cee e Outes FC protagonizan unha gran final infantil

Levan xa varios anos competindo a outro nivel. Dous equipos que se compenetran de marabilla e que se permiten medrar mutuamente. Dous equipos que levan arrasando dende hai anos nas ligas costeiras, e que ben merecen unha Fase de Ascenso. Cee e Outes xóganse esta fin de semana o título de Infantís a un só partido, mantendo vivo este histórico duelo xeracional.

Unha final que se dispitará no San Paio de Refoxos o sábado ás 18:00h, e que seguro que atrae a ducias de afeccionados ao fútbol base. Despois dunha liga que resultou máis competida do que parece (equipos como Esteirana, Cabana, Xallas, Sofán… meteron en apuros aos dous protagonistas da recta final), Cee e Outes chegan moi parellos, a xogarse a finalísima na última xornada, con 3 puntos de vantaxe para os ceenses, pero unha vez que o Outes vencía na ida por 3-1 no Cunchido, a vitoria valeríalle aos da Serra para alzarse co título. Aos locais, un empate lles serviría para levantar a copa de campión e ir á fase de Ascenso.

Precisamente todos lembran que só haberá un equipo costeiro na Fase de Ascenso, algo a todas luces inxusto e que xa foi corrixido no resto de categorías. Sou dous grupos de nenos cheos de ilusión que dende logo se merecían unha fase de ascenso.

Dende Alevíns

Os dous equipos, como dicimos, son a mesma xeración que protagonizaron hai dous anos unha fermosa loita en Alevíns. Unha batalla que daquela vencera o Cee, que só perdera un partido, por unha derrota e un empate do Outes.

Aqueles ceeses serán lembrados por ser o equipo costeiro que máis lonxe chegou nos campionatos galegos, proclamándose 4º de Galicia na categoría Alevín.

En todo caso, Nando xa dixera ao remate daquela temporada 14/15, “Os dous somos campións”.

Este ano, os dous equipos xa son campións, pero lamentablemente só un alzará a copa de capión e pasará á Fase de Ascenso.

O Cee, un conxunto

Ás ordes desta xeración, deste gran grupo, atopamos a Nando, adestrador ceés que xa recolleu un dos premios da Gala do Fútbol da Costa polo seu traballo ca canteira. Xunto co muxián Suso, mestre no Manuela Rial, de segundo, non deixar de alabar a un Outes que lle permite competir e medrar ao seu equipo. Non quere deixar de agradecer o compromiso da directiva e do grupo de pais, que lle permite ter 20 rapaces adestrando cada semana e, sobre todo, mellorando o comportamento e as notas.

Como líderes chega este Cee de Nando, con 213 goles, e iso que Íker, o seu goleador, foi para o Luís Calvo cando levaba 40 goles en 8 partidos. Os puntos fortes son “o grupo, o equipo, o compañerismo e a intensidade”, pero destaca por ter 8 ou 9 rapaces aos que se lle queda pequena a categoría. Falamos de nomes como Álex Castro, o capitán xa foi adestrar co Dépor; o central Brais parece un cadete de División de Honor; Dani Chao, Anxo, Xabi, Leo, Iago… teñen unha intensidade tremenda, case de Preferente.

A lista completa de xogadores do plantel é a seguinte:
- Porteiros: Juan Carlos Beiro Ézara e Pablo Oreiro Lagoa;
- Defensas: Iago Trillo, Santi Vázquez, Brais Conde, Juan Oreiro, Alex Sánchez, Isaac Vilar;
- Medios: Leo J. Coo, Dani González Chao, Pablo Rey, Anxo Pose, Alex Castro, Rubén Caamaño, Juanma Conde, Adrián Torices;
- Dianteiros: Adrián Villar, Xabi García Lema, Julio Regueiro e Diego Gómez.

Un gran Outes

A plantilla do Outes conta tamén con 23 xogadores dun nivel moi similar, polo que ao míster Carlos sempre lle dá pena ter que deixar cada fin de semana 7 xogadores fóra da convocatoria. Pena, maior si cabe porque a media de asistencia os adestramentos e de 19-20 nenos. Iso que algo tamén están facendo ben pola Serra.

O Outes pasa por ter un gran bloque e só recibiu 21 goles en 29 partidos.

Este é o plantel:
- Porteiros: Ángel Formoso, Pablo Romero e Pablo Isorna;
- Defensas: Marta Noya, Daniel Campos, Manuel Insua, Diego Martínez, Pelayo Martínez, David Pedrosa, Hugo García e Xavi Sendón;
- Medios: Álvaro Sanchiño, Ismael Senra, Pablo Tuñas, Marcos Gosende, David Mariño, Sergio Martínez e Óscar Calo;
- Dianteiros: Óscar Siso, Fabio García, Nicolás Lago, Carlos Lado e Pablo Blanco.

 

Outes, campión Benxamín

Os rapaces benxamíns do Outes celebraron o título por todo o alto

Segue a demostrar o Outes que é unha das potencias máis claras en canto a fútbol base se refire. Veñen de proclamarse esta pasada fin de semana campións da Liga Benxamín Sur, con dúas xornadas de marxe, e sen coñecer a derrota polo de agora.

Ademais, en Alevíns manteñen unha loita fermosísima co Xallas A, que ten 2 puntos de vantaxe sobre os da Serra a falta de 2 xornadas.

 

Novas relacionadas

Máis novas de base

Comentarios