Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Conco e San Andrés acollerán as 4 finais da Copa da Costa esta fin de semana

O Conco e San Andrés acollerán as 4 finais da Copa da Costa esta fin de semana

O Conco e San Andrés acollerán as 4 finais da Copa da Costa esta fin de semana

Esta fin de semana de 22 e 23 de xuño será unha fin de semana especial para o Fútbol da Costa.

O sábado toca doble final en San Andrés (Zas). Pola mañá, ás 11:30h, Os Miúdos e Xallas serán os finalistas da Copa da Costa Infantil. Pola tarde, a partir das 18:30h, Outes e Corme veránse as caras na final da Copa da Costa Xuvenil.

A RFGF desprazará todo o “petate” o domingo ao Conco (Dumbría), onde pola malñá se celebrará a primeira final da historia da Copa da Costa Feminina. Os dous equipos da bisbarra, Bergantiños e As Miúdas, por fin veranse as caras esta tempada, máis alá de no papel dos cromos.

Xa pola tarde, a partir das 17:30h, Esteirana e Cabana veranse as caras na gran final da Copa da Costa 2019.

Carrusel

Como non podía ser doutro xeito, dende QPC faremos un completo carrusel en directo, actualizando os resultados das finais do sábado e domingo pola mañá nada máis rematar en www.copadacosta.com e no Facebook “Fútbol da Costa”, dende onde faremos un completo seguemento en directo na tarde dominical. Tamén no Twitter @quepasanacosta faremos carrusel.

Máis información

Todas as novas Copa da Costa

Os xa campións da Copa da Costa

Comentarios