Venres. 03.05.2024
El tiempo

Chega a gran xornada de convivencia da SD Sofán

Chega a gran xornada de convivencia da SD Sofán

Ata a Liga de Fútbol Profesional estará esta fin de semana por Bergantiños. E non para menos porque o Torneo que arma a SD Sofán é de primeiro nivel. Tralo rotundo éxito do ano pasado a directiva, e toda a base social do club carballés, volven preparar o Torneo Fútbol Base SD Sofán 2016, este ano máis grande. Este sábado 28 e domingo 29 serán dous diías cheos do mellor fútbol base onde Alevíns, Benjamines, Pre-Benxamins e Biberóns disfrutaran dunha gran xornada de convivencia.

13 equipos competirán ante centos de pais e nais que ateigarán o campo do Carral. Sofán, Luis Calvo, Paiosaco, Ordes, Laracha, O Burgo, Atlético Coruña, Xuventude Oroso, Calasanz, Oroso, Arteixo, Tordoia, Bertamiráns e todo un CD Lugo serán os participantes.

Cativos da SD Sofan

Horarios

O sábado será tempo dos alevíns e benxamín, de 9:00h ata as 20:30h, con xantar e todo no campo. Porá o broche un grande do fútbol nacional como Javier Manjarín, casado en Sofán, e un máis no club.

O domingo será o turno dos máis peques, Prebenxamíns e Biberón, empezando ás 10:00h e rematando ás 14:30 coa entrega de premios.

Horarios Torneo SD Sofan 2016-Alevin Horarios Torneo SD Sofan 2016 Benxamin Horarios Torneo SD Sofan 2016-Prebenxamin Horarios Torneo SD Sofan 2016-Biberon

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios